lunes, 9 de septiembre de 2013

Pecheirada


CHANCHONADA  131º

Pecheirada.



Pecheirada, esta é unha palabra caseque esquecida, antes era moi común en Tui,... Hoxe apenas xa é usada. Poderíamos dicir que é mal gastar diñeiro na mera apariencia persoal, sen utilidade práctica algunha, pero que merma a escasa facenda persoal de quen fai a “pecheirada”. Tamén podemos dicir que é un luxo innecesario, tal que o seu fin único é manter unha apariencia dunha posición social que xa non é real,... En conclusión, collendo ambas definicións, que o fin último e único dunha “pecheirada” é facer un gasto económico, para mante-la imaxe dunha posición social, ou apariencia da mesma, que xa non se corresponde coa realidade do presente, pero que sempre vai resultar inutil ou de pouco beneficio.

O seguinte é un exemplo dunha “pecheirada”; o tema foi denunciado ante a Fiscalia de Vigo o pasado 4 de Xullo, polo Sr. Laureano Alonso (portavoz municipal do BNG, no Concello de Tui). O tema versa sobre as reparacións de catro vehículos do concello, feitas por un taller de Tomiño, por un importe de maís de 12.000€. Debemos de deixar constancia que o Concello de Tui ten en plantilla a dous mecánicos para facer reparacións na maquinaria e vehículos de titularidade municipal. ¿por qué encarga este traballo a unha empresa externa?

1º)  21 de Novembro do 2.012; faise a reparación da bomba de inxección e elementos da inxección de combustible, do vehículo “Land Rover, modelo Freelander” (que era usado polo Alcalde, agora adquire un novo “coche oficial”). A reparación tivo un importe de 2.305,03€. A “pecheirada” era que o citado vehículo xa esta vendido por acordo da Xunta de goberno do Concello do día 15 de Novembro do 2.012. Na operación de compraventa, a empresa vendedora tasa o vehículo vello en 4.000€,... ¿qué sentido ten gastarse nunha reparación máis da metade do que vale o vehículo?.

2º) 31 de Outubro, reparase nese taller de Tomiño, un coche da Policía Local por importe de 2.463,62€, por traballos de chapa e pintura.

3º)  9 de Novembro, no mesmo taller de Tomiño fanse reparacións nunha vella furgoneta C-15 por importe de 2.106,90€, para reparar freos e amortiguadores traseiros. Reparación da bomba de inxección dunha Renault Traffic por importe de 2.087,02€. Cambiar cremalleira de dirección do Suzuki 1.634.69. Reparar diversos faios no motor do Fiat Scudo por importe de 2.044,08€.

O Interventor municipal fai unha serie de reparos a estas facturas; o primeiro é o elevado gasto de reparacións de vehículos moi vellos, e que varias das reparacións valen tanto como o valor real do vehículo. Outro reparo que fai, é que en conxunto todas estas facturas sobre pasan o límite legal de 3.000€, polo cal debía de facerse unha licitación destas reparacións.

Dende logo gastar diñeiro en reparar un vehículo, cando o custe de reparación xa vale case que tanto como o vehículo,... é facer unha gasto en apariencia, pero de moi dudosa utilidade e rentabilidade a medio e longo prazo. Para nós, a “pecheirada” máis importante é adquirir un coche oficial novo para o Sr. Alcalde de Tui,... no sitio do Baixo Miño onde o paro está na pior situación, gastamos diñeiros nunha luxo superficial.

Ben queridos lectores, voltan a xuntanzas-manifestacións dos empregados despedidos do Colexio San Xeremo Emiliani. Ademaís o vindeiro venres día 13 deste mes de Setembro vai ter lugar un dos xuizos sobre estes despidos,... Lamentablemente, a dirección do San Xerome gastase os cartos en avogados, pleitos,... e o ascensor do centro segue sen funcionar pois non hai diñeiro para arranxalo, seguen as xestións coa empresa do seguro do colexio para ver se pode facerse cargo deste gasto,... pero aquelas persoas que van en cadeiras de rodas, deben ser axudadas por outras para subir ó piso superior, ou baixar ós pisos inferiores,...

Como vemos, no San Xerome non hai diñeiro para cousas importantes; pero para gastar en “pecheiradas” de pleitos, avogados,... sempre hai unha boa cantidade.

 Mirador do Monte Ancos, a  9 de Setembro do 2.013.

Félix  Verdugo Inocente.  Maestro y restaurador de armas antiguas; con taller en Cadalso. (Cáceres; España)





No hay comentarios:

Publicar un comentario