lunes, 17 de febrero de 2014

Suficientemente capacitado



CHANCHONADA  209º

Suficientemente capacitado.





Digamos que somos o Alcalde do concello Chancholandia; somos un concello mediano a pequeno, con pouco persoal administrativo,... e temos como funcionario de habilitación nacional a un secretario-interventor (un funcionario que realiza as dúas funcións conxuntamente). Supoñamos que o noso secretario-interventor un día pola mañán erguese do seu leito con 39º de febre, está moi doente e sobre delirios,... asiq que avisa que non vai poder acudir ó posto de traballo durante varios días, pois está doente e o médico recetoulle varios días de repouso, acompañado da medicación precisa,...

Pero, esa mañan temos reunión da comisión de goberno, temos que aprobar un plan de obras, urxe facelo pois estamos nos últimos días de presentarllo ante a Consellería de Obras Públicas da Xunta de Galicia,... temos proxectado neses plan de obras unha serie de melloras moi importantes para o noso pobo. A ausencia do noso secretario-interventor supón un pequeno gran caos dentro do nosos Concello, pos legalmente necesitamos a presencia do mesmo, necesitamos a súa sinatura nos documentos oficiais a remitir á Conselleria de Obras Públicas,... ¿Qué facer?; levarlle os papeis ó domicilio do doente para que os asine, non parece o máis axeitado.

O fórmula máis sinxela e máis extendida, ven sendo nomear temporalmente e accidentalmente a un funcionario do Concello para cubrir esas función durante un tempo; sempre que o funcionario do concello sexa “suficientemente capacitado”,.... Pero que este termo legal é tan ambiguo, que xenera certas “inconcruencias legais”.

Coa nova redacción do artigo 92º bis que trae a Lei de Reforma e Sostenibilidade da Administración Local; pois o anterior non se poderá facer.

artigo 92º bis:
“Funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional. … 7. Las Comunidades Autónomas efectuarán, de acuerdo con la normativa establecida por la Administración del Estado, los nombramientos provisionales de funcionarios con habilitación de carácter nacional, así como las comisiones de servicios, acumulaciones, nombramientos de personal interino y de personal accidental.”

Só que coñecendo a eficiencia da Administración Autonómica, moito nos tememos que como o Alcalde que somo do Concello de Chancholandia, debemos de voltar a colle-lo artigo 33º do Real Decreto 1.732/1.994:
“Cuando no fuese posible la provisión del puesto por los procedimientos previstos en los artículos anteriores del presente Real Decreto, las Corporaciones locales podrán nombrar con carácter accidental a uno de sus funcionarios suficientemente capacitado…”

Pero, nós entendemos que legalmente esta norma xurídica i este artigo xa non ten vixencia; pois hai unha norma de rango superior, máis actual que a invalida. Pero nós temos máis dudas: ¿en qué plazo temporal debe a Administración Autonómica facer este nomeamento provisional?, ¿collerá funcionarios suficientemente capacitados da súa plantilla?; ¿recurrirá a nomear a outro funcionario de habilitación nacional doutro concello en comisión de servicios?,... Lamentablemente a nova Lei, non recolle nada disto, simplemente agranda a lagoa existente; parace que en vez de resolve-lo problema, máis ben chega para complicalo.

Nun país normal i normalizado, o Ministerio das Administración Públicas, debería ter unha plantilla máis que suficiente de funcionarios de habilitación nacional, para así cubri-las necesidades de sustitución en todo momento, i sobre todo dun xeito áxil. Ante todo ser prácticos. Outra opción son as “comisións de servicios” dos funcionarios de habilitación nacional dos concellos máis próximos,... Solucións legais, máis prácticas as hai; pero aquí a cuestión dos nosos lexisladores non é resolver problemas, a cuestión é complicalos i mantelos no tempo.

Ou sexa a nova Lei de Reforma e Sostenibilidade da Administración Local, soluciona poucos problemas dos nosos Concellos, outros os deixa no aire sen solución,... semella estar feita para encher de contido as Diputacións Provinciais a conta dos concellos pequenos e medianos,.... Dende logo un nome moi pomposo para ben pouco.


Mirador do Monte Ancos, a 17  de Febreiro do 2.014.
Alberto Mate Maduro. Inspector en prácticas del Consello Galego de Contas, Delegación comarcal de Vilapene (Lugo; España)





No hay comentarios:

Publicar un comentario