lunes, 11 de agosto de 2014

Paro, Xullo 2.014

CHANCHONADA 292º
Paro, Xullo 2.014.



No pasado mes de Xuño, o paro baixou na comarca do Baixo Miño en 261 persoas; importantes descensos en tódolos concellos. Dato previsible, pois Xullo tradicionalmente é un mes con moita creación de emprego estacional. Os nosos parabéns a estes 261 veciños que teñen un emprego.


A Guarda en Xullo de 2.014 = 890 parados (Homes 455 e Mulleres 435)
Menores de 25 = 55 (Homes 25 e Mulleres 30)
Entre 25 e 44 = 434 (Homes 212 e Mulleres 222) (48,76% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 401 (Homes 218 e Mulleres 183)

Agricultura = 142 (11 novos parados)
Industria = 110 (7 novos empregos)
Construcción = 101 (6 novos empregos)
Servicios = 475 (42 novos empregados)
Sen emprego = 62 (sen trocos)

Na Guarda o paro baixa en 44 persoas:
Poboación masculina: 455, hai 13 novos empregados. (Menores de 24 anos, hai 8 empregados; de 25 a 44 anos hai 5 empregos).

Poboación feminina: 435, hai 31 novas empregadas. ( 25 a 44 anos hai 21 empregadas; maiores de 45 anos con 10 empregadas).

Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -4,71%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -6,02%, baixa en -57 parados.


O Rosal en Xullo de 2.014 = 668 parados (Homes 320 e Mulleres 348)
Menores de 25 = 39 (Homes 21 e Mulleres 18)
Entre 25 e 44 = 287 (Homes 139 e Mulleres 148)
Maiores de 45 = 342 (Homes 160 e Mulleres 182) (51,20% do total de desempregados)

Agricultura = 92 (7 novos empregos)
Industria = 114 (4 novos empregos)
Construcción = 113 (2 novos empregos)
Servicios = 309 (25 novos empregos)
Sen emprego = 40 (sen trocos)

No Rosal o paro baixa en 38 persoas:
Poboación masculina: 320, hai 25 novos empregados. (Menores de 24 anos, hai 3 empregados; de 25 a 44 anos hai 24 empregos; maiores de 45 anos hai +2 desempregados).

Poboación feminina: 348, hai 13 novas empregadas. ( Menores de 24 anos, hai 5 empregadas; 25 a 44 anos hai 6 empregadas; maiores de 45 anos con 2 empregadas).

Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -5,34%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -7,86%, con -57 parados.


Oia en Xullo de 2.014 = 282 parados (Homes 153 e Mulleres 129)
Menores de 25 = 16 (Homes 7 e Mulleres 9)
Entre 25 e 44 = 143 (Homes 78 e Mulleres 65) (50,71% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 123 (Homes 68 e Mulleres 55)

Agricultura = 41 (sen trocos)
Industria = 24 (3 novos empregos)
Construcción = 49 (7 novos empregos)
Servicios= 141 (21 novos empregos)
Sen emprego = 27 (4 novos parados)

En Oia o paro baixa en 35 persoas:
Poboación masculina: 153, hai 15 novos empregados. (Menores de 24 anos, hai 5 empregados; de 25 a 44 anos hai 7 empregos; maiores de 45 anos hai 3 empregos).

Poboación feminina: 129, hai 20 novas empregadas. ( Menores de 24 anos, hai 3 empregadas; 25 a 44 anos hai 13 empregadas; maiores de 45 anos con 4 empregadas).

Respecto ó mes anterior o paro baixa un -11,04%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -8,74%, con -27 parados.


Tomiño en Xullo de 2.014 = 1.607 parados (Homes 766 e Mulleres 841)
Menores de 25 = 124 (Homes 60 e Mulleres 64)
Entre 25 e 44 = 738 (Homes 337 e Mulleres 401)
Maiores de 45 = 745 (Homes 369 e Mulleres 376) (46,35% do total de desempregados)

Agricultura = 190 (8 novos empregos)
Industria = 250 (5 novos empregos)
Construcción = 246 (19 novos empregos)
Servicios = 790 (32 novos empregos)
Sin emprego = 131 (1 novo parado)

En Tomiño o paro baixa en 63 persoas:
Poboación masculina: 766, hai 39 novos empregados. (Menores de 24 anos, hai 1 empregado; de 25 a 44 anos hai 26 empregos; maiores de 45 anos hai 12 empregos).

Poboación feminina: 841, hai 24 novas empregadas. ( Menores de 24 anos, hai 4 empregadas; 25 a 44 anos hai 9 empregadas; maiores de 45 anos con 11 empregadas).

Respecto ó mes anterior o paro baixa un -3,77%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego baixa en -105 parados, un -6,13%.

Tui en Xullo de 2.014 = 2. 086 parados (Homes 891 e Mulleres 1.195)
Menores de 25 = 151 (Homes 85 e Mulleres 66)
Entre 25 e 44 = 1.054 (Homes 412 e Mulleres 642) (50,53% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 881 (Homes 394 e Mulleres 487)

Agricultura = 86 (9 novos empregos)
Industria = 358 (4 novos empregos)
Construcción = 262 (25 novos empregos)
Servicios = 1.122 (51 novos empregos)
Sin emprego = 258 (8 novos parados)

En Tui o paro baixa en 81 persoas:
Poboación masculina: 891, hai 47 novos empregados. (Menores de 24 anos, hai 9 empregados; de 25 a 44 anos hai 28 empregos; maiores de 45 anos hai 10 empregos).

Poboación feminina: 1.195, hai 34 novas empregadas. ( Menores de 24 anos, hai 1 nova parada; 25 a 44 anos hai 19 empregadas; maiores de 45 anos con 16 empregadas).

Respecto ó mes anterior o paro baixa un -3,73%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego baixa en 124 parados, un -5,61%.


1º) O problema do paro feminino é moi grave en Tomiño i sobre todo en Tui. Cabe resaltar que porcentualmente as caidas do paro son menores.
2º) Tanto no Rosal como en Tomiño, estamos vendo como nos meses de maior creación de emprego, a poboación maior de 45 anos, apenas atopa emprego. Estamos ante un problema moi delicado, no que deberemos artellar iniciativas; pois existe o risco moi real que sexan expulsados do mercado laboral, e nunca volten a entrar no mesmo, có conseguinte risco de esclusión social.
3º) Neste mes de Xullo, como era de esperar, a zona costeira do Baixo Miño é máis dinámica na creación de emprego; o 65% do emprego (171 empregos) foron creados no sector servicios, gracias o forte tirón dos sectores relacionados có turismo.
4º) De momento no hai un troco de ciclo; os 261 novos empregos están dentro da pauta de creación de emprego do mes de Xullo; incluso é un pouco inferior ó do ano pasado.


Mirador do Monte Ancos, a 11 de Agosto do 2.014.

Sexto Raíz Cuadrada. Decano de la Facultad de Matemáticas, Universidad de los Valles de Tuy en Ocumare del Tuy (Estado de Miranda, Venezuela).

No hay comentarios:

Publicar un comentario