¡Ánimo
amigo!.
Ibán
Uriarte Rivero, é un avogado presidente de Urirate e Asociados; por
diversas cuestións profesionais, xa fai uns poucos anos que o
coñecemos. Dende fai un tempo está inmerso nunha loita legal contra
dous grandes “monstruos”: a Administración Municipal e a Banca.
Ibán
Uriarte Rivero ten unha vivenda, a cal está hipotecada e
puntualmente cada mes paga a mensualidade do crédito que ten
contratado có banco. Ata aquí o normal, igual que milleiros de
cidadáns. Pero Ibán Uriarte Rivero decidíu demandar ó
Concello de Las Palmas de Gran Canaria polo cobro do IBI (Imposto de
Bens Inmobles) pola vivenda que ten hipotecada e solicitar a
devolución con carácter retroactivo que xa leva pagado.
Alega para isto, que legalmente a vivenda ainda no é da súa
propiedade, legalmente ainda é da entidade bancaria e polo tanto o
imposto do IBI debería ser pagado por esa entidade bancaria.
Legalmente,
mentras paga o crédito hipotecario, Ibán Uriarte Rivero non é
propietario da vivenda, ata que finalice o pago da totalidade do
mesmo; polo cal debería ser a entidade bancaria a pagadora;
e o Concello de Las Palmas de Gran Canaria debería xirarlle a
correspondente liquidación de impostos a esa entidade bancaria.
Ibán
Uriarte Rivero non é un anarquista, nin é un anti-sistema,...
durante moi anos foi militante do PP de Gran Canaria, conselleiro no
Cabildo de Gran Canaria,... pero como moitos cidadáns
normais “está asqueado” do mundo que rodea ós grandes partidos
xa establecidos; do baixo nivel dos seus políticos, preocupados en
acata-las ordes dos de arriba, que viven alleos á realidade dos seus
concidadáns.
Tanto
Ibán Uriarte Rivero, como nós, temos as nosas dúbidas sobre este
imposto, o IBI; grava a vivenda de cada cidadán, pero o Concello non
ofrece a cambio ningún servicio. Polo que nós sabemos o
imposto do IBI soamente existe en España i en Bulgaria.
¿Por qué o temos que pagar?, xa pagamos a licencia de obra, o IVA
pola adquisición da vivenda,...
Preguntamos
o seguinte, cando unha familia é obrigada pola Policía a
abandona-la súa vivenda por impago da hipoteca, por petición
xudicial do Banco; comunica a entidade bancaría ó Concello que lle
xire o imposto do IBI como propietaria, actúa de oficio a
Administración Municipal,... ¿¿??
Hai
que saber que o IBI é a “columna vertebral” dos impostos
municipais dos nosos Concellos; sobre un 60% dos ingresos por
impostos municipais veñen polo IBI. Polo tanto o tema non é
menor, nin carente de importancia. En
España, os concellos veñen ingresando polo IBI uns 9.000 millóns
de € por ano.
Aló
polo ano 2.012; o Sr. Montoro (Ministro de Facenda), aprobou unha
modificación na Lei de Facendas Locais, para bonifica-lo IBI dun
xeito arbitrario ata un 95% da cuota. Claro, había que facer un
guiño atractivo ó proxecto das “Eurovega”, que ó final ficou
en nada; isto é abrir unha porta á corrupción. Fai dous ou tres
anos, o PP opuxóse a que as confesións relixiosas (sobre todo a
Igrexa Católica) pagase o IBI polos bens que no están relacionados
có culto relixioso.
¡¡¡Transforma
a túa familia nunha agrupación relixiosa e así non pagas
impostos!!!
Mirador do Monte Ancos, a 19 de Febreiro do 2.015.
Johannes
Kuhn Pfeiffer
(“Juan Concejal Gaitero”).
Profesor de Hacienda Pública de la Universidad de Kagarsee
(Rheinsberg, Brandemburgo; Alemania).
No hay comentarios:
Publicar un comentario