CHANCHONADA 132º
Outra de mamandurria.
Se as cousas suceden tal como están previstas, o
vindeiro Venrés día 13 de Setembro, os deputados na Deputación Provincial de
Pontevedra polo PP: Sr. Pablo Baquero (concelleiro en Tomiño) e o Sr. Nelson
Santos (alcalde de Porriño) dimitirán dos seus cargos,... e logo
previsiblemente, na sesión do 27 de Setembro tomarán posesión como novos
deputados: Sr. Moisés Rodríguez (alcalde de Tui) e o Sr. Alejandro Rodríguez (alcalde
de Oia). Todo isto acontece por un
acordo interno dos concelleiros e alcaldes do PP do Baixo Miño de repartirse
este cargos durante dous anos,... son ese tipo de acordos de repartir
cargos, prebendas, soldos,... que nunca explican, comunican,... pero logo có
paso do tempo son evidentes e públicos.
En declaracións á prensa dos dous novos e
futuribles deputados provinciais, vemos as súas intencións de traballo para o
novo cargo de ocupan. O Sr. Moisés Rodríguez (alcalde de Tui) fala de
defende-lo Baixo Miño, pero mantendo o peso de Tui. Querido Sr. Moisés
Rodríguez imos a ser sinceros, no
programa electoral do PP de Tui nas pasadas eleccións municipais do 2.011 non
había nin unha soa liña adicada ó Baixo Miño,... en troques moito bla,
bla, bla...Eurocidade,... bla, bla, bla,.. Eurocidade,... Tamén pode falar
vostede das súas xestións na presidencia da Mancomunidade do Baixo Miño: de
momento nada.
Iso de mante-lo peso de Tui, soa a desexos de
“pecheiros”. Os “pecheiros” eran
aqueles señores que paseaban pola Corredera, ben traxeados, moi orgullosos,
ufanos dos seus apelidos, abolengo familiar,... pero que xa non tiñan fortuna
e vivían das lembrazas do glorioso pasado e fortuna familiar; pero eles
realmente eran pobres que por soberbia non aceptaban a súa verdadeira realidade
social. Pois ben, querido Sr. Moisés Rodríguez (alcalde de Tui), xa non son
tempos para “pecheiros”, hai que esquece-los tempos do abolengo tudense do
século XVI, XVII,...
Hai que ollar e traballar para o futuro, mal comenzas se pensas que Tomiño,
Rosal, A Guarda e Oia son paisaxe que rodea a Tui, habitados por paletos
plebeios;... Se segues pensando en plan “pecheiro”, posiblemente Tui
siga perdendo peso e relevancia na comarca, e Deus non queira, pero podería
acontecer que remate por ser un parque histórico-etnográfico, onde amosar ó
turistas e veciños como se vivía no pasado.
Logo temos ó amigo Sr. Alejandro Rodríguez
(alcalde de Oia), cando fala sobre as súas intencións, están podense resumir
nunha soa palabra: ningunha. Realmente, as
intencións e proxectos de Alejandro non van máis aló de cobrar un soldo a conta
do Erario Público.
E falando disto de cobrar un soldo a conta do
Erario Público; legalmente é
compatible compaxina-lo salario de alcade, coa percepción dun salario como
deputado provincial,... ou sexa estes dous señores sumanrán unha nova
mamandurria. Cós tempos que corren, cós +5.800 parados que temos na
comarca, sería todo un xesto honorable e de nobleza
renunciar a cobrar un destes salarios; ou adicalo integramente a fins benéficos.
Sobre todo no caso de Tui, pois debemos lembrarlle ó Sr. Moisés Rodríguez que
Tui é onde o problema do paro é máis grave, pois +35% dos parados do Baixo Miño
son tudenses.
Xa que estados falando das Deputacións
provinciais; os nosos lectores saben ben que non somos adeptos, nin xiareiros
das mesmas,... máis ben todo o contrario: estamos contra elas. Son herdeiras
dun pasado cáduco, que non ten nada que ver coa realidade de hoxe; naceron na
idea da Constitución de Cádiz de 1.812, entraron a funcionar coa reforma de
Javier de Burgos de 1.836,... e aquela España de fai 200 anos, nada ten que ver
coa de hoxe,... si que hai unha cousa en común, son os restos do caciquismo
local, que sempre atoparon fogar e acollida nas Deputacións.
Finalmente queridos lectores, pero sobre todo os
novos deputados; poderían vostedes loitar para que nun futuro moi cercano
(eleccións locais do 2.015), os cidadáns podamos elexir e votar libremente ós
deputados da Deputacións, mentras estas non desparecen. Xa somos maiorciños
para votar polos concelleiros, alcaldes, deputados, senadores,... ¿Por qué non podemos escoller ós membros
que forman a Deputación Provincial?, acaso é máis democrático que os alcaldes e
concelleiros da zona xuntense nunha pitanza e alí entre eles decidan que son os
deputados,... ¡¡As Deputacións Provincias son un órgano de
representación non democrática!!
Mirador do Monte Ancos, a 11 de Setembro do 2.013.
Román Ponte Alta.
Presidente de la
Asociación de Comerciantes e Industriales de Venta de
Pantalones, conocida popularmente como “La Pana” (Palencia; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario