Atrocidades
gastronómicas.
Hoxe, día 23 de setembro, día de Santa Tecla, festivo local da Guarda, e con devotos da santa e da súa romeria procedentes de outras localidades miñotas,... Imos a deixar que todos desfruten da festa e da súa romeria, que outros disfruten dun día de descanso no veciño Portugal.
Hoxe imos a
tirarlle das orellas ós nosos irmáns británicos e ós xerifaltes
da política exportadora española por non coidar da “marca
España”. Se o Sr. Rajoy fose un pouco normal, collería o Sr.
Federico Trillo (embaixador do Reino de España no Reino Unido da
Gran Bretaña) lle quitaría o cargo e o mandaría a picar pedras
nunha canteira por incompetente; por “secula seculorum”.
Levamos anos
visitando a Gran Bretaña, primeiro para perfeccionalo inglés; e
dende fai uns poucos anos por desfrute turístico. Nestes últimos
anos temos apreciado a aparición no mercado gastronómico londinense
da “pseudo gastronomía
española”. Esta “pseudo gastronomía española”
é unha auténtica aberración da nosa cultura gastronómica, e sobre
todo perxudica a nosa imaxen como pais, cultura,...
Imos a
describir algúns exemplos destas atrocidades gastronómicas
perpetradas por cociñeiros terroristas de bazofias; as cales non son
dignas de chamarse comida, e moito menos comida española.
Paella;
en inglés da Gran Bretaña, escríbese como: “payela”.
Lamentablemente
os ingleses, e ós seus irmáns birtánicos, teñen escasos
coñecementos gastronómicos, e disfrutan con aberracións
gastronómicas; como é o caso da “payela”, suposta irmán da
paella, pero con un par de diferencias moi importantes coas nosas
paella. Na “payela” británica os ingredientes máis importantes
son o chourizo e o “arroz tres delicias chino”.
No Greenwich
Market; restaurante “Hola Paella”, na paellera están a
“bazofiarse”: chourizo, mexillóns, pementos,... e sobre todo un
máis que xeneroso montón de “arroz tres delicias” conxelado.
En algún
supermercado chegamos a ver, “sandwiches de paella”. En case que
todas as “payelas” e paellas que ollamos en Londrés, todas eran
de chourizo, e incluso outras de chourizo con pemento do piquillo,...
Tortilla; en
inglés da Gran Bretaña, “spanish tortilla”.
A tortilla
de patatas é posiblemente un dos platos máis emblemáticos da
gastronomía española; aquí cada maestro ten o seu truco, cada un
ten o seu gusto,... Por sorte non é un prato comprexo de cociñar,
necesita a súa maña,... Non imos a explicar as diferentes bazofias
que atopamos baixo o reclamo de “spanish tortilla”. A seguinte
foto, é nun servicio de “buffet” dun importante restaurante na
City londinense.
Fusilar ó
cociñeiro sería un castigo leve. Nos supermercados londinenses
podes atopar diferentes marcas que venden a “spanish tortilla”
precociñada e lista para vomitar,... son igual de malas que ás
correspondentes marcas españolas que hai nos nosos supermercados. A
diferencia, é que as británicas anunciánse con chourizo, ou a
variante novedosa de chourizo con pemento de piquillo.
Todos
sabemos o que é unha sopa, o moito que se agradece nos fríos días
de inverno, os días chuviosos; o pouco que nos gustaban cando eramos
nenos, o pouco que lles gustan ós nosos nenos e o moito que loitamos
con eles,... (¡¡Perdón mama!!).
Queridos
irmáns británicos, facer unha sopa con un producto español, non
fai que esa sopa sexa gastronomicante española. ¡¡¡¿¿¿Sopa de
chourizo???!!!!. Pero, se isto é unha aberración. A sopa española
máis vendida nos supermecados londinenses , é a sopa máis vendida
e consumida polos británicos,... ¡¡¡¡¡¡Sopa
de patatas bravas!!!!!,..... iso si con
chourizo, para que non quede ningunha dúbida que é unha sopa
netamente española.
Os
británicos pensan que calquer bazofia, a que lle poñas chourizo,
iso xa é gastronomía española. Últimamente está de moda facerlle
o engadido de pementos do piquillo. Se tes pensado abrir un
restaurante galego en Londrés; xa sabes cal debe ser o prato de
reclamo: ¡¡¡mariscada con chourizo e pementos do piquillo!!!
Sen
comentarios. Creo que todos o entendemos,... menos os que dirixen a
política exportadora de España.
Mirador do Monte Ancos, a 23 de Setembro do 2.014.
Valentín
Paz y Amor.
Párroco y Gestor de un Banco de Alimentos en La Abundancia
(Veracruz; México).
No hay comentarios:
Publicar un comentario