¡¡Que desfeita!!.
O Sr. Germán Martínez é un político peruano, dende
logo nada usual; é candidato á alcaldía da cidade de Pucallpa; non
imos entrar no seu ideario político, nas súas promesas, na súa
honradez,... dende logo o que resultan moi vistosos son os seus
carteis de propaganda electoral, os cales están moi lonxe dos
típicos e tópicos de todalas campañas,...
Hai carteis como este de cabaleiro Jedai, outros de Son
Goku (debuxos animados xaponeses para o público infantil), de Neo un
dos protagonistas da película Matrix,... Hai que recoñecer que ó
Sr. Germán Martínez ten unha imaxinación moi desbortande e
ilusionante.
Polo menos, este Sr. Germán Martínez non ten sentido
do rídiculo; rídiculo e bochornoso foron os fogos de lucería
que pecharon esta edición das Festas do Monte 2.014, foron
moi escasos de tempo (sobre 7 minutos), foi un espectáculo moi cutre
que defraudou a miles de guardeses, rosaleiros, oienses, tomiñeses,
tudenses,... e turistas que acuden A Guarda para disfrutar deste
espectáculo pirotécnico. ¡¡¡Quedamos
todos moi defraudados!!! Dende logo, isto é unha
mancha no prestixio que teñen as Festas do Monte.
Durante moitos anos, as diferentes comisións de festas
da Guarda sempre tiveron un prestixio e crédito coas empresas que
contrataban para certos servicios e actos,.. Pero semella que duns
anos a esta parte; este prestixio vaise perdendo a pasos axigantados;
con isto, quen máis perde é a imaxe pública de todo o
conxunto social que é a Vila da Guarda.
Era o sábado pola noite; como moitos pais novos, saimos
a darlle un paseo nocturno a unhas nenas que ainda son pequenas,
ollan abraiadas as atraccións do parque de festas, disfrutan con un
globo,... Ese sábado pola noite atopamos a uns avós aburridos, pois
a orquesta xa finalizara a actuación, e como eles, a outros centos
de parellas maiores que andaban aburridas polo recinto de festas,...
A actuación desa noite non foi do gosto de ninguen, foi un
cutre espectáculo de “pseudo-karaoke”, uns rapaces
cantando, soando música grabada de fondo,... Unha das verbenas
máis importantes da festa, resultou ser o espectáculo máis cutre
que houbo en moitos anos.
Falaremos un pouco do Libro das Festas do Monte; por
unha ou varias razóns que descoñecemos, este libro comenzou a
aparecer xa nos días da festa; de feito ainda hai locais que hoxe
non o teñen,... nós non o ollamos á venta. Tradicionalmente, o
Libro das Festas do Monte sempre estaba cun mes de antelación á
venta, para que fose adquirido polo público, pois o mesmo é unha
fonte de ingresos para a festa,... Pero este ano, o Libro das
Festas do Monte chega tarde, mal i en escasa cantidade. ¿¿Qué
aconteceu aquí??
O outro día xa falamos das malas relacións con outras
comisión de festas; especialmente a de San Caetano (Barrio da
Cruzada) e San Roque (Sálcidos); que se sinten ninguneados pola
comisión que organiza as Festas do Monte; pois esta organiza actos
nos días festivos das outras festas. Temos que recoñecer que teñen
razón, cada festa debe ocupar os días festivos que lle corresponden
e non invadi-los días das outras; porque con iso xeramos unha
competencia desleal para outra festa local, máis pequena, pero que
se merece todo un respeto.
Tamén moitos directivos das “Bandas” non
están de acordo có proceder desta comisión das Festas do Monte;
o malestar xa comenzou o ano pasado, cando membros da comisión das
Festas do Monte lles solicitaron unha axuda para paga-lo servicio de
ambulancias,... pero meses despois algúns deses directivos das
“Bandas” descubriron que ese gasto vai a cargo das contas do
Concello; con iso non poideron evitar facerse a seguinte pregunta:
¿¿a onde foi o diñeiro que demos en axuda??.
Non sabemos para onde foi o diñeiro; pero hoxe a gran
maioría deses directivos de “Bandas” sintense engañados; este
sentimento foi reforzado pola actitude da comisión das Festas do
Monte de desentenderse da organización do “Domingo do Monte”,
día no que ten lugar a tradicional romeria do Monte. Eles pensan, e
nós tamén, que cando unha comisión colle o encargo de
organiza-las Festas do Monte, o que colle é todo o conxunto das
Festas do Monte, con tódolos actos, verbenas, eventos, actos,... o
que se colle é todo o conxunto enteiro.
Sabemos que somos críticos; pero o pasado luns pola
noite, as críticas eran das persoas que estaban ó noso carón
ollando os fogos de lucería; logo a xente que mandaba mensaxes polo
teléfono móvil,... Nós non temos experiencia organizando festas;
pero o Sr. Elías Rebollar (“Bixurro”) foi durante varios
anos presidente da comisión das Festas do Monte, na súa páxina de
“Facebook” fixo públicas as súas críticas sobre a organización
das Festas do Monte do 2.014; en moitas cousas coincidimos,
noutras como non sabemos, non opinamos, outras coinciden con outras
persoas,... ¡¡¡Cando o río soa, e porque leva agua!!!
Imos acabar con este tema. Ó noso entender, as
Festas do Monte son un dos activos más importantes da promoción e
atracción turística da Guarda, que repercute dun xeito directo na
economía guardesa e da comarca miñota. ¡¡¿¿Qué
repercusión económica e turística pode traer isto no futuro máis
próximo??!!. O mal feito, mal está; o que malo está, malo
traerá,.. ¿Merecemos os
veciños da Guarda unhas Festas do Monte tan mal organizadas?
Algo haberá que facer; a nosa proposta: Municipaliza-la
organización das Festas do Monte; para evitar
que mans ineptas e confilctos de intereses privativos-lucrativos de
algúns directivos entren nas Festas do Monte.
Mirador do Monte Ancos, a 13 de Agosto do 2.014.
Umberto
Vino Nuevo.
Maestro destilador y enologo de Cajón de Ginebra Grande (Chubut,
Patagonia; Argentina).
No hay comentarios:
Publicar un comentario