Pau para o burro.
Cando
eramos uns estudiantes pequenos, naqueles anos que comenzamos a
face-las primeiras operacións matemáticas, usa-la taboa de
multiplicar, dividir,... non era raro o día que certa profesora nos
regalaba a nós, ou a outros compañeiros, un “agradable” golpe
na cabeza,... ¡¡¡Os burros solo aprenden a base de pau!!!
Dende
logo non era o mellor método de ensinanza, nin de pedagoxía,...
pero esta mestra tiña moita razón. Na vida real, os burros aprenden
a base de paus, paulazos,.... ¡¡¡Que llo digan ós afectados polas
preferentes!!! Hoxe imos falar deses burros que nunca aprenden, nin
tras unha serie de paus, nin paulazos,... por un extraño motivos
sempre están a recibir golpes e máis golpes; i en parte é culpa
deles, por non quere aprender e seguir sendo burros.
En
España usamos da expresión “dar un pau”, como sinonimo de
quitarlle algo a unha persoa; “recibir un pau” sería a victima
da acción anterior. Todos sabemos que un alcalde sempre
tenta pasar á historia con un monumento, estatuta ou obra de arte
sita nunha praza pública, para que os veciños sempre o teñan
presente; así o Sr. José Manuel Domínguez Freitas tentará
pasar á historia guardesa, por “regalarnos nesta lexislatura un
pau”, ese gran tronco para conmemora-lo aniversario do
Prestige; e os veciños dirán orgullosos,... “o Sr. Alcalde deunos
un pau”,... Ollando as expresións antes citadas, se fosemos
asesores de prensa do Alcalde, non tocariamos este tema, porque
induce a unha mensaxe que é contraria ó que se busca.
O
outro día o noso primo texano, mandounos un vídeo moi interesante
de John Oliver, onde criticaba e aleccionaba contra o uso dos “payday
loans”, así é como os definen nos USA; aquí
os chamamos créditos rápidos,... Existen tamén noutros
paises de Europa; fas unha chamada de telefono, entras na súa páxina
de internet i en poucas horas tes un crédito por una pequena
cantidade de diñeiro, a devolver en poucos días.
Que
bonito é todo isto, pero o que o burro non sabe, é que todo iso é
a conta de pagar uns intereses desorbitados, macro-excesivos,... onde
a usura en comparación é un caramelo. Por exemplo, hai unha páxina
británica, denominada “Wonga”, que ofrece este tipo de prestamos
para devolver nuns poucos días, a un
interés que ronda o 3.000% anual!!!!!,...
Ó
lado disto a usura é moi barata,... o lamentable é que hai
cantidades grandes de persoas que acuden a estes medios de
financiación a curto prazo,... ¡¡¡Hai que ser moi burros!!!
Por
sorte, en España ainda está
en vigor a “Ley de Azcárate” de 1.908, que é a “Lei contra a
usura”.
Artículo
1º: “Será nulo todo
contrato de préstamo no que se estípule un interés notablemente
superior ó normal do diñeiro....existindo motivos
para estimar que foi aceptado polo prestatario a causa da súa
situación angustiosa, da súa inexperiencia ou do límitado das súas
facultades mentais”.
O
lamentable é que hai xuices e fiscais que descoñecen a existencia
deste Lei de 1.908, e que ainda está en vigor; por este
descoñecemento moitos caen en prevaricación xudicial, e coas súas
sentencias amparan a auténticos delincuentes-prestamistas-usureros.
A
nosa tradición de xurisprudencia neste tema, considerase usura todo
aquel interés que supere en 2,5 veces o interés legal da normativa
bancaria do momento de formalizarse o acto contratual. Pero estas
empresas que en España se adican ós créditos rápidos e de curta
duración (“payday loans” nos USA), ofrecen créditos que están
xusto no límite legal da usura.
Normalmente
nos paises WASP (brancos anglosaxóns e protestantes) a usura non
está mal vista socialmente i é unha practica legal e consentida no
seu mercado financeiro,.. pero nos paises de tradición católica
acontece todo o contrario.
Como
conclusión final; cada un é
libre de face-lo burro ou non, pero logo cada burro que aguante cós
paulazos que lle veñan enriba.
Mirador do Monte Ancos, a 25 de Agosto do 2.014.
Vicente
Nario Nuevo.
Profesor de Estadística, de la Universidad de Villarrubia de los
Ojos (Ciudad Real, Castilla-La Mancha; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario