CHANCHONADA 126º
Todos contra o lume.
Lamentable o gran incendio na parte media do Val
do Tamuxe, entre Loureza, Acevedo, Fornelos, Santa Comba, Novás,... Non imos a
criticar con isto ós nosos alcades e outros políticos,... Prender un lume no monte é moi fácil, pero apagar un incendio é moi
complicado; e por desgracia cada ano morren moitos bombeiros, nesas labores de
extinción,... Aquí, hai dúas cousas importantes é básicas:
1º ¿Quén queima o monte e porqué?.
2º Plan de
xestión dos montes.
Imos có primeiro; ¿quén queima o
monte e porqué?. Collendo os datos das “Estadística General de
Incendios Forestales” (EGIF), cós seus datos dende 1.988 ata 2.008; temos o que
todos pensamos, o 85% dos incendios forestais en
Galicia son provocados (polo tanto hai unha intención criminal no inicio dos
mesmos), a neglixencias un 10% ou accidentes son o 4%, os
provocados por causas naturais apenas chegan ó 1%,... Polo tanto as
neglixencias e os provocados son o 95% do total. As
neglixencias, con educación, formación, preparación poden reducirse; pero é moi díficil controla-las
actividades dunha persoal individual que ten a intención de prenderlle lume ó
monte; pero neste grupo perto da metade teñen unha intención: rexenerar pastos,
queima de restos agrícolas,... e a outra metade teñen un fin
descoñecido, ou perto do piromania.
Se poñemos os datos anteriores sobre un mapa; resalta que toda a comarca do Baixo
Miño, Val Miñor, Vigo e Morrazo,... +65% dos incendios son provocados
pero non teñen unha clara intencionalidade. Pero é evidentes que son producidos
por unha man humana con ideas de piromania, pero que ó non ser detida non están
claros os seus fins. O resto
maioritariamente (1 de cada 3) son para rexenerar pastos para ganderia,...
En
criminoloxía hai un factor denominado presión sostenida; consiste en que a
autoridade policial visite a certo coñecido delincuente, e puntualmente aumente
o número de visitas, charlas,... e noutro as reduza, pero se fagan os
encontradizos en certos lugares de visita habitual do delincuente. O
delincuente, non é nada tonto para saber que está sendo vixiado, polo tanto as
oportunidades para delinquir reducense,... e o espacio temporal entre delito e
delito aumenta. Todo o anterior redunda nunha mellora directa da seguridade dos
veciños.
Pois algo similar ó anterior podese e debese facer
con certos posibles protagonistas en activar incendios: compradores de madeira
queimada, propietarios de gando que pasta ceibe nos montes,... Durante o
inverno visitas esporádicas, na primavera as visitas xa son máis habituais, e
durante a tempada estival visita diaria, e atopalo no bar para toma-la
cerveza,... Claro que se sentirán presionados, vixiados,... pero isto non é
ilegal,... Eles mesmos serán sabedores que son blanco de algunha investigación,
sentiranse sospeitosos,... Logo entra o xogo da psicoloxía,... ese xogo sutil
que vai introducindo novas ideas na mente.
Nós so decimos que, poñendo sobre un mapa aquelas zonas de Galicia onde hai tradición de
ter gando ceibe polos montes, e os concellos onde hai maior número de
incendios,... ¡¡Por unha extraña casualidade ambos coinciden!!; pero
nós non creemos nas casualidades. Có anterior, xa entendemos a oposición de
algúns propietarios a ter ben rexistrado e controlado o número de reses que
teñen polos montes,... Controlando a aquelas persoas
que poidan ter intereses en arde-lo monte, seguramente reduciranse dun xeito
importante o número de incendios,... e posiblemente anos despois
serán ex-activistas da promoción incendiaria do monte.
Apagar un incendio no é fácil, e un incendio
forestal é moi díficil de apagar; pois un bosque é unha gran masa combustible
espallada por unha área xeográfica moi extensa, con diferentes formas
orográficas, con malas vías de comunicación e acceso, sen infraestructuras
técnicas,... Pero aquí levamos 40
anos có mesmo modelo: non coida-lo monte, e logo durante a tempada estival
contratamos a uns brigadistas (bombeiros forestais) por uns poucos meses e mal
pagados,... Non ten sentido que unha parte importante do orzamento da
Administración competente para esta materia se gaste en soldos de persoal de
alta administración, funcionarios, asesores, campañas de publicidade,... pero
non invertimos nos profesionais, o material segue sendo vello e obsoleto,...
Temos que troca-lo modelo de xestión. Gastarse
menos diñeiro nas cúpulas dirixentes e máis nas persoas que laboran no monte;
ter ó persoal traballando durante todo o ano, facendo labores de limpeza e
eliminacións de masa árboreas, de matoxos, arreglando camiños,... Se eliminamos biomasa forestal durante a
primavera e veran, o monte terá menos combustible para arder durante un
incendio. Polo tanto necesitamos ter un núcleo de persoal forestal
estable todo o ano. Xa sabemos que temos guardabosques, pero eles non son
suficiente.
Hai que
replantexarse a xestión dos montes, talas, plantacións, limpezas,... Hai Comunidades de Montes que funcionan bastante ben, como son a de
Vila de Suso (có Sr. Rafael Lomba ó fronte da mesma) e tamén a maioría
das de Oia,... pero hai outras que non funcionan tan ben, son moi opacas e para
elas o monte é a caixa do diñeiro, xa sexa para pagar una laconada e así ter a
veciños có estomago cheo e ben tranquilos. Tamén
hai que ir renovandoas, dandolles entrada a novos veciños-comuneros,...
na Guarda hai algun presidente de Comunidade de Monte, que pode facer un lema
similar ó do ex-dictador: “Kaudillo de Sálcidos, por la Gracia de Dios”.
Este é un tema moi longo, e complexo; pero esta
vez hai que dicilo, gran parte das
nosas autoridades locais souberon estar á altura das circunstancias e dos malos
momentos, o importante era apaga-lo incendio, a seguridade dos veciños e non o
grupo político, nin o localismo barato,.... ¡¡Ben Feito!!
Nós pensamos que imos polo bó camiño, non hai que dar marcha atrás e seguir
adiante. Podemos e debemos mellorar máis cousas, pero sobre todo non
ladrarnos uns a outros, este é un tema onde todos debemos
arrimar ó ombro, hai que ter moi craro, o enemigo común son os
priromanos e os incendiarios.
Mirador do Monte Ancos, a 29 de Agosto do 2.013.
Francisco Jones
Gallego (PACO JONES) . Ingeniero de producción y
transporte de crudo de la
TEXACO JONES OIL
(CorpusChristi; Texas, USA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario