martes, 24 de septiembre de 2013

Paro en Agosto 2.013


CHANCHONADA  138º
Paro en Agosto 2.013.



Datos do desemprego de Agosto do 2.013; o estudio que facemos nos concellos do Baixo Miño, pecha o mes de Xullo cun saldo -54 desempregados, o paro baixa en Oia, Rosal e Tomiño.

 A Guarda  en Xuño de 2.013  = 952 parados  (Homes 479 e Mulleres 473)
                Menores de 25 = 49 (Homes 28 e Mulleres 21)
                Entre 25 e 44 = 511 (Homes 253 e Mulleres 258) (53,68% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  392 (Homes 198 e Mulleres 194)

                Agricultura = 151
                Industria = 143
                Construcción = 118
                Servicios = 474  (49,79% do total de desempregados)
                Sin emprego =  66               

Na Guarda o paro sube en 5 persoas, non hai creación de emprego. Sube o grupo de entre 25 e 44 anos, con 11 novos parados; baixa o sector xuvenil con +3 empregos e baixa o paro no sector da poboación máis madura (>44 anos) con +5 empregos. So hai creación de emprego na construcción con 5 empregos e no grupo de sen emprego anterior con 4 empregos; na pesca e agricultura hai 3 parados máis, na industria 7 parados máis e no sector servicios 4 parados máis. Respecto ó mes anterior o paro sube nun +0,53%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro sube un +2.47%, con +23  parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 103 persoas; mal dato o de Agosto na Guarda.

 O  Rosal  en Xuño de 2.013  = 711 parados  (Homes 341 e Mulleres 370)
                Menores de 25 = 46 (Homes 26 e Mulleres 20)
                Entre 25 e 44 = 321 (Homes 151 e Mulleres 170) 
                Maiores de 45 =  344 (Homes 164 e Mulleres 180)  (48,36% do total de desempregados)

                Agricultura = 98
                Industria = 122
                Construcción = 140
                Servicios = 309 (43,46% do total de desempregados)
                Sin emprego =  42

No Rosal o paro baixa en 14 persoas, baixa nos dous sectores da poboación; pero só baixa no sector xuvenil con 5 empregos e 11 na poboación de 25 a 44 anos; o paro segue a medrar na poboación máis madura. Na agricultura e pesca hai +3 empregos, +10 emprego na industria e 2 empregos no sector de sen emprego anterior; sube 1 parado na construcción e 2 parados máis nos servicios. Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -1,93%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -5,45%, con -41 parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 101 persoas; pero debería prestarse atención ó grupo de +45 anos.

 Oia    en Xuño de 2.013  = 303 parados  (Homes 170 e Mulleres 133)
                Menores de 25 = 16 (Homes 10 e Mulleres 6)
                Entre 25 e 44 = 162 (Homes 89 e Mulleres 73)  (53,47% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  122 (Homes 71 e Mulleres 54)

                Agricultura = 34
                Industria = 36
                Construcción = 63
                Servicios = 136  (44,88% do total de desempregados)
                Sin emprego =  34

En Oia o paro baixa en 6 persoas, baixa no sector feminino, é o concello onde o paro feminino é menor; baixa o paro xuvenil con 4 empregos, e 5 novos empregos na poboación de 25 a 44 anos; pero sube en 3 parados a poboación de +45 anos. Na agricultura e pesca hai +2 empregos, +1 na industria,  +2 empregos nos servicios, e 1 emprego no sector de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -1,94%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -1,94%, con -6 parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 74 persoas.

 Tomiño    en Xuño de 2.013  = 1.670 parados  (Homes 816 e Mulleres 854)
                Menores de 25 = 127 (Homes 63 e Mulleres 64)
                Entre 25 e 44 = 800 (Homes 370 e Mulleres 430)  (47,9% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  743 (Homes 383 e Mulleres 360)

                Agricultura = 182
                Industria = 281
                Construcción = 301
                Servicios = 777  (46,52% do total de desempregados)
                Sin emprego =  129
           
En Tomiño o paro baixa en 42 persoas, hai creación de emprego en tódolos grupos de idade e sexos, 88% dos empregos son xenerados no sector masculino. Hai +9 empregos no sector menor de 25 anos, +16 empregos na poboación de 25 a 44 anos e +17 empregos na poboación >45 anos. Creánse +1 empregos na agricultura, +23 na construcción, +2 emprego no sector da industria, +11 empregos nos servicios e +5 no sector de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -2,45%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego sube en +38 parados, un +2,23%. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 189 persoas. Nesta ocasión tomiño aporta a maior creación de emprego.

 Tui    en Xuño de 2.013  = 2. 213 parados  (Homes 1.008 e Mulleres 1.205)
                Menores de 25 = 170 (Homes 99 e Mulleres 71)
                Entre 25 e 44 = 1.138 (Homes 504 e Mulleres 634)  (51,42% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  805 (Homes 405  e Mulleres 500)

                Agricultura = 87
                Industria = 393
                Construcción = 331
                Servicios = 1.135 (51,29% do total de desempregados)
                Sin emprego =  267
           
En Tui o paro sube en 3 persoas. A agricultura aporta 4 novos parados, +5 parados na industria, +21 empregos na construcción, +19 parados nos servicios, +4 empregos no sector de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro sube un +0,14%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego sube en +95 parados, un +4,48%. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 103 persoas.


                Queremos felicitar ós 62 veciños que teñen un emprego. Pero hai desaxustes que indican que as cousas non marchan ainda ben. Neste mes a creación de emprego foi escasa, non houbo tirón estival.

Un dos desequilibrios que detectamos está no Rosal, o grupo de >45 anos, é o grupo máis castigado polo paro, apenas hai traballos para esta poboación,... o cal vai redundar negativamente no intre das xubilacións. Pero en Oia, é onde o paro feminino, en tódolos sectores é inferior ó masculino.

Esperamos que en Setembro haxa un tirón do emprego pola vendimia; por desgracia este tipo de traballos apenas dura 15 ou 20 días; esperabamos máis creación de emprego neste mes de Agosto; pero sosprendeunos en sentido negativo.


 Mirador do Monte Ancos, a 23  de Setembro do 2.013.

Miguel  Mato  Mucho.  Director Ejecutivo de la Funeraria “El Descanso Eterno”, con sede central en Calaveras de Arriba y Abajo (León; España).

No hay comentarios:

Publicar un comentario