viernes, 22 de agosto de 2014

Aprendiz de tahur

CHANCHONADA 297º
Aprendiz de tahur.




No museo do Louvre en París hai un cadro títulado “O Tahur”; é un obra de Georges de la Tour, nese cadro ollamos como un xogador ten cartas escondidas coas que vai facer trampas ós seus compañeiros de xogos (neste caso unhas damas). Neste mes fai 8 anos do falecemento de Ken Uston; un dos grandes “contadores de cartas”, unha das formas de facer trampas nos casinos; pero Ken introducíu o mundo da informática a esta forma de facerlle trampas ós casinos.


Agora resulta, que o Sr. Mariano Rajoy e os seus queren facernos trampas, coa pretensión de troca-la lexislación electoral municipal a escasos meses das mesmas. Isto é unha das formas máis vulgares de facer trampas: troco as regras do xogo para gañar eu, se isto non funciona fago outras regras para que perdas ti.


Nós non imos a entrar no xogo dos debates dialécticos dos portavoces políticos, moitos dos cales non teñen contido, nin sustancia. Imos a explicarlle ós nosos lectores como funcionan legalmente estas cousas.

1º) Imos a distinguir dúas cousas distintas pero intimidamente ligadas. Votar é cando os cidadáns depositamos os nosos votos na furna ou caixa electoral; elección é un proceso matemático legal polo cal, ó número de votos dunha formación política lle corresponde unha serie de representantes.

2º) Artículo 140ª da Constitución. “Los Concejales serán elegidos por los vecinos del municipio mediante sufragio universal, igual, libre, directo y secreto, en la forma establecida por la ley. Los Alcaldes serán elegidos por los Concejales o por los vecinos.

3º) O noso sistema electoral está regulado pola Lei Orgánica 5/1.985; que no seu artículo 196º expresa o seguinte:

En la misma sesión de constitución de la Corporación se procede a la elección de Alcalde, de acuerdo con el siguiente procedimiento:
  • A) Pueden ser candidatos todos los Concejales que encabecen sus correspondientes listas.
  • B) Si alguno de ellos obtiene la mayoría absoluta de los votos de los Concejales es proclamado electo.
  • C) Si ninguno de ellos obtiene dicha mayoría es proclamado Alcalde el Concejal que encabece la lista que haya obtenido mayor número de votos populares en el correspondiente Municipio. En caso de empate se resolverá por sorteo.
En los Municipios comprendidos entre 100 y 250 habitantes pueden ser candidatos a Alcalde todos los Concejales;

Para que todos o entendamos; nas votacións cada cidadán vota a unha lista dun partido, coalición, agrupación de electores,... No proceso matemático de elección ese número de votos que ten cada formación política lle corresponden un número de concelleiros; polo tanto, e de acordo có artigo 140º da Constitución os veciños realmente votamos para elexir ós concelleiros dos nosos concellos.

Ainda, que tódolos partidos e formacións políticas poñen na súa publicidade electoral que votemos a Fulano ou Mengana para Alcalde ou Alcaldesa,... realmente isto non é certo, nin é real. Serán os concelleiros electos, quen elixirán ó Alcalde do Concello, quen debe ser concelleiro i encabezar unha das listas,... sempre que obteña a maioría absoluta dos votos dos concelleiros ou a maioría simple; neste último caso será o cabeza da lista máis votada.

Realmente, o sistema funciona relativamente ben; o que propugna o Sr. Mariano Rajoy pero sen explicalo ben, é o seguinte: que dun xeito automático sexa proclamado Alcalde o cabeza da lista máis votada. Así, quedaría sen efecto o apartado B do artigo 196º da Lei Orgánica 5/1.985; deste xeito pechase a porta ós acordos de goberno que fan as agrupacións e partidos cando non hai maioría absoluta de ningunha forza.

Se ningunha forza política ten maioría absoluta será porque os veciños así o decidirón cós seus votos. Isto que queren trocar, é para frenar o posible voto descontento que se olla no horizonte do vindeiro Maio do 2.015. Dende logo isto si que é tentar trampea-las decisións que toman os cidadáns libremente cós seus votos. Pero hai outro problema ou incognitas, que de momento esas “mentes pensantes” do PP non tratan neste debate público; ¿vai ser máis gobernable un concello onde o Alcalde está en minoría?, ¿van quita-la posibilidade dunha moción de censura a presentar pola oposición,...

Querido Sr. Mariano Rajoy, realmente este non é un dos problemas máis importantes que teñen os nosos concellos,... este non é o camiño para corta-las raices da corrupción de algúns políticos. Un dos nosos problemas, é que hai políticos que pensan que o Concello é a finca familiar, e nela fan o que queren,... Como o Sr. Alcalde de Oia que quere presentar a súa filla como candidata do PP ás vindeiras eleccións municipais,... ¡¡Este Sr. Alcalde segue pensando que Oia é a finca privada do Miniño!!



Mirador do Monte Ancos, a 22 de Agosto do 2.014.
Norma Siempre Asustada. Directora de Prótocolo del Ayuntamiento de Uyumbicho (Pichincha; Ecuador).


No hay comentarios:

Publicar un comentario