Vamos a llevarnos
bien.
“Vamos
a llevarnos bien”, esta é unha das frases
máis socorridas polo cabo da Policía Local de A Guarda; un
xeito de evitar que os veciños denuncien algo, para que non lle
xeneren problemas administrativos e xudiciaís,... pero tamén ten un
matiz intimidatorio cara ó cidadán, pois as veces con esta frase
semella que dí: “cállate y no te buscare
problemas”.
Pensamos que
este funcionario público está moi errado, tanto nas formas, como no
tempo. Aqueles tempos cando unha orde do Alcalde, do párroco, do
cabo da Policía ou da Guarda Civil eran de obrigado cumprimento e
tiñan efectos intimidatorios na poboación,... pois eses tempos xa
pasaron; hoxe xa hai máis persoas que esiximos ser tratados
como cidadáns e non como vasallos ou subditos. Ademáis este
señores como funcionarios públicos que son, cobran dos nosos
impostos, e xa se sabe quen paga manda.
Dado que os
cidadáns pagamos os impostos, somos nós os que mandamos.
Ó comenzo
da rúa Manuel Álvarez, na Guarda; está a cafetería-bar “Brétema”
(Niebla, en castellano). Nas súas vidrieiras de entrada, ten
colocado un boletín informativo sobre una multa impuesta al Sr. XXXX
por estaciona-lo seu vehículo obstaculizando o acceso a unha garaxe
con vado; polo cual lle impoñen unha multa de YYY €. Ó lado, hai
varias fotografías onde se olla como estaba estacionado o vehículo
no momento de ser sancionado pola Policía Local.
Hai un máis
que evidente contradicción entre o descrito na multa, e a imaxen
recollida nas fotos. O vehículo denunciado case que está ben
estacionado, apenas 15 cm invaden a zona de reserva de vado;
ou sexa algo menos do 5% da lonxitude do coche está sobre a zona
reservada para o vado da garaxe. Polo tanto, +95% da lonxitude de
reserva do vado está libre, non hai apenas interferencia, nin
obstaculización do acceso a ese garaxe.
Dende logo,
a imposición da multa foi feita dun xeito moi riguroso. Pero postos
a ser rigurosos, lembramos que na primavera de este ano, na páxina
de “Infogauda” publicouse unhas fotos do vehículo da Sra.
Montserrat Magallanes (Concelleira de Facenda e Turismo) estacionado
de tal xeito que obstaculizaba totalmente o vado dunha garaxe e non
foi multado. Señores da Policía Local da Guarda, postos a ser
rigurosos, primeiro deben de ollar para os cargos políticos
gobernantes do Concello, para que este cumpran e fagan exemplo,...
logo xa poden ser vostedes rigurosos có resto dos cidadáns.
Por exemplo,
señores da Policía Local da Guarda; hai dous concelleiros que
a diario usan vehículos de titularidade municipal, e nunca usan os
cintos de seguridade; cando o uso dos mesmos é obrigatorio.
¿¿Porqué nunca os multan??, ¿¿teñen medo a sofrir represalias
laborais dos políticos??, ¿¿hai unha orde do cabo da Policía
Local de “vamos a
llevarnos bien”, cós políticos do Concello??
Os concelleiros que nunca usan os cintos de seguridade son o Sr.
Miguel Español e o Sr. Paulino Rodríguez.
Queridos
Sres. da Policía Local, vale que legalmente a denuncia que vostedes
formulan ten valor de fe probatoria; pero a Lei tamén sinala que:
“salvo proba en contrario”. E neste caso, hai un veciño que
proba que a denuncia non é correcta.
Aqueles
cidadáns e lectores que o desexen, podense acercar á citada
cafetería-bar “Brétema” sita na rúa Manuel Álvarez da Guarda,
e contemplar a veracidade desta información.
Mirador do Monte Ancos, a 9 de Setembro do 2.014.
Urbana
Aldea del Mundo.
Directora de la Escuela Profesional de Hostelería, “El Salero
Andaluz” (Malcocinado; Sevilla; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario