jueves, 25 de septiembre de 2014

Rendimento político laboral; Marzo 2.014

CHANCHONADA 313º
Rendimento político laboral; Marzo 2.014.


Actualizamos os datos de rendimento laboral dos concelleiros da Guarda, ata o mes de Marzo do ano 2.014

M = mocións que versan sobre A Guarda; valor +10 puntos.
N = mocións que non versan sobre A Guarda; valor +1 punto.
P = mocións que son aprobadas; valor +2 puntos.
W, X ou Y número de mocións.

Z = ausencia do Pleno de un concelleiro, total valor de -1 punto.

Rendimento productivo do grupo = [ x (M) + y (N) + w (P) ] – Z

Eficacia temporal do grupo = { [ x (M) + y (N) + w (P) ] – Z } / nº de meses

Ratio de eficencia por edil = { Eficacia temporal do grupo } / nº de concelleiros.
(mide o traballo que aporta cada edil ó grupo, ó longo de todo o período)


Ata Marzo do 2.014: 10 mocións
PSOE (8 concelleiros) : 2 moción da Guarda e 8 mocións fóraneas. (20% do traballo é sobre A Guarda)
Ata Xaneiro do 2.014: 10 mocións;
PP (6 concelleiros) : 10 mocións da Guarda . (100% do traballo é sobre A Guarda)

Ata Xaneiro do 2.014: 66 mocións
BNG (2 concelleiros) : 10 mocións da Guarda e 56 mocións fóraneas. (15,15% do traballo é sobre A Guarda)

Ata Xaneiro do 2.014: 64 mocións
CG (1 concelleira) : 50 mocións da Guarda e 14 mocións fóraneas. (78,12% do traballo é sobre A Guarda)

Rendimento productivo do grupo =
PSOE = 50 ptos. PP = 113 ptos. BNG = 258 ptos. CG = 565 pts. Traballo total = 986 pts.
PSOE = 5,07% PP = 11,46%. BNG = 26,16%. CG = 57,36%. Porcentaxe do Traballo total.
Eficacia temporal do grupo (34 meses, ata Marzo 2.014) =
PSOE = 1,47 ptos. PP = 3,32 ptos. BNG = 7,58 ptos. CG = 16,61 pts.
Ratio de eficencia por edil =
PSOE = 0,183 ptos. PP = 0,55 ptos. BNG = 3,79 ptos. CG = 16,61 pts.



Relación de mocións do Pleno Ordinario do 8 de Marzo do 2.014:
RE 597 Moción sobre 8 Marzo; derogación das Leis contra as mulleres (BNG; aprobada).
RE 678 Recuperación do cunco “Millefiori” (Converxencia Galega; aprobada).
RE 679 Moción anti-embargos e contra deshaucios. (Converxencia; non prospera).
RE 836 Moción da CIG; Iniciativa lexislativa popular de medidas económicas. (BNG; aprobada).
RE 930 Por unha reforma local e provincial. (BNG;aprobada).
RE 1027 Fraccionamento de prexos e taxas públicos municipais (Converxencia Galega; sobre a mesa).
RE 1030 Colaboración municipal cós veciños dos edificios de protección oficial da Rúa Muiños de Abaixo (Converxencia Galega; non prospera).
RE 1132 Festa degustación de lamprea (Converxencia Galega; non prospera).
RE 1237 Mellora no saneamento do Barrio de Salgueiro (BNG; aprobada).
RE 1379 Renovación do convenio có Concello do Rosal, de tratamento de aguas residuais na EDAR (Converxencia Galega; sobre a mesaa).
RE 1380 Non á instalación de antenas de telefonía na rúa do Porto. (Converxencia Galega; non prospera).
RE 1440 Moción do “Movemento Sindical 1º de Maio”; para elaboración dunha ordenanza de tarifas polos servicios do GES. (Converxencia Galega; non prospera).
RE 1464 Garantir suministro eléctrico a persoas sen recursos. (BNG; aprobada).
RE 1465 Contra o desmantelamento do servicio do 065; transporte adaptado (BNG; aprobada).
RE 1466 Apoio á petición de indulto dos sindicalistas Carlos Rivas Martínez e Serafín Rodríguez Martínez (BNG; aprobada).
RE 1467 Apoio á frota de cerco e artes menores. (BNG; aprobada).
RE 1527 Medidas que melloren a xestión de aparcamento no casco urbano (PP; saprobada).
RE 1528 Necesidade urxente dunha web turística municipal multilinguaxe (PP; aprobada).
RE 1600 Comunidades de Montes; solitando o pago das expropiacións do vial (PSOE; aprobada).

Levamos feito este traballo de valoración matemática, do traballo político-administrativo dos nosos políticos locais, dende a toma de posesión alo polo mes de Xuño do 2.011; son 34 meses de seguemento, de cálculos numéricos, de resultados,...Estas son as nosas conclusións:

1º) O BNG segue na súa pauta de non traballar a prol dos problemas da Guarda e dos seus cidadáns; simplemente esperan a que dende a dirección política do BNG en Compostela lles remitan as mocións que esa dirección política considere oportuno. Un simple recordatorio; quen se presentou ás eleccións municipais foi o Sr. Xan Lois Lomba e a Sra. Hortensia García,... e non a dirección política do BNG en Compostela. Se a vostedes non lles interesan os problemas dos seus votantes guardeses, por decencia e honestidade deberían dimitir.

2º) Como levamos 34 meses facendo este seguimento das mocións, votacións,... e outros como as notas de prensa, escritos,... Estamos ollando como o PSOE vota unha cousa, e logo un tempo despois sae na prensa dicindo o contrario do que votaron. ¿¿?? Isto é non ser consecuentes, e polo tanto é un xeito de mentir ó veciños. Por exemplo neste Pleno de Marzo do 2.014 votaron en contra da moción de Converxencia Galega para opoñerse a intalación de antenas de telefonía,... e agora a mediados de Setembro do 2.014 sae o Sr. Alcalde como “adalide contra a instalación de antenas de telfonía”;.... Ou sexa, fai 6 meses o PSOE estaba a favor da instalación de antenas de telefonía e agora están en contra,... ¿¿¿qué pasou aquí???; ó PP e ó BNG este problema non lles interesa.

3º) Esto é unha mera reflexión matemática; a puntuación polo traballo total feito polos nosos 17 concelleiros nestes 34 meses suma 986 puntos. Sorprende, e moito, que unha soa concelleira (Converxencia Galega), novata na Corporación asume o 57,36% de todo o traballo. ¿¿O resto de concelleiros xa non teñen ideas??, ¿¿O resto de concelleiros xa están esgotados??, o resto de concelleiros non ollan os problemas dos cidadáns da Guarda; ¿¿non saben como afrontalos??,... Se teñen medo a asumi-las responsabilidades para as que se presentaron, con honestidade deberían deixar lugar a outros.

4º) Se facemos unha medición en base as moción; os resultados son os seguintes. Un total de 150 mocións, o 42,6% das mocións son presentadas por Converxencia Galega e o 44% son presentadas polo BNG. 72 mocións son sobre A Guarda (o 48% do total); das cales, 50 están presentadas por Converxencia Galega, o 69,44% das mocións sobre A Guarda, están feitas por este grupo político.



Mirador do Monte Ancos, a 25 de Setembro do 2.014.
Antón Torrón Gorrón. Maestro Sidrero (La Ramera de Abajo; Castrillón; Asturias; España).



No hay comentarios:

Publicar un comentario