sábado, 15 de febrero de 2014

Ahorita o luego



CHANCHONADA  208º

Ahorita o luego.





Cando un gachupín de aquí, do Reino de Gachupilandia (España), viaxa por diversas custións profesionais, familiares, turísticas,... ós Estados Unidos a Chilangolandia (México); unha das grandes experiencias que ten por diante é percatarse do diferente uso e contido dos adverbios temporais: Ahora e Luego.

Na Gachupilandia: Ahora ten un curto espacio temporal de duración, prácticamente inmediato; pero Luego ten unha duración maior e indeterminada no seu espacio temporal. En Chilangolandia: Ahora é unha duración temporal longa, a maioría das vesces moi longa (sobre todo cando usa a forma en diminutivo: “ahorita”); pero Luego é dunha duración temporal moi curta. Como vemos funcionan xustamente ó reves. Nas outras repúblicas irmáns, que están ó sur dos Estados Unidos de Chilangolandia, Ahora e Luego, por sorte teñen o mesmo significado que no Reino de Gachupilandia.



Así, as veces que estes gachupíns visitaban ó seu primo regiomontano (un dos estados de Chilangolandia); cando nos decían ahora, aburriamonos de esperar i esperar,... pero cando nos decían Luego, xa nos aprestabamos a irnos i para sorpresa, xa nos atendían.... ¡¡Hoxe xa sabemos que os usos deste adverbios temporais marcan tempos diametralmente opostos!!

Fai varios artigos, falamos do “Efecto Nadal”, para ver si a campña de comercio do Nadal e a posterior campaña de rebaixas tiña un efecto sobre o mercado laboral,... Lamentablemente descubirmos que non ten efecto algún sobre os datos do paro, non se crean postos de traballo,... e isto acontece por igual durante os anos económicamente bós, así como nos anos de crisis. O “Efecto Nadal” comparamos os datos de desemprego do mes de Novembro cós de Xaneiro,... en 9 anos de datos, este “Efecto Nadal” só funcionou dúas veces no Rosal (invernos do 2.005-6 e do 2.012-13).

¿Qué aconteceu có “Efecto Nadal” neste inverno 2.013-14?

                Efecto Nadal  2.013-14
A  Guarda:            +77 parados.
Oia:                        +40 parados.
O  Rosal:               +33 parados.
Tomiño:                 +119 parados.
Tui:                        +101 parados.
Foz do Miño:        +150 parados.
Baixo Miño:          +370 parados.

Como vemos, a campaña navideña de comercio, rebaixas,... non xenera emprego; isto é consecuencia que a inmensa maioría do comercio local que temos está formada por microempresas, onde o seu titular é empresario i traballador ó mesmo tempo (autónomos que xenerán o seu propio emprego); as posibilidades de xenerar empregos con esta estructura é moi reducida.

Este ano, varios concellos puxerón en marcha un “pseudo plan de emprego” con fondos da Xunta de Galicia ou da Deputación de Pontevedra,... o resultado xa se ve, non incide no mercado laboral, nin no tecido industrial, nen comercial,... este “peseudo plan de emprego” ten por obxectivos: buscar empregados baratos para os Concellos en tareas sen necesidade de cualificación (barrendeiros e similares), e indirectamente colocar a certos achegados,... (aqueles que receben unha carta de invitación do INEM para participar no proceso de selección),... Esta forma de selecciona-lo persoal para contratar podería estar fóra da Lei, ser ilegal e as autoridades e funcionarios poderían estar prevaricando,...

A nosa conclusión final, é que ante un problema tan grave como o do desemprego, a cidadanía reclama solucións para AHORA (na medida temporal que se usa no Reino de Gachupilandia), pero os nosos gobernantes locais responde con un AHORITA MISMO  (na medida temporal que se usa nos Estados Unidos a Chilangolandia). Cada vez é maior a distancia entre “os de arriba” e “os de abaixo”.

O resultado final deste desencontro de adverbios temporais, é que os nosos mozos van emigrando, i vamos entrando nun proceso onde perdemos a boa parte dos integrantes de varias xeracións, marchan persoas moi ben preparadas,.... O resultado previsible é que esta comarca se converta nunha terra de vellos, xubilados,... ainda estamos a tempo de evitar entrar nesta vía suicida, pero semella que os nosos gobernantes, non lles importa nada este problema. ¡¡¡Menuda herencia van a receber os concelleiros que entren en Maio do 2.015!!!



Mirador do Monte Ancos, a 15  de Febreiro do 2.014.
Francisco  Jones Gallego (PACO JONES) . Ingeniero de producción y transporte de crudo de la TEXACO  JONES OIL (CorpusChristi; Texas, USA).

No hay comentarios:

Publicar un comentario