jueves, 19 de septiembre de 2013

O Principio de Arquímedes


CHANCHONADA  136º

O Principio de Arquímedes.



Dende a epoca de estudiante todos coñecemos o enunciado do “Principio de Arquímedes”: todo corpo sumerxido total, ou parcialmente, nun fluido en reposo, recibe un empuxe dende abaixo cara arriba, igual o peso do volumen que desaloxa”. Este “Principio de Arquímedes” tamén tiña a súa versión máis adaptada á realidade diaria da vida dun estudiante: “todo alumno inmerso nun suspenso, experimenta un empuxe cara ó aprobado, proporcional ó peso do xamón regalado”. Gracias a esta observación deArquímedes, hoxe podemos explicar a flotación dos barcos, elevación dos globos aerostáticos,... e ¡¡tamén porque a merda flota!!

Estes días despertamos coa noticia que Rodrigo Rato ficha polo Banco do Santander como asesor; primeiro pensamos que era un das bromas do programa de radio que escoitamos cando imos para o traballo; por desgracia a cousa non era broma. ¿Qué pasa neste país?; ¿voltámonos todos tolos?.

O Sr. Rodrigo Rato foi o xestor que levou á quebra a Bankia, na cal tivemos que meter máis de 11 mil de millóns de € de diñeiros públicos; foi un dos precursores da burbulla inmobiliaria,.. está imputado por varios delitos de presunta estafa, presunta administración desleal, presunta apropiación de fondos de Bankia, presunta falsedade contable,.... entre eles varios presentados por preferentistas de Bankia.

Ou sexa o Sr. Rodrigo Rato é un dos presuntos culpables da crisis que todos vivimos e padecemos; menos él e outros afortunados. Agora será asesor do Banco de Santander, xa era dende o pasado Xaneiro asesor de Telefónica. Pero temos unha dúbida; ¿por qué estas grandes empresas fichan a tan nefastos profesionais?, pois o seu recente pasado profesional está cheo de inutiliades, e de seguro que a súa nómina terá cinco ceros ou máis,... ¿Non lle estarán pagando favores por ser ex-ministro do PP?. Chegas a unha das maiores caixas de España, a levas á ruina, a fas quebrar, o estado debe intentar sanea-la cunha cantidade inxente de miles de millóns (sospeitosamente igual ós recorte de sanidade i educación); despois de tan nefasta xestión te levas como premio 1,2 millóns de €,... e meses despois eres fichado como asesor por Telefónica e polo Banco de Santander,...

Non extraña nada, pero nada de nada, que centos de coñecidos de militantes do PP cando lles falas destes persoeiros e das falcatruadas que levan feito, como se van de rosiñas cós petos cheos de millóns, como seguen sendo premiados con bós postos de traballo e soldos millonarios por traballar un par días ó ano,... Este señores tan afíns ó PP algúns saelles escuma pola boca, cheas de palabras mal sonantes, outros senten vergoña de militar no PP,... e algúns xa fai tempo que chimparon o carnet ó caldeiro do lixo,... Eles teñen craro que unha cousa son as ideas conservadoras, defendelas con dignidade, traballar por elas, polo ben dos veciños,... pero outra moi distinta é a cantidade de trepas que hai na cúpula do PP que só pensan e traballan para o seu medre persoal.

Tamén hai unha versión do Principio de Arquímedes adaptada ós polñiticos trepas: “todo político inmerso nun chachullo, experimenta un empuxe cara á poltrona, proporcional a súa cara bribona e actitude ante o lider adulona. Por desgracia, eses lacazáns son os que medran, ascenden, ocupan cargos,... e os bós militantes quedan esquecidos nas bases. Acontece o que sinala o “Principio de Arquímedes”, por desgracia a merda frota e está na superficie, mentras que o ouro está no fondo. Teremos que poñer a traballar a pranta tratadora de augas fecais, para desfacernos da merda e elementos similares, drenar augas fecais, vacia-lo contido de tanta inmundicia para atopa-lo ouro que hai no fondo.

Non sería de extrañar que o goteo, que hai de concelleiros do PP que dimiten,... de seguir así en poucos meses sexan un chorro, e logo unha ríada.

 Mirador do Monte Ancos, a  19 de Setembro do 2.013.

Elpidio  Dineral  Albanco.  Director comercial de la zona Oeste y miembro del Consejo de Administración del Banco Jones (Escondido; San Diego; California; USA)






No hay comentarios:

Publicar un comentario