CHANCHONADA 203º
Os monigotes.
Na Vila da Guarda hai unha edificación noble, con
perto de 100 anos, con fachada de pedra; ten catro ventanais na mesma (un deles
hoxe é unha porta), dous a cada lado da porta principal; na parte superior
deses ventanais hai uns arcos (figura construcitiva arquitectónica),... como
todos sabemos a pedra principal dun arco é a dovela, a pedra que pecha o arco na súa parte superior. Pois
esta casa, nas súas dovelas hai talladas unhas figuras en forma de lazo,...
pero se as ollades a certa distancia (+20 m), a figura como tal semella ser un
monigote.
Todos sabemos que o monigote é esa figura de papel
que recortamos de nenos na escola; esa figura que se colga no día dos
inocentes. Según o diccionario da RAE, monigote é:
1º) Persoa ignorante, rude, de ningunha
representación e valor.
2º) Persoa sen carácter, que se deixa manexar por
outras.
3º) Muñeco ou figura rídicula feita de trapo,
papel ou outro elemento de escaso valor.
¿Sábedes que edificio da Guarda ten 4 monigotes na
súa fachada?
Nestes días temos leido no xornal, en certas
asambleas informativas a nova sobre a sentencia do Xulgado do Social, pola cal
condena á empresa (Colexio San Xerome Emiliani) á readmisión dos empregados
despedidos en Abril do 2.013 e abono dos salarios non percibidos dende esa
data; de non proceder á empresa, os empregados terán dereito a indemnizacións
que van dende os 16.500€, ata os 67.357€,... totalizando perto dos 139.000€.
Unha cousa está crara, a situación económica do
Colexio San Xerome non é para tirar foguetes,... en gran parte por culpa da
xerencia,... pero moi posiblemente recurran a sentencia, e procedan a non
admisión dos empregados, que é o máis posible, isto conleva o empeoramente da
situación de precaridade económica. Polo tanto, os
traballadores despedidos non gañan, (pero non perden todo), o colexio apenas
gaña nada, pero perde moito.
Gran parte do problema ten o inicio por unha modificación laboral feita de maneira unilateral pola empresa. A orixe está na modificación que no mes de Decembro do 2.008 fai a empresa (Colexio San Xerome Emiliani) sobre as condicións de traballo de 17 empregados, estabrecendo a xornada laboral en 38 horas/semanais. Os empregados nunha demanda en materia de conflicto colectivo no Xulgado do Social nº 2 de Vigo (procedemento 105/2.009), a sentencia declara nula as imposicións da empresa e está obrigada a voltar ós horarios e xornadas anteriores.
Entre o 24 de Maio e 1 de Xullo do 2.010 hai un período de consultas entre a dirección e xerencia do Colexio San Xerome cós empregados, có fin de amplia-lo horario de traballo. Pero non se acada un acordo entre as parte. O 29 de Xullo do 2.010, a xerencia e dirección do Centro comunica por carta ós empregados o novo horario de traballo que vai rexir a partir do 1 de Setembro do 2.010; facendo unha xornada de 38,35 horas por semana; medida que lle afecta a 21 dos 42 empregados que ten o Colexio San Xerome Emiliani. Unha parte destes empregados finalmente aceptan esta imposición; outros aceptan facer certas horas a máis con carácter voluntario durante o fin de semana,... Pero outros nunca aceptaron esa imposición que vulneraba a sentencia do Xulgado do Social nº 2 de Vigo; dándolle entrada o 28 de Febreiro do 2.011 a unha apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galcia.
Sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galcia 3.475/2.011 do 21 de Xullo, falla en contra da empresa (Colexio San Xerome Emiliani), e dalle a razóns os empregados, que defenden os seus dereitos recollidos no seu Convenio Colectivo; condenando ó Colexio a voltar as condicións laborais orixinais.
Aquí tratamos de facer un resumo explicativo do contencioso xurídico legal que houbo entre as parte litixantes: traballadores contra a dirección do Colexio. Pero polo medio, parte da estratexia de defensa por parte do sindicato estivo en custiona-lo xeito de administra-lo colexio que fai a actual xerencia e administración,... aquí, xa estamos entrando nun terreo esvaradizo. Dende logo están no seu dereito de facer crítica e opinión sobre a forma, xeito de administrar que ten a actual xerencia,... pero tamén tiveron a oportunidade de presentarse como alternativa de goberno e administración á actual xerencia. Pero foron incapaces de presentarse como tal.
Non sabemos, nin eles explican se houbo tal intento de ser opción de goberno, en caso de intentalo dos apoios acadados, de non tentar ser opción de goberno, cales foron os motivos: medo escénico, incapacidade para asumir responsabilidades, medo a non ser capacer de redirixi-la administración económica,... A consecuencia de todo isto é que o Colexio vai afundindose, perdendo apoios sociais, a dirección e xerencia tamén perdeu querencia entre a sociedade, que redunda en menos apoios para o Colexio, sobre todo dentro das casas municipais do Rosal e da Guarda,... Hoxe hai unha imaxe ou idea (que non ten por que ser real), pero que parte da sociedade a percebe así: os nenos e rapaces do Colexio non son importantes, as súas familias támpouco,... pero hai moi bós soldiños ali dentro e todos queren meter culler para comer.
Cada un de vostedes que quite a súa conclusión;
nós pensamos que son os nenos e familiares quen máis perderon, os demáis pouco
perderon. Agora voltamos sobre o acertixo enigmático do inicio: ¿Sábedes que edificio da Guarda ten 4 monigotes na súa
fachada?
A solución é: o Colexio San Xerome Emiliani. Na fachada nobre, esa feita en pedra que asoma na rúa Galicia; debedes de ollala un pouco más lonxe do que está a cafetería “Oasis”. Outra cousa é sobre quen son monigotes, si estes ou aqueles,... Nós non poñeremos nomes, pero hai varios monigotes ali dentro e tamén por fora.
Mirador do Monte Ancos, a 5 de Febreiro do 2.014.
Delmiro
Paz Sacrosanta. Director de Producción, de la fábrica de
ataudes, “El Descanso Divino” (Ciudad de Cementerio, Departamento de Curicó;
Chile)
No hay comentarios:
Publicar un comentario