viernes, 15 de agosto de 2014

O club dos zombís

CHANCHONADA 294º
O club dos zombís.



A palabra zombí (ou zombi) proven do culto do vudú; ven a ser algo así como o morto que resucita por medio dun ritual para ser un escravo do ritualista; é un corpo sen alma. Logo tamén é un gran xenero de películas de terror, series de tv, de literatura,... Imos a usar ese concepto de un “corpo morto que revive, sen estar vivo”.


No mundo da política tamén hai zombís, tamén os temos na nosa política local, e hoxe imos a falar de algúns destes zombís, pois hai quen tenta resucitalos, e outros semellan que dende a tumba queren voltar ó espacio dos vivos.


Rosa María Darriba Calviño i esposo. Orixinalmente moi vinculados á UPG, forza política dominante e controlante no BNG. Naqueles anos no que Antonino Torrón creaba o BNG na Guarda (aló por 1.985), creaba un grupo de traballo, creaba un grupo de traballo social,... Cós anos ese traballo comenzou a dar froitos e réditos; nese intre a Sra. Rosa María Darriba Calviño i esposo salen das sombras e organizan un “golpe de mando interno” no BNG da Guarda, para cortarlle a cabeza a Antonino Torrón (cuñado de ambos) e darlle unha patada ós compañeiros de Antonino, alí onde a espalda perde o seu casto nome.

Así a citada Sra. Rosa María Darriba Calviño recolleu os froitos do traballo do seu cuñado e compañeiros; chegou a ser 1ª Tenente de Alcalde do Concello da Guarda, diputada no Parlamento de Galicia,... Con ela, comenza o declive electoral do BNG na Guarda. Pero cousas do destino, a xogada que ela lle fixo ó seu cuñado; logo lla fixeron a ela e o seu esposo: patada no cu e fora.

Dende fai uns anos (¿2.011?) é a cabeza visible de ANOVA (grupo de escindidos do BNG), así como de AGE (colación electoral de Anova + Izquierda Unida). Querida Sra. Rosa María Darriba Calviño, ¿¿¿xa non lembras aquelas arengas nacionalistas onde a esquerda españolista eran o demo, o enemigo do nacionalismo contra o que había que pelexar???; agora viramos 180º o posicionamento político, o discurso,... e os enemigos españolistas son os nosos amigos,... ¿¿¿Como explicas isto???

A verdade é que o Sr. Antonino Torrón tiña orgullo de ser guardés (sen haber nacido aquí); pero vostede Sra. Rosa María Darriba Calviño nunca tivo ese orgullo de guardesa; sempre nos ollou por riba do ombro. Os veciños da Guarda temos moi interiorizado o noso orgullo guardés.


Nós temos claro que a súa posible volta á política local activa, de producirse, será por motivos de medre i egoismo persoal; vostede á política local guardesa nunca lle aportou nada, vostede foi un cero á esquerda. Ademáis vostede está frente a unha gran contradicción perosal, que debería responder a todos: “vostede cortoulle a cabeza ó Sr. Antonino Torrón e ó seu grupo por defender uns posicionamentos; que son os que agora vostede defende; polo tanto eles tiñan razón i estaban no bó camiño”. ¡¡¡Debería vostede de pedir perdón publicamente, como acto de penitencia!!!


Sr. Buenaventura Lomba Nuñez i a Sra. Isabel Lidia González Alonso. O gran mérito político deste dueto foi sempre estar calados e á sombra do Sr. Celso Juan Rodríguez Fariñas,... Claro que se pode estar á sombra para aprender, para desempeñar roles secundarios, prepararse para ser relevo,... ou estar á sombra nunha continua e prolongada sesta, como semella ser o caso de ambos.

Durante os anos que vostedes estiveron á sombra do Sr. Celso Juan Rodríguez Fariñas, estamos seguros que non aprenderon nada de nada. Sobre todo a lección máis importante: ter galóns non significa ter seguidores. Non sabemos moi ben que aconteceu entre vostedes i o seu “protector”; vostedes presentáronse ás eleccións do 2.011 sendo concelleiros, unha posición moi ventaxosa para ser re-elexidos,... Pero, ¡¡oh, sorpresa!!, os electores non confiaron en vostedes, e a “nova protexida” do Sr. Celso Juan Rodríguez Fariñas consigue entrar no Concello. ¡¡¿¿Qué chasco para vostedes??!!

¿Querén resucitar para o 2.015?; poden intentalo, pero deberían coñecer certas normas sociolóxico-electorais. Quen tiña un cargo electo e non resulta re-elexido, o ten moi complicado sair elexido na seguinte cita electoral, pois estar fóra do Concello é un obstáculo moi importante a superar de cara ó electorado. Segundo elemento a ter en conta, o tempo xoga na súa contra, na vindiera cita electoral do 2.015 o Sr. Buenaventura Lomba xa terá 64 ou 65 anos,... ou sexa unha persoa xubilada, ¡¡¿¿que mensaxe de futuro vai a traer??!!


Finalmente i sen maldade, como un bó consello; somos seguidores da páxina de Facebook da Sra. Isabel Lidia González; sería recomendable que a señora recibirá leccións de gramática e ortografía en castelán (español) e galego; pois os seus escritos están cheos de faltas ortográficas, pero tamén de erros gramaticais,... Escribir mal, comunicar mal, é unha mala imaxe que un candidato (Sra. Isabel Lidia González) a político non pode permitirse, pois é un punto débil que os seus contrincantes van a aproveitar.


Ambos zombís xa pasarón anos na primeira liña de política local guardesa; o balance de ambos está moi cerca do cero; pero a pretensión de algúns de “resucitalos” como unha proposta de futuro,... ¡¡¿¿Un morto ten futuro??!! Nós pensamos que o futuro debe estar nas persoas de de 30 a 45 anos, a xeración que está inmediatamente detrás destes señores aquí presentados. O futuro terán que ser cousas e persoas novas, non cousas vellas,... Dende logo a contradicción é moi grande.


Mirador do Monte Ancos, a 15 de Agosto do 2.014.
Bautista do Rio Jordan. Pastor y predicador anabaptista (Divinopolis; Minas Gerais; Brasil).





No hay comentarios:

Publicar un comentario