Pares
escorantes.
Das
clases de física, na época de bachilleres todos aprendimos o que
era o “centro de gravidade” de calquera corpo. Este concepto ten
aplicacións prácticas en diferentes ramas da ciencia, ou da
enxeñería. Na enxeñería naval, nas condicións de estabilidade
transversal de un buque, estudianse duas posición relativas, a do
centro de gravidade, e a do metacentro (punto onde se exerce a
flotabilidade en función da escora transversal); en funcións desas
posicións relativas teremos tres situacións básicas:
A)
Estabilidade:
coa escora do buque, o metacentro está por riba na vertical da
situación do centro de gravidade, nestes caso hai pares adrizantes.
B)
Estabilidade indiferente:
coa escora, fai que metacentro e centro de gravidade coincidan no
mesmo lugar, non hai pares adrizantes. É o caso dun balón frotando
na auga, o seu equilibrio é indiferente, por iso ó situarlle un
peso en riba, xira para desfacerse do mesmo e voltar a recupera-lo
equilibrio indiferente.
C)
Estabilidade negativa:
cunha escora tal, que o centro de gravidade astá por riba na
vertical do metacentro; non hai pares adrizantes,.. o buque sigue
aunmentando o ángulo de escora ata volcar.
Por
isto, nos buques sempre hai que buscar mante-lo centro de gravidade
no punto máis baixo posible; para elo sitúanse os pesos nos lugares
máis baixos: salas de máquinas, tanques de combustibles, cargas
máis pesadas, tanques de lastres,...
¿A
que ven todo isto?. Pois que na
vida municipal, tamén hai un “centro de gravidade” que son os
funcionarios (municipais e de habiliatación nacional) e forzas
escorantes: a loita dos partidos políticos da oposición e goberno;
pois uns tentan escora-lo barco na súa dirección, e outras na
contraria. A Lei 30/1.992 de Procedemento Administrativo, no seu
artigo 3º.1 sinala o “Principio de
boa fe” de actuación das partes;
pero a experiencia na administración municipal demostra que este
principio non se cumpre.
Por
exemplo, cando un grupo político de xeito sistemático e reiterado
presenta mocións fóra de prazo, usando e abusando da figura da
“moción de vía de urxencia”. Cando ollamos que o tema de fondo
non hai urxencia, e o realmento buscado é un efecto sorpresa para
lograr un certo protagonismo teatreiro no Pleno. Aquí estase a
incumplir có “Principio de boa
fe”. Os nosos lectores deben
saber, que antes de celebrar un Pleno, existe a reunión dunha
comisión de asuntos plenarios, onde se acordan os temas para o
seguinte Pleno; esta reunión ten lugar normalmente 48 horas antes do
Pleno. Polo experiencia profesional, sei que a inmensa maioría
destas “mocións de vía de urxencia”, non teñen tal urxencia, e
o verdadeiro fin é buscar un protoganismo de certo grupo político.
Outros
exemplos de par escorante, pero esta vez feito dende o goberno
municipal que vulnera o “Principio
de boa fe”, normalmente aquí hai
un repertorio maior. Un dos máis usuales é entregar documentación
ó Servicio de Secretaria, para que a poña a disposición dos grupos
da oposición, claro que sen tempo material para o estudio da mesma,
entregase con 24 horas de antelación ó Pleno,... Buscar tratar
asuntos importantes en períodos vacacionais,...
Pola
experiencia profesional, podería decir que o par escorante de
goberno municipal máis grave é o referido ó “dereito
de información dos membros da Corporación municipal”, amparado
polo artigo 14º do ROF. O
caso máis usual en caseque tódolos concellos é opoñer obstáculos
ó exercicio deste dereito, ou nega-la documentación,... o que se
busca é que os membros da oposición non teñan información, e isto
é directamente unha total ocultación da mesma, o que se busca é
dificulta-la labor de fiscalización da oposición.
No
medio de todos estes pares escorantes da oposición e do goberno
municipal estamos os funcionarios do concello. As veces hai que facer
verdadeiros equilibrios, outros claudican e seguen o rumbo marcado
polo goberno municipal. O problema, está nos políticos locais, pero
tamén nunha serie de normativa legal que está mal feita e obsoleta,
que na maioría dos casos nunca se respeta.
Mirador do Monte Ancos, a 30
de Outubro do 2.014.
Carlos
Fuentes Secas.
Profesor de Ingenieria de Minas, en la Universidad Politécnica de
Fuentesaúco de Fuentidueña (Segovia; España).