Menos
supositorios.
A
Sra. Oia leva anos có mesmo médico de cabeceira, sempre có mesmo
diagnóstico: básicamente está ben, cón achaques propios da idade,
polo cal é necesario que tome unha medicación baseada en
supositorios de glicerina para tomar por vía.... pero esa medicación
ten máis efecto placebo que efectos reais na saúde da Sra. Oia. Un
día a nosa protagonista visita a uns fillos que residen nunha
coñecida cidade, por petición dos fillos acude a un centro médico
para facer unha revisión do seu estado de saúde, con diversas
probas e analíticas.
Días
despois, os diferentes profesionais médicos emiten os seus informes
sobre a saúde da Sra. Oia; pero os seus fillos fican máis
preocupados, pois estes non coinciden cós continuos diagnósticos do
médico de cabeceira:
1º) Se a estructura osea é un elemento fundamental para un bó estado de saúde dunha persoa; algo similar acontece coa estructura demográfica (poboación) para un Concello. No informe médico, destacase que a Sra. Oia ten un importante problema de osteoporosis, nestes últimos 27 anos leva pérdido algo máis dun 5,5% da poboación. As súas veciñas non teñen este problema de osteoporosis, pois todas tiñen gañado poboación.
2º)
Todos necesitamos o aire para vivir, e a capacidade respiratoria
influe directamente na nosa actividade normal. Pois para un Concello,
esa capacidade respiratoria sería a capacidade que ten de obter
ingresos económicos.
Así
a nosa querida Sra. Oia, nos últimos 5 anos a súa
capacidade respiratoria (capacidade de obter ingresos
municipais) reducíuse
nun 28%. De seguir por este camiño, en poucos anos, a
Sra. Oia vai necesitar axudas técnicas para respirar. Os
profesionaís médicos resaltaron moito este problema, pois aconteceu
dun xeito moi intenso i en pouco tempo.
3º)
A Sra. Oia ten un grave problema de anemia (carencia de globulos
vermellos), polo cal a súa sangre non transporta as cantidades de
osíxeno e nutrintes que o corpo necesita para a súa actividade
normal. Pero este problema agravase có anteriormente descrito. A
capacidade da Sra. Oia para xenerar inversións para os seus veciños,
nestes últimos 5 anos caíu nun 66%; para facernos unha idea
do estado de anemia que padece, diremos que desapareceron 2 de cada 3
globulos vermellos (desapareceron
2 de cada 3€ das inversións).
4º)
Parte do anterior é consecuencia directa dun gran aumento do nivel
de colesterol arterial (gastos en bens e servicios municipais). Os
gastos en bens e servicios son os diñeiros adicados ós custes do
funcionamento ordinario e normal do Concello, o cal subiron
nestes ultimos 5 anos nun +43%. Resulta ben craro, que
non hai control dos gastos (dieta alimentaria sen control).
A nosa Sra. Oia e os seus fillos escoitaban tódolos datos con atención; o doutor debuxa un panorama que era totalmente oposto ó médico de cabeceira. Finalmente o doutor deixou a un lado os papeis, gráficas,... deixou de falar de termos médicos, científicos, para expresarse nun xeito máis familiar e accesible ó público.
Querida
Sra. Oia e familiares; para todo concello é moi importante o número
de habitantes que ten, pois é un elemento fundamental do mesmo, xa
que non existen os concellos que non teñen habitantes. Nestes 27
anos, as súas veciñas gañaron habitantes, pero vostede perdeu
residentes, ademais está chegando a un punto perigoso, perde-lo
nivel dos 3.000 habitantes, o cal lle traería menos ingresos da
Administración Central e da Xunta.
Todo
Concello para funcionar necesita ter uns ingresos, e vostede Sra. Oia
nos últimos 5 anos leva pérdido un 28% dos mesmos, situación que
pode ir a pior se perde os 3.000 habitantes. Perder ingresos
é malo, ante esta situación faíse necesario poñer a dieta os
gastos, controlalos e reducilos; pero vostede Sra. Oia fixo todo o
contrario, deixou que os gastos medraran un 43%,... Para
equilibra-las contas, optou por reduci-las inversións para os seus
veciños, minguandoas nun 66%.
Esta
situación ó noso entender é un camiño errado; pois os veciños ó
non receber servicios da Sra. Oia irán fixando a residencia legal
nos concellos veciños, onde pagan impostos algo máis altos, pero
receben servicios. Có cal, a poboación de Oia irá reducíndose, e
con menos habitantes vai haber menos ingresos, pero os gastos son os
mesmos, e volta a reducir inversións,... está vostede Sra. Oia
dentro dun círculo vicioso.
A
súa situación municipal non é fácil; existe un risco potencial
(hoxe moderado, pero que está crecendo) dunha potencial disgregación
centrifuga de certas zonas xeográficas, para integrarse en concellos
veciños, cós cales manteñen relacións diarias máis fluidas. Ante
estes resultados, querida Sra. Oia vostede pode facer dúas cousas:
A)
Afronta-los problemas con realismo e buscar solucións para
resolvelos.
B)
Seguir tomando os supositorios, tapando os ollos ante os problemas.
En
ciencias e na vida normal, non é moi coñcecida a “Lei de
Edwards”: o esforzo para resolver un problema é inversamente
proporcional ó tempo dispoñible; pero sempre é un valor constante
(Esforzo x Tempo = Constante).
Cando
dispomos de moito tempo para facer algo, iso require pouco esforzo;
pero por unha debilidade da condición humán, preferimos deixar que
transcorra o tempo sen facer nada. Cando o factor tempo aproximase a
cero, o esforzo requerido crece dun xeito exponencial, ata ter valor
infinito.
Finalmente,
queremos Sra. Oia lembrarlle o 5º axioma de Ley de Murphy:
“cando un problema
é deixado ó libre transcorrir do tempo sen facer nada; normalmente
vai de mal a pior”.
Mirador do Monte
Ancos, a 28 de
Febreiro do
2.015.
Vicente
Nario Nuevo.
Profesor de Estadística, de la Universidad de Villarrubia de los
Ojos (Ciudad Real, Castilla-La Mancha; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario