Los Pinochos 1º.
O pasado día
24 de Setembro do 2.014, a “Asociación veciñal, cultural e
deportiva O Cancelón” (Comisión organizadora das Festas do Monte)
presentou un escrito ante o Concello da Guarda, con rexistro de
entrada Nº 5.556; solicitando nese escrito o seguinte:
“Asígnese
a esta asociación unha partida para a realización das súas
actividades de 20.000€, como nos anos anteriores, e sexa pagada con
carácter urxente, para realiza-los pagos pendentes desta
asociación.”
Para que os
nosos lectores entendan a finalidade do escrito. Esta asociación
(Comisión organizadora das Festas do Monte), o que solicita é o
pago dos 20.000€ da subvención que ten asignada por parte do
Concello da Guarda. ¿Qué acontece aquí?; pois imos a facer
un pouco de historia do acontecido nestes últimos anos, son datos
que a inmensa maioría da xentes descoñece, ¡¡incluso
concelleiros!!
1º) Entre
os meses de Febreiro e Marzo do ano 2.012 non hai comisión
organizadora das Festas do Monte. Os Sres. José Manuel Domínguez
Freitas (Alcalde de A Guarda), Miguel Español Otero (1º Tenente de
Alcalde) e a Sra. Montserrat Magallanes (concelleira de Facenda e
turismo) convocan varias reunións con diferentes colectivos
cidadáns, as cales non teñen resultados positivos.
2º) O 29
de Marzo do 2.012 constítuese a “Asociación veciñal, cultural e
deportiva O Cancelón” (Comisión organizadora das Festas do
Monte). As persoas anteriores en “nome do goberno municipal de A
Guarda” aseguránlle a esta nova comisión un apoio económico,
material e persoal igual ós anos anteriores: policía local,
persoal municipal, ambulancias, palco, baños públicos, dúas bandas
de música,... e 20.000€
como aporte económico. Ademáis, en caso de problemas
na recadación, actuaría o Concello como avalista.
¡¡¡Atentos
todos a este punto 2º!!!; pois non
existe documento contractual escrito entre o
Concello da Guarda e a Comisión organizadora das Festas do Monte.
Pois esta non existencia contractual escrita é onde nace o problema
actual.
3º) En
Xaneiro do 2.014 hai unha reunión entre a Comisión organizadora das
Festas do Monte e a Sra. Montserrat Magallanes (concelleira de
Facenda e turismo), quen expresa que pola mala situación económica
do Concello,... “tendremos que rebajar el aporte económico en
2.000 o 3.000€”. No mes de Maio deste ano, o concelleiro de
cultura xa lles comunica que o Concello non aportará as dúas bandas
de música (custe estimado de 3.800€).
4º) O día
22 de Setembro do 2.014, a Comisión organizadora das Festas do Monte
ten coñecemento que o goberno municipal do Concello de A Guarda
levará a pleno ordinario do día 26 de Setembro do 2.014 unha
modificación do orzamento municipal, onde adxudica 12.000€ á
Comisión organizadora das Festas do Monte.
Polo
tanto no aporte económico do Concello hai unha reducción do 40%;
moi superior ó expresado pola Sra. Montserrat Magallanes en Xaneiro
do 2.014. Ademáis non hai unha comunicación previa por parte do
goberno municipal á Comisión organizadora das Festas do Monte.
Ó noso
entender, hai unha modificación unilateral por parte do
goberno municipal do Concello de A Guarda das condición pactadas o
29 de Marzo do 2.012; tal como describimos no apartado 2º. O
problema máis importante está na non existencia dun acordo
contractual escrito e suscrito polas partes interesadas;
os acordos verbais basanse na boa vontade das partes actuantes, e
aquí unha desas partes traicionou a boa vontade da outra parte,
rompendo unilateralmente o pacto verbal.
Este é un
tema importante, que ten outras ramas laterais, que iremos tratando
en vindeiros artigos. A nosa conclusión só pode ser unha: o
goberno municipal do Concello de A Guarda, có seu Alcalde ó frente
(Sr. José Manuel Domínguez Freitas) non son persoas de fiar, pois
non cumplen coa palabra dada libre e voluntariamente. Dende
este “Mirador” xa temos comprobado en diferentes temas que o
goberno municipal de A Guarda dí unha cousa, e remata facendo outra
distinta,... isto é unha forma de mentir,... ainda que se trate de
cubrir cun fermoso e sonoro discurso auto-laudatorio.
Mirador
do Monte Ancos, a 27 de Setembro do 2.014.
Bernardo
Rico Tesoro.
Director ejecutivo de Bancorico en la ciudad de Dólar (Granada;
España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario