domingo, 31 de agosto de 2014

Sagas familiares 1º

CHANCHONADA 301º
Sagas familiares 1º.




I´ll make him an offer, he can´t refuse” (Fareille unha oferta, que non poderá rechazar); esta é unha das frases máis celebres de D. Vito Corleone, na película “The goodfather” (O padriño).

Despois das últimas eleccións ó Parlamento Galego, moito se lamentaba a Sra. Fátima Iglesias por non formar parte da candidatura do PP pola provincia de Pontevedra, de no ter esa posibilidade de voltar a ser diputada no Parlamento Galego. Non pomprendía as razóns da súa ausencia nesa candidatura, non entendía os motivos porquefoi deixada a unha lado, porque se lle pechou ese progreso na súa carreira política,...

Sinceramente, imos a tratar de darlle un explicación, tanto a vostede como ós nosos lectores; vai ser díficil de aceptala, pero por desgracia é moi real e verdadeira: “Vostede, Sra. Fátima Iglesias non forma parte de ningunha saga familiar relevante en política, especialmente naquelas de nivel 7º ou superior”.

Dende que existe a humanidade, existen sagas familiares; son grupos familiares que están especializados en determinadas actividades, como non podía ser menos, unha desas actividades tamén é a política. Dentro da política hai sagas familiares que tentan perdurar no tempo, algunhas están en niveis baixos e outras ocupan postos máis altos, alí onde se toman as decisións realmente importantes. Estas sagas familiares non actúan igual, nin teñen os mesmos obxectivos, dependen do nivel de influencia e relevancia que teñan; imos a explicar isto dos niveis.

Supoñemos un partido X, que está implantado dende o nivel local-municipal, ata o nivel nacional.

Nivel 1º: son militantes activos do partido X, moi activos a nivel local; non forman parte dos mandos locais do partido X. Son moi laboriosos nas campañas electorais, para face-los traballos de pegar carteis, entregar propaganda, facer proselitismo,... A súa gran aspiración é lograr para algúns deles uns contratos laborais, ou temporais nunha Administración: barrendeiro, pintor, recolector de lixo, peón de servicios varios,... son os denominados: “come migallas”.

Nivel 2º: son militantes activos do partido X, a diferencia dos anteriores si que ocupan postos de mando a nivel local; normalmente están nas listas, teñen influencias para “atraer votos”. Ainda que troquen os líderes locais, eles sempre están presentes. Están máis preparados e organizados que os do nivel anterior; a súa aspiración é introducir ós seus familiares como funcionarios de carreira nas Administracións; normalmente estas sagas están compostas maioritariamente por funcionarios; son os denominados “los cafelitos”.

Nivel 4º e 5º: son os cadros de mandos do partido X, tanto a nivel local como comarcal. En calquer cita electoral local ou comarcal, os seus membros sempre están presentes nos postos importantes da candidatura; polo cal nestas sagas sempre hai concelleiros, alcaldes, diputados da Diputación provincial,...

Teñen moita influencia social, política i económica a nivel local; de feito por soberbia, algúns chegan a pensar que o Concello Y, ou a comarca Z son algo así como a súa finca particular. Un exemplo disto, é a saga familiar dos Miniño en Oia. Duran no tempo o que o pobo queira, cando ós “Lomba-Camiña” ou ós “Riego” na Guarda a xente deixounos de lado,... todo o poder desas sagas familiares foise disolvendo como o azucre no leite.

Son coñecidos pola celebre frase: “aquí mando yo”, pois estas sagas familiares teñen poder político local, pero tamén teñen poder económico, influencia laboral,... Normalmente antepoñen os seus intereses familiares, ó interés do pobo. Cando xa non mandan nada,... entón todo o mundo olla que son patéticos e bastante ridículos.

Nivel 7º e superiores: por un extraña razón, ou coincidencia, sempre están nos mandos dirixentes dos partido X, sexa a nivel provincial, rexional ou nacional. Ocupan os postos de mando que antes xa ocupaban os seus familiares, hai outras ramas familiares que á sombra dos anteriores ocupan altos postos nas Administracións e como funcionarios de alto nivel.

Sempre son senadores, diputados no Congreso, no Parlamento rexional, no da Diputación Provincial,... certos familiares son altos funcionarios das Administración Públicas, e outra rama da familia son importantes e relevantes empresarios,... A súa ideoloxía política resumese: “a familia é o primeiro”.

Tenden a perpetuarse durante anos i anos neses postos, ou similares; o líder do partido X trocará cada certo tempo, pero eles seguen ahí; logo irán promocionando con rápidos ascensos ós seus descendentes, para que sexan o seu relevo natural,... “Son coñecidos por viaxar sempre no coche oficial”.

Tamén teñen a soberbia de pensar que esa Administración pública é súa, como é o caso da familia Baltar en Ourense,... Temos a saga dos Fraga, a saga dos Pujol,...


Estas sagas de niveis 7º e superiores é unha forma moi modernizada e sutil de un caciquismo; uns poucos membros das saga familiar son imaxen pública; a maior parte dos mesmos son descoñecidos para o gran público.

Seguiremos explicando isto no seguinte artigo;


Mirador do Monte Ancos, a 31 de Agosto do 2.014.
Samuel Diente Torcido. Profesor de Odontología, de la Facultad de Medicina de la Universidad del Ratoncito Pérez; Muelas de los Caballeros (Zamora; España).


No hay comentarios:

Publicar un comentario