jueves, 11 de septiembre de 2014

Bolsillos rotos

CHANCHONADA 306º
Bolsillos rotos.



Hoxe, imos expoñer datos sobre a “Deuda Viva”; este concepto amosa as cantidades de diñeiro que un Concello lle debe a unha entidade bancaria. Tamén facemos un ratio sobre a correspondencia desta deuda cós habitantes do concello.

Lamentamos, non saber que cántidade destas deudas bancarias vencen en poucos anos, e que parte da deuda é a longo prazo; así poderíamos saber como está estructurada a “Deuda Viva” de cada concello,... O intentamos, pero estes datos ainda non están dispoñibles.

Os datos que presentamos están referidos ó anos 2.013:

A Guarda:   825.000€        79,04€/habitante.
Oia:            157.000€        50,74€/habitante.
O Rosal:       62.000€         9,49€/habitante.
Tomiño:    1.515.000€      110,26€/habitante.
Tui: sen “Deuda viva” 0,00€/habitante.

Non nos gusta a situación de Tomiño; pero támpouco a de Tui; que podería asumir certos riscos para xenerar unha obra, e indirectamente emprego na súa localidade.

¿Qué pasa nos concellos das comarcas veciñas?

Nigrán:           2.159.000€          121,72€/habitante.
Gondomar:     2.340.000€         167,08€/habitante.
Cangas:        16.016.000€          611,94€/habitante.
Vigo:             39.964.000€        134,80€/habitante.
Porriño:          3.281.000€         173,52€/habitante.
Mos:           11.549.000€         751,54€/habitante.
Salceda:       1.525.000€          171,60€/habitante.
Ponteareas:  7.654.000€          328,14€/habitante.


Resulta evidente que os concellos do Baixo Miño temos unha boa situación de “Deuda Viva”; por sorte non temos as situacións aberrantes de Mos e Cangas; xa que isto “afoga” a economía municipal, por ter que adicar importantes cantidades de diñeiro, a devolver e a pagar intereses. Ambos concellos están gobernados polo PP; e na nosa comarca tamén temos concellos pouco endebédados e gobernados polo PP,...

A conclusión é que un alcalde do PP, non significa que faga unha boa xestión económica,... tamén a poden facer nefasta. O importante é que o alcalde e o resto de concelleiros sexan bós xestores dos recursos municipais.

Por sorte para os veciños, os nosos concellos non teñen os bolsillos rotos,.. por onde perdemos diñeiros que van a parar ós bancos. Pero señores gobernantes, deberían de ir pensando plans de inversións, xenerar algo de deuda, para activar a economía local que está case que morta, que se xeneren empregos estables,... ¡¡¡Que circule o diñeiro pola rúa!!!.


Mirador do Monte Ancos, a 11 de Setembro do 2.014.
Aquiles Cuatro Verdades. Profesor de Derecho Fiscal Internacional en la Universidad de Joder (Condado de Sioux, Nebraska; USA.


No hay comentarios:

Publicar un comentario