viernes, 21 de febrero de 2014

Viva Juan Naranjo



CHANCHONADA  211º

Viva  Juan Naranjo.





Seguramente moi poucos sabemos quen foi o Sr. Juan Naranjo, un industrial barcelonés de finais do século XIX. Gracias a este señor, hoxe a coñecida bota de viño, ten a figura recoñecible por todos, có seu tapón de seguridade,... antes xa existía a bota de viño, pero na península había diferentes modelos e formas,... O Sr. Juan Naranjo gañou un concurso para suministrar botas de viño ós soldados que partían para Cuba, e dese modelo coa volta dos soldados ós seus lugares de orixen foi copiándose en moitos sitios; deste xeito en poucos anos en toda a península xa había un modelo estandarizado deste útil tan popular.

Pois ben, cando no día da “Festa do Monte” convidemos a un coñecido a beber pola nosa bota de viño, indirectamente deberíamos estar agradecidos ó Sr. Juan Naranjo i ós militares por adoptar de xeito reglamentario este útil para os soldados. ¿Qué voltas da a vida?, perdemos Cuba, Filipinas, As Marianas, Puerto Rico,... pero gañamos unha bota de viño igual para todos.

Só faltaría que certas mentes curtas de entendedeiras, quiexeran prohibila por ter un orixe militar i tan españolista.

O outro día tivemos que leer nun xornal as críticas do Sr. Xan Lois Lomba contra o Sr. Alcalde por non ter o orzamento, por seguir con él prórrogado,... Debe ser que este cabaleiro molla moito a palleta no liquido que conten a súa bota de viño i non chega a entender as cousas,... si leera certas artigos deste Mirador podería aprender máis.

Hoxe imos a expresarnos, facendo unha ubicuación na posición do Sr. José Manuel Domínguez Freitas (Alcalde da Guarda). Toda proposta ten pros e contras, para levala adiante hai que valorar estas dúas contas e a ser posible optar por aquela onde os pros sexan maiores (en cantidade i calidade) que os contras.

1º Opción)  Presentar un proxecto de Orzamentos para o 2.014; o Sr. Alcalde sabe que está en minoría, as opcións de aproba-lo son escasas pero non nulas; para elo necesita o apoio de algún grupo da oposición,... pero as relacións con estes non son fluidas. Ademáis hai todo un proceso de debate, notas de prensa, período de alegacións,... e isto queima i xenera desgaste a un ano vista das eleccións.

Podería acontecer que algúns membros do PP se “ausentasen” no día de votación dos orzamentos do 2.014. Esta opción leva acontecido algunhas veces, ¿qué pasa se non sucede?. Pois os orzamentos quedan sen aprobar i entramos nun período de certa paralisis municipal.

2º Opción)  Presentar un proxecto de Orzamentos para o 2.014; sabendo de ante man que non vai ser aprobado, pero vinculamos a aprobación dos mesmo a unha moción de confianza do Alcalde. Deste xeito, a oposición ten un mes para presentar unha moción alternativa de goberno, a cal deberá presentar outro orzamento alternativo,...

Esta figura xenera moita paralisis administrativa, teremos durante un mes un goberno en “cuasi funcións”, de prosperar teremos un novo goberno municipal que durará pouco máis dun ano, con intereses moi distintos,... e que dificilmente serán capaces de artellar un orzamento municipal. Dada a estructura política galega, non é viable, ou moi dificil ver un goberno PP- BNG.

3º Opción)  Seguir có orzamento do 2.012 prórrogado no 2.014; facendolle as modificacións precisas i pertinentes. Logo a primeiros do 2.015, collendo amparo na Disposición Adicional 16º da Lei 27/2.013:
               1. Excepcionalmente, cuando el Pleno de la Corporación Local no alcanzara, en una 1ª votación, la mayoría necesaria para la adopción de acuerdos prevista en esta Ley, la Junta de Gobierno Local tendrá competencia para aprobar:
A) El presupuesto del ejercicio inmediato siguiente, siempre que previamente exista un presupuesto prorrogado.”

                Ou sexa, que sin entrar en peleas políticas, en debates,… En Xaneiro do ano 2.015, o Sr. Alcalde e os membros das Xunta de Goberno poderán aprobar un novo ornamento, sen ter que pasar polo Pleno.

A mellor opción é a 3ª, seguir gobernando con normalidade, facer oidos xordos a certo portavoz da oposición,... así evitamos loitas i debates políticos, e aprobamos un novo orzamento en Xaneiro do 2.015. Deste xeito o grupo de goberno presentase ás eleccións locais có menor desgaste posible.

A opción 2ª xenera moito desgaste, sobre todo para quenes deben presenta-la moción de censura por non aproba-los orzamentos,... pero tamén desgasta a quen vincula unha moción de confianza,... Pero en ambos casos hai un período temporal de paralisis administrativa. A opción 1ª é algo así como unha entrada da 2ª, pero con menor desgaste para ambas partes, é a máis neutra das tres.

Creemos que todos o comprenderon; a decisión final correspondelle ó Sr. Alcalde: ¿arriesgarse ou mantela calma i esperar?; ¿non será que a alguen se lle remata o tempo do protagonismo local?

Mirador do Monte Ancos, a 21  de Febreiro do 2.014.
Alberto Mate Maduro. Inspector en prácticas del Consello Galego de Contas, Delegación comarcal de Vilapene (Lugo; España)

No hay comentarios:

Publicar un comentario