CHANCHONADA 170º
Torniquete tudense.
Nestes días de frío, comenza a retomarse unha tradición moi galego-portuguesa: destilar a nivel privado aguardente; nas súas dúas versións (aguardente branca e con herbas), logo tocaralle a elaboración doutro licor moi propio dos galegos: licor café.
Aínda que é unha tradición moi nosa, sempre tivo
os seus problemas coas Facenda. Algo similar lle pasan ós escoceses, tamén ós
gringos que elaboran clandestinamente ese whisky casero (moonshiners é como se
lles coñece popularmente). Tamén en Rusia e Ucrania temos outra rama que se
adica a destilación caseira e artesanal de licores; o licor artesanal máis famoso de Rusia é o “samogón” (un aguardente
caseiro), legalmente un pode producilo para autoconsumo, pero a súa
comercialización é ilegal. Come vedes nisto todas as Facendas son igualiñas, só
queren cobrar impostos.
No mercado clandestino, un litro de “samogón” pode
custar sobre 40 a
50 rublos (de 1€ a 1,20€); en comparación que unha botella de medio litro de
vodka dunha marca recoñecida custa sobre 170 rublos (4,20€); hasta un tonto ve
que hai moita marxe para facer negocio. O aparello usado para facer esta destilación
custa sobre uns 15.000 rublos (375€); a maioría dos aparellos de destilación
son importados dun país con gran experiencia e tradición nesta materia:
Portugal.
Como vemos hai máis semellanzas entre os nosos pobos,
de tan supostamente diferentes culturas. A nosa preferencia esté en catar todos
estes licores caseriros. Pola nosa banda nós estamos por que exista un “Día Mundial do Mestre Destilador, Cerveceiro e Bodegueiro”; por moito que se empeñen en anularnos, isto
forma parte da nosa cultura ancestral, e moi posiblemente da nosa base
xenética.
Agora toca centrarse na temática municipal. Imos a
falar dos diñeiros que os nosos concellos teñen nas contas bancarias, e imos a
explicar algúns conceptos que a inmensa maioría dos concelleiros e alcaldes que
temos non entenden.
Fondo de
Tesourería: diñeiro líquido que hai nas contas bancarias (saldo que a final de
ano hai nas diferentes conatass bancarias de cada concello).
Remanente
de Tesourería: no saldo do Fondo de Tesourería temos que restarlle as obrigacións que
temos pendientes de pagar a final de ano (saldo
final menos deudas pendientes de pago). Isto é importante porque sinala o marxe de maniobra, ou solvencia,
que ten de liquidez cada concello.
Polo tanto, é evidente que canto menos deudas
teñan pendientes de pagar a final de ano, máis remanente de teousería teremos,
polo tanto canto maior sexa o remanente, maior é a solvencia.
A Guarda: F. Tesourería Remanente %Solvencia
2.009 1.338.500€ 864.900€ 64,6%
2.010 1.280.500€ 280.200€ 21,88%
2.011 1.281.300€ 113.500€ 8,85%
2.012 974.100€ 462.500€ 47,5%
Oia: F.
Tesourería Remanente %Solvencia
2.009 1.298.700€ -64.000€ 0%
2.010 727.200€ -474.000€ 0%
2.011 1.053.700€ 565.800€ 53,7%
2.012 751.400€ 655.000€ 87,17%
O Rosal: F.
Tesourería Remanente %Solvencia
2.009 19.900€ 19.200€ 96,5%
2.010 136.200€ 200€ 0,15%
2.011 251.400€ 49.900€ 19,85%
2.012 100.000€ 33.600€ 33,6%
Tomiño: F.
Tesourería Remanente %Solvencia
2.009 2.395.400€ 121.600€ 5,07%
2.010 3.018.700€ 496.800€ 16,46%
2.011 1.327.000€ 480.300€ 36,19%
2.012 2.901.600€ 1.815.900€ 62,58%
Tui: F.
Tesourería Remanente %Solvencia
2.009 1.242.700€ 555.300€ 44,68%
2.010 2.061.900€ 1.542.600€ 74,81%
2.011 1.234.900€ 777.400€ 62,95%
2.012 2.323.900€ 1.834.600€ 78,9%
Só os concellos da Guarda, Tomiño e Tui, mantenen
durante este período de crisis un remanente de tesourería importante. Durante dous ano, vemos que Oia tivo un
remanente negativo, isto concorda có levamos explicado en varios artigos; a
economía de Oia por si soa é incapaz nos intres de crisis de manter ó seu
propio concello; menos mal que o Concello de Oia apenas presta
servicios ós seus veciños, e iso lle axuda a recuperar saldo positivo nos
últimos anos.
Logo atopamos o caso do Rosal, hai hai un problema
estructural, os fondos de Tesourería son moi escasos, pero os remanente son moi
cativos, polo tanto é o concello do
Rosal que non ten marxen de maniobra, ou por decilo de outro xeito de moi
escasa solvencia. Polo tanto cando o Sr. Alcalde do Rosal ante as
peticións dos veciños e dos concelleiros propios e da oposición dí que non hai
diñeiro, non minte. Económicamente camiña polo fío dunha navalla, a economía
rosaleira non é capaz de xenerar máis recursos, e dende o Concello non hai
capacidade para xenerar maís inversións, infraestructuras,...
Agora imos a explica-lo “efecto
torniquete”. Para que unha economía medre e progrese faise
necesario que o diñeiro circule, canto máis e máis rápido mellor; unha das
causas desta crisis é que as entidades bancarias acumulan grandes cantidades
monetarias, pero non as liberan cara as empresas, comercio, pequenos
comerciantes,... polo tanto actúan como un torniquete que non deixa pasa-la
sangre tan vital (o diñeiro).
A nivel local, tamén temos varios concellos
acumulando uns recursos económicos crecentes, pero que non poñen en circulación
entre os seus veciños, xa sexa facendo obras, xenerando servicios, pagando a
proveedores,... polo tanto están actuando como torniquetes na nosa economía local.
O caso máis grave é o de Tui, pois
durante toda a crisis mantivo moi importantes recursos monetarios parados, i
esta inactivade xenera desemprego. ¿Entenden isto os gobernantes de
Tui?, entre outras causas, esta acumulación tamén xenera paro,... ¿agora
entenden porqué Tui rexistra a máis alta taxa de paro da comarca?
Fai uns meses, a Sra. María Fernández (concelleira
tudense) nos explicaba isto do efecto torniquete tudense,... o cal xeneraba
unha necrose no corpo social tudense: ser o concello miñoto coa maior taxa de
desemprego,... Despois de comprobados os datos, temos que recoñecer que a Sra. María Fernández (concelleira de
Alternativa Tudense) ten moita razón, lamentablemente, entendemos que é
díficil predicar no deserto.
É importante manter un bó remanente de tesourería,
ter solvencia,... pero isto non pode ser a contar de matar económicamente ó
noso corpo social. Os marxéns de remanente de Tesourería de Oia, Tomiño e Tui
lles permite destiñar recursos á incentiva-las economías dos seus concellos. En
caso contrario, pasarán a ser parte do problema da crisis que sufrimos. Entre A Guarda, Oia, Tomiño e Tui estamos falando dun
remanente de tesourería de 4.768.000€; ¿onde está o problema de
adicar un 20% dos mesmos a políticas de emprego, pago a proveedores,...?
Mirador do Monte Ancos, a 28 de Novembro do 2.013.
Aquiles Cuatro Verdades. Profesor de Derecho Fiscal Internacional en la Universidad de Joder (Condado
de Sioux, Nebraska; USA).