jueves, 13 de febrero de 2014

Paro en Xaneiro 2.014



CHANCHONADA  207º

Paro en Xaneiro 2.014.






Datos do desemprego de Xeneiro do 2.014; o estudio que facemos nos concellos do Baixo Miño, iniciamos o ano 2.014 cunha subida no desemprego no Baixo Miño de +142 parados, o paro sube en tódolos concellos, coa excepción de Oia. Abrimos o ano 2.014 con 6.402 parados no Baixo Miño (17 menos que no ano anterior) i temos 2.233 parados na zona da Foz do Miño (11 parados menos que no ano anterior). Un dos datos máis destacables é que A Guarda está en máximos históricos no número de parados.

A Guarda  en Xaneiro de 2.014  = 1.081 parados  (Homes 541 e Mulleres 540)
Menores de 25 = 69 (Homes 36 e Mulleres 33)
Entre 25 e 44 = 574 (Homes 277 e Mulleres 297) (53,1% do total de desempregados)
Maiores de 45 =  438 (Homes 228 e Mulleres 210)
Agricultura = 158
Industria = 125
Construcción = 122
Servicios = 607  (56,15% do total de desempregados)
Sin emprego =  69        

Na Guarda o paro sube en 25 persoas, sube o paro en tódolos grupos de sexos; pero moi especialmente na poboación masculina i sobre todo nos maiores de 25 anos. Menores de 25 anos hai 3 novos empregos, persoas de 25 a 44 anos hai +19 parados (15 deles son varóns), e maiores de 44 anos +9 parados (6 deles son varóns). Na agricultura e pesca hai unha creación de 19 empregos, industria +6 parados, construcción +8 parados, servicios +31 parados, hai un novo no gurpo de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro sube nun +2,36%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro sube un +2,46%, con +26  parados. O paro na Guarda neste intre está rexistrando os seus máximos históricos; isto debería facer reflexionar ás persoas que coupan cargos importantes na Casa da Praza do Reló .

 O  Rosal  en Xaneiro de 2.014  = 784 parados  (Homes 388 e Mulleres 396)
Menores de 25 = 57 (Homes 30 e Mulleres 27)
Entre 25 e 44 = 371 (Homes 191 e Mulleres 180) (47,32% do total de desempregados)
Maiores de 45 =  356 (Homes 167 e Mulleres 189)

Agricultura = 111
Industria = 122
Construcción = 133
Servicios = 375 (47,83% do total de desempregados)
Sin emprego =  43

No Rosal o paro sube en 4 persoas, só hai subidas na poboación masculina de 25 a 44 anos, e na feminina maior de 44 anos. Os datos do Rosal merecen un estudio a parte, para explicar certas cousas. Agricultura 1 novo emprego, industria +3 parados, construcción +4 parados, servicios 4 novos empregos e +2 parados no grupo de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro sube nun +0,51%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -3,45%, con -28 parados. Realmente é casi un bó dato o de O Rosal, pero imos a explicar certos datos porque non cuadran.


Oia    en Xaneiro de 2.014  = 368 parados  (Homes 193 e Mulleres 175)
                Menores de 25 = 24 (Homes 14 e Mulleres 10)
                Entre 25 e 44 = 203 (Homes 102 e Mulleres 101)  (55,16% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  141 (Homes 77 e Mulleres 64)

                Agricultura = 52
                Industria = 34
                Construcción = 52
                Servicios = 194  (52,72% do total de desempregados)
                Sin emprego =  36

En Oia o paro baixa en 3 persoas, é o concello miñoto que rexistra descenso no número de parados; sube en os varóns menores de 25 anos i a mulleres maiores 44 anos. Agricultura hai +2 parados, industria 2 novos empregos, construcción 6 novos empregos, servicios +1 parado e +2 parados no grupo de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -0,80%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -2,87%, con -9 parados. Hai que recoñecer que Oia movese dun xeito distinto ós seus concellos veciños, pero destaca e moito por ter menor paro feminino.


 Tomiño    en Xaneiro de 2.014  = 1.846 parados  (Homes 931 e Mulleres 915)
                Menores de 25 = 160 (Homes 84 e Mulleres 76)
                Entre 25 e 44 = 873 (Homes 420 e Mulleres 453)  (47,29% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  813 (Homes 427 e Mulleres 386)

                Agricultura = 218
                Industria = 268
                Construcción = 326
                Servicios = 899  (48,7% do total de desempregados)
                Sin emprego =  135
               
En Tomiño o paro sube en 60 persoas, sube o desemprego en tódolos grupos de poboación e idades, tamén moi especialmente na poboación masculina (76% dos novos parados tomiñeses son varóns); sube en +4 parados a poboación menor de 25 anos, +33 parados a poboación de 25 a 44 anos (80% deles son varóns), e +23 parados na poboación maior de 45 anos (18 son varóns). Agricultura +11 parados, industria 2 novos empregos, construcción +21 parados, servicios +34 parados e 4 novos empregos no grupo de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro sube un +3,36%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego baixa en -13 parados, un -0,07%. Tomiño é un dos concellos onde o crecemento do paro na poboación masculina foi máis intenso; dende fai uns meses o crecemento do paro está rexistrando un novo movemento alcista i acelerado.

Tui    en Xaneiro de 2.014  = 2. 323 parados  (Homes 1.053 e Mulleres 1.270)
                Menores de 25 = 183 (Homes 108 e Mulleres 75)
                Entre 25 e 44 = 1.204 (Homes 522 e Mulleres 682)  (51,83% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  936 (Homes 423 e Mulleres 513)

                Agricultura = 102
                Industria = 392
                Construcción = 320
                Servicios = 1.249 (53,76% do total de desempregados)
                Sin emprego =  260
               
En Tui o paro sube en 56 persoas. Sube o paro en tódolos grupos de idades i sexos (exceepto mulleres menores de 25 anos), tamén moi especialmente na poboación feminina, é o concello miñoto onde o paro feminino é porcentualmente máis alto. Na poboación menor de 25 anos hai +8 parados, na poboación de 25 a 44 anos hai +45 parados, e +3 parados na poboación maior de 45 anos. Agricultura +3 parados, industria +11 parados, construcción 14 novos empregos, servicios +51 parados e hai +5 paradoso no grupo de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro sube un +2,47%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego sube en +7 parados, un +0,3%. Tamén está a presentar un certo crecemento acelerado nos últimos meses; pero debería prestar atención á poboación feminina.


1º)  Que o paro na Guarda se atope ne máximos históricos, non é para festexar; pero os señores gobernantes deberían reflexionar i actuar. Levan anos nunha actitude pasiva; ¿estarán paralizados polo medo?
2º)  Eses “pseudo plans de emprego montados pola Deputación Provincial”, realmente cós datos na man non serven para nada, para “enchufar” a catro amigotes, amañando o proceso selectivo.
3º)  Cós datos acumulados, xa é evidente que o paro na Guarda e sobre todo no Rosal baixa dun xeito máis intenso que os contratos realizados,... isto é unha sinal indirecta do proceso migratorio que está acontecendo.
4º)  Respecto ó paro por sexos; na Guarda e Rosal hai un equilibrio entre ambos grupos de poboación; Tomiño i especialmente Oia é onde o paro feminino é menor. Tui presenta o extremo oposto, onde o paro feminino é maior.
5º)  Ese certo nivel de “dinamismo emigratorio” que hai na Guarda e Rosal (os datos de Oia están por confirmar), fai que Tomiño e Tui aporten +80% dos novos parados cando hai destrucción de emprego; pero cando chega a fase de crear novos empregos, a aportación de Tomiño e Tui é moi menor porcentualmente. A pregunta é, ¿cándo se incorporarán Tomiño e Tui ó novo “dinamismo emigratorio”?
6º)  O “Efecto Nadal” como xa é pauta, non funcionou; non hai creación de emprego durante o Nadal, nen durante a tempada de rebaixas no comercio. Nos anos de bonanza económica, non funcionaba este “Efecto Nadal”, nos anos crisis menos.


Mirador do Monte Ancos, a 13  de Febreiro do 2.014.
Miguel  Mato  Mucho.  Director Ejecutivo de la Funeraria “El Descanso Eterno”, con sede central en Calaveras de Arriba y Abajo (León; España).







No hay comentarios:

Publicar un comentario