CHANCHONADA 210º
Productividade Novembro 2.013.
En Agosto do 2.013 facíamos o cálculo da
productividade dos concelleiros e grupos políticos do Concello da Guarda; logo
o 4 de Xaneiro do 2.014 actualizamos os datos (Chanchonada 187º); hoxe imos a
facer unha actualización dos datos en referencia ó Pleno do 29 de Novembro do
2.013. Así tamén veremos como pechou o ano 2.013. Para que lembremos, usamos os
seguintes ratios e ecuacións matemáticas:
Rendimiento productivo do grupo municipal = [ x (M) + y (N) + w (P) ] – Z
Eficacia
temporal do grupo municipal = { [
x (M) + y (N) + w (P) ] – Z } / nº de meses
Ratio
de eficiencia por edil = { Eficacia temporal do grupo } / nº de
concelleiros.
(mide
o traballo que aporta cada edil ó grupo, ó longo de todo o período temporal)
Nós
traballamos coa siguiente puntuación:
M =
mocións que versan sobre A Guarda;
valor +10 puntos.
N =
mocións que non versan sobre A Guarda;
valor +1 punto.
P = mocións
que son aprobadas; valor +2 puntos.
Z
= ausencia do Pleno de un edil,
total valor de -1 punto
Ata Novembro do 2.013: 8 mocións
PSOE (8 concelleiros) : 1 moción da Guarda e 7 mocións fóraneas. (12,5% do traballo é sobre A
Guarda)
Ata Novembro do 2.013: 8 mocións; (sen variacións respecto ó mes anterior)
PP (6 concelleiros) : 8 mocións da Guarda . (100% do traballo é sobre A Guarda)
Ata Novembro do 2.013: 53 mocións
BNG (2 concelleiros) : 8 mocións da Guarda e 45 mocións fóraneas. (15,1%
do traballo é sobre A Guarda)
Ata Novembro do 2.013: 50 mocións
CG (1
concelleira) : 38 mocións da Guarda e 12 mocións fóraneas. (76% do
traballo é sobre A Guarda)
Rendimento
productivo do grupo =
PSOE = 35 ptos.
PP = 89 ptos. BNG = 203 ptos. CG = 437 pts.
Eficacia
temporal do grupo (30 meses, ata Decembro 2.013) =
PSOE = 1,16 ptos. PP =
2,96 ptos. BNG = 6,76 ptos. CG = 14,56 pts.
Ratio de eficencia por edil =
PSOE = 0,145 ptos. PP =
0,49 ptos. BNG = 3,38 ptos. CG = 14,56 pts.
Relación de mocións do Pleno Ordinario do 29 de Novembro
do 2.013:
RE 5.595 Asunción do copago sanitario dos
veciños da Guarda (Converxencia Galega; non prospera).
RE 5.652 Retirada contas bancarias
municipais de NGB en solidariades cós veciños (Converxencia; non prospera).
RE 5.679 Plan de Emprego Local (Converxencia Galega; aprobada).
RE 5.835 Contra o canón de Sogama, nos
impostos municipais (Converxencia Galega; aprobada).
RE 5.837 Censo de camiños de díficl
acceso (Converxencia Galega; non prospera).
RE 6.001 Eliminación do copago sanitario dos
doentes crónicos na sanidade pública (BNG; aprobada).
RE 6.040 Día Internacional da Non Violencia
contra a Muller (BNG; aprobada).
RE 6.088 Rexeitar copago de fármacos
hospitalarios na sanidade pública (PSOE; non aprobada).
RE 6.089 Instar á Xunta a non subir canón de
Sogama (PSOE; aprobada).
RE 6.097 Apoio á querella da xuiz arxentina contra
os crimes do franquismo (BNG; aprobada).
RE 6.098 Orde de oaralización da venda de NGB
(BNG; aprobada).
RE 6.162 Contra a subida da Xunta do canón de
Sogama (BNG; non prospera).
RE 6.185 Instar á Xunta á incrementalo SAF
dos concellos menores de 20.000 hab. (BNG; aprobada).
RE 6.270 Elaborar unha Ordenanza de
Inspección Técnica de Edificios (Converxencia Galega; sobre a mesa).
RE 6.329 Contra a impunidade da marea negra
do Prestige (BNG; aprobada).
RE 6.361 Día Internacional contra a violencia
de xenero (PSOE; aprobada).
RE 6.418 Apoio económico para a Real Academia
Galega (Converxencia Galega; aprobada).
Vemos como: o
PP local segue instalado na súa posisicón ou postura de non traer iniciativas,
prospostas,... a pesar de ser o grupo maioritario da oposición é que
ofrece menos traballo realizado,.... A nós isto non nos extraña, despois de
todo no seu programa electoral non había nada de nada.
Temos que destacar tres cousas:
1º) Moción 5.652
de Converxencia Galega sobre retirar contas do Concello de NGB, para apoiar ós
veciños afectados polas preferentes; como medida de presión pode ter certo
efecto ou efectividade puntual. A moción non foi aprobada; pero nestes días,
pola “presión” da Plataforma de Afectados do Baixo Miño, vemos como a opinión
do PSOE e do BNG ten mudado i agora están dispostos a retira-las contas
bancarias. Mudaron de opinión en apenas 4 meses.
2º) Moción 5.679; queremos felicitar á concelleria de
Converxencia Galega, por insistir có tema do Plan de Emprego Local,... e o resto
da corporación tamén por aprobar este tema. Señores agora hai
que levalo á práctica. Por fin dan un paso para loitar contra o desemprego.
3º) Moción 6.097. Dende logo Sr. Xan Lois
Lomba dende logo vostede é un parlamentario frustrado, o Concello da Guarda
quedáselle pequeno, os nosos problemas xa vemos que non son do seu interese,...
Pos nós pode deixa-la cadeira valeira e irse, total para o que fai, dende logo
a súa ausencia non se vai notar. Xa sei que vai enfadarse, pero os números indican que o BNG é o que
menos traballo e iniciativas aporta sobre A Guarda. Seguen vostedes
vivindo nun mundo irreal, ¿cal será a nova chorrada para os vindeiros meses?;
¿instar a unha condena internacional ós portugueses i españois por contaxiar de
ladillas ós aborixenes américanos fai 500 anos?,....
4º) Outro
dato que destaca, son as escasas
iniciativas ou propostas que tanto PSOE como BNG traen sobre A Guarda;
¿será por que non lles interesan os temas e problemas da Guarda?, ¿será que
esquecerón que son membros da Corporación do Concello da Guarda?,....
¡¡¡SEÑORES MÁIS SERIEDADE!!!
Mirador do Monte Ancos, a 19 de Febreiro do 2.014.
Amador
Felicidade Eterna. Director de Comunicación de la revista de
eventos sociales y religiosos, “La Santa
Paciencia” (Amadora, Distrito de Lisboa; Portugal)
No hay comentarios:
Publicar un comentario