lunes, 3 de febrero de 2014

A excusadora indomable



CHANCHONADA  202º

A excusadora indomable.






Dende Setembro do 2.007, a Sra Montserrat Magallanes ata hoxe, ou sexa 6 anos e 6 meses ven enunciando, repetindo, reiterando,... sempre a mesma excusa para cubri-la tardanza na elaboración do orzamentos do Concello da Guarda, na rendición da Conta Anual, na rendición de contas sobre os diferentes servicios do Concello da Guarda,... “La excasez de medios materiales y humanos del Servicio de Intervención de este Concello, dificultan mucho una buena gestión de los temás económicos,... además el personal aún no está adaptado al nuevo progrma informático de contablidad, por lo que requerirá un tiempo para adaptarse al mismo,... pero gracias a mis esfuerzos somos capaces de llevarlos adelante.”

Xa leva moitos anos con estas excusas, ou moi similares; peroa verdade é que durante este período de tempo non fixo nada para remedía-lo problema: aumenta-la dotación humana no Servicio de Intervención, nin a dotación de material,... Realmente o problema podería ser a escasez de persoal, pero tamén a inutilidade dalgúns dos profesionais deses servicio,... Na empresa privada, en poucos días xa estamos adaptados ós novos programas informáticos, pero o persoal do Concello requiren anos, e anos,... Funcionario que non funciona é un inutil, e o inutil vai para o caldeiro do lixo. ¿O entende Sra. Montserrat Magallanes?

A súa sorte foi que durante anos, os seus compañeiros de oposición non eran competentes en matería económica; polo que estas mentiras colaban unha e outra vez; agora parece que xa non as tragan, polo menos unha parte da oposición, pois a parte maioritaria da oposición (PP)  segue na postura de porse de rodillas e comulgar coas súas rodas de muiño.

Queridas Sras. Montserrat Magallanes e Fátima Iglesias; imos a expoñerlles o escrito na Disposición Adicional 7º da Lei 27/2.013 de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local.

1º) A Intervención Xeral da Administración do Estado poderá asumir, previa formalización do oportuno convenio coa Entidade Local interesada, a realización de actuacións de apoio, encamiñadas a reforza-la autonomía i eficacia dos órganos responsables do control e fiscalización interna da xestión económica-financiera, contables e orzamentaria no ámbeto da Entidade Local.

Querida Sra. Montserrat Magallanes, de ser certa a súa tan reiterada excusa, pois aquí ten unha solución legal, onde a Administración do Estado lle ofrece a cooperación. Voste de pode face-las seguintes opcións:
A)          Acollerse a esta opción; o cal demostraría que a súa excusa é certa, e vostede responsablemente busca unha solución. Nós non a criticaremos.
B)           Non acollerse a esta opción. Isto demostraría que a súa excusa só é iso unha excusa para cala-la boca dos ignorantes da oposición, coa complicidade dos seus compañeiros do PSOE. Pero isto implica tres cousas:
C)           Os asuntos económicos do Concello da Guarda non lle interesan ó PSOE.
D)          Mantendo o Servicio de Intervención baixo mínimos é unha forma de ocultar información á opisición, e indirectamente ós veciños.
E)           Retrasando a información da situación económica do Concello, é un xeito de ir gañando tempo para o Goberno do PSOE en minoria; logrando o apoio ignorante e incondicional do PP guardés.

¿Aprendeu algo Sra. Fátima Iglesias?; están aproveitándose da súa ignorancia, das súas boas intencións, da súa “responsabilidade”, para manterse no cargo, non lle comunican a vostede a verdade, só medias verdades rodeadas de fermosas mentiras,... A vostede a teñen engañada; ¿Por qué non lle vota un vistazao ó seu Programa Electoral de Maio do 2.011?; ¿esqueceu vostede o seu Programa Electoral?

Querida Sra. Fátima Iglesias; responsabilizarse das irresponsabilidades e incompetencias de outros é toda unha solemne parvada. Isto é algo similar como aqueles alumnos que aprobaron, i en sinal de solidaridade cós seus compañeiros suspensos, solicitarlle ó profesor que poña un “suspenso xeral” para todos,... Cada un ten que facerse responsable do que fai; nós facemonos responsables do que nós facemos,... Pero nunca faremonos responsables do que fan outros. ¿Qué parte disto vostede non entende?

Lembra vostede o famoso refrán: “Dime con quen andas, e te direi quen eres”.  Se o grupo municipal do PP da Guarda, anda moito e moi xunto có PSOE,... ¿Non rematarán por pensar moitos votantes populares  e veciños que son vostedes unha filial do PSOE?. Lembre que unha excusa é unha forma de eludi-lo cumprimento dunha obrigación, sexa esta pasada ou presente, ou para disculpar calqueira forma de descoñecemento. ¿Non está obrigada vostede a cumplir cós seus votantes?

Séneca: “Súfrase, e non se reprenda o que escusar non se pode”.

Mirador do Monte Ancos, a 3 de Febreiro do 2.014.
Alberto Comino Grande.  Profesor de Etica en la Facultad de Psicología de la Universidad de Villanueva del Pardillo (Madrid; España)



No hay comentarios:

Publicar un comentario