martes, 2 de septiembre de 2014

Sagas familiares 2º

CHANCHONADA 302º
Sagas familiares 2º.



En principio estes artigos estaban adicados a tratar de darlle un explicación á Sra. Fátima Iglesias pola súa truncada carreira política; pero tamén serven para que eses militantes sinceiros que hai nos partidos, que traballan desinteresadamente a prol dunhas ideas, deben de saber que hai certas persoas que se aproveitan dos seus traballos, para o seu lucro persoal e medre familiar.


Imos a expoñer un pequeno exemplo, dunha desas sagas de nivel 8º e 9º.

Sr. Ramón Valenzuela: militante do antigo Partido Galleguista e logo do PC; é tío materno das seguintes persoas:

Sra. Irene Garrido Valenzuela: diputada no Congreso polo PP, nº 2 na candidatura pola provincia de Pontevedra nas eleccións do 2.011; dende o día 29 de agosto do 2.014 é a Presidenta do ICO (Instituto de Crédito Oficial), un organismo que é similar a un banco público.

Sr. Javier Garrido Valenzuela: irmán da anterior, Presidente do Círculo de Empresarios de Galicia; Presidente da Asociación de Promotores Inmobiliarios de Pontevedra (APROIM) e Vicepresidente dos Empresarios de Pontevedra.

Sr. Ferando Garrido Valenzuela: irmán dos anteiores; foi conselleiro de agricultura na Xunta de Galicia, na época do Sr. Fernández Albor (AP, partido precursor do PP). Actualmente é o Presidente do Patronato do Parque Nacional das “Illas Atlánticas” (organismo público dependente do Mº de Medio Ambiente).

Sr. Alfonso Rueda: primo dos anteriores; actualmente é o Vicepresidente da Xunta de Galicia i tamén Secretario Xeral do PP en Galicia. Anteriormente xa estivera como Director Xeral de Administración Pública, sendo conselleiro o Sr. Xesús Palmou, durante un goberno de Manuel Fraga.

Sr. José Antonio Rueda: pai do anterior (o actual Vicepresidente da Xunta de Galicia); foi en varias ocasións senador por AP (partido precursor do PP) i tamén senador polo PP; foi Vicepresidente da Diputación de Pontevedra.

Sr. José Manuel Valenzuela Limiñana: primo en 2º dos “Garrido Valenzuela”, representa ós integrantes novos da saga familiar; xa foi ex-Presidente de Novas Xeracións do PP na cidade de Pontevedra, e tamén ex-Presidente de Jovenes Empresarios de Galicia e de Pontevedra.


¿Siguen vostedes pensando que isto é coincidencia?,... Nós pensamos que hai todo un grupo familiar que situa a parte dos seus integrantes nos postos máis relevantes dun partido concreto; outra parte da familia adicase ás actividades empresariais,... pero o que non se pode romper son as relacións familiares que hai entre todos eles. ¿Qué intereses terán preferencia, os da familia ou os de Galicia?

Moi posiblemente, unhas poucas familias teñan “acaparados para si mesmas” os postos importantes dos partidos políticos máis importantes,... Nós sofriremos os recortes, aumentos de impostos, baixada de salarios,... pero estas familias non notan a crisis, e sairán moi reforzadas da mesma.

Anteriormente dixemos que era unha forma de caciquismo moderno; máis ben, é unha forma de parasitismo silencioso e na sombra; vivir a conta do Erario Público apropiándose das direccións dos partidos políticos.

Un destes suxeitos é o Sr. Louzán, dentro duns meses xirará visita por estas terras miñotas para poñer ó frente das listas municipais do PP ós seus lacaios, para que traballen polos seus intereses; pero non polos intereses dos veciños miñotos.

¿Entendeu a explicación a Sra. Fátima Iglesias?; voste é libre de creernos ou non; vostede non forma parte dunha saga familiar situada neses niveis tan altos, a súa presencia no Parlamento Galego molestaba a estas sagas familiares.

Nós pola nosa parte xa fai tempo que deixamos de creer nos contos do “home do saco” e outras tonterías para nenos,.. Temos moi craro, que estas sagas familiares por iniciativa propia non se van a ir, non van a deixa-lo poder; como son elas as que controlan ós partidos, non lles interesa facer limpeza interna, xa que elas son a parte a limpar i eliminar,... ¿Ollaron vostedes a un porco que por iniciativa propia limpe a súa porqueira?

A única solución que ollamos, que a limpeza se faga dende fora, coa negativa dos cidadáns a entregarlles os seus votos.

Nós non queremos ser marionetas de ninguen, preferimos ser persoas.

Mirador do Monte Ancos, a 2 de Setembro do 2.014.
Abraham Hurtado Herencia. Subdirector de exportaciones de “Kagada International Corporation” (Kagada; Gyoda, distrito de Saytama; Japón).


No hay comentarios:

Publicar un comentario