CHANCHONADA 124º
Alcaldes de quita i pon.
Apenas levamos 2 anos de lexislatura municipal, e
temos un pobo que remata de elexir ó seu 5º Alcalde dentro desta lexislatura;
realmente o pobo non, os membros da Corporación Municipal,... Tranquilos,
estamos a falar de Cudillero en Asturias. Imos a relata-los acontecementos para
que sexan entendibles por todos, dun xeito algo resumido:
1º) En Xuño
do 2.011, despois das eleccións locais, resulta elexido como Alcalde, o Sr.
Francisco González, cabeza de lista do PSOE, partido que ten a maioría absoluta
na Corporación Municipal en Cudillero.
2º) Meses
despois, o Sr. Francisco González deixa a alcaldía, para ser deputado na
Asamblea Rexional do Principado de Asturies; nese intre toma o relevo na
alcaldía o Sr. Gabriel López, que era o seguinte na lista do PSOE de Cudillero.
3º) Por
motivos de índole persoal, o Sr. Gabriel López deixa as responsabilidades
públicas e dimite de todo cargo municipal. Pasa a ser elexido como Alcalde, o
Sr. Ingacio Fernández; con esta elección é onde se inicia o lío xurídico e
legal no que está sumido o concello de Cudillero.
4º) O Sr.
Ignacio Fernández é militante do PSOE, pero non formaba parte da Corporación
Municipal de Cudillero elexida nas eleccións de Maio de 2.011. Legalmente non
pode ser elexido alcalde,... pero os señores concelleiros do PSOE de Cudillero
fan oidos xordos a todos, apartan a Lei, e outras normas legais,... Así que unha sentencia do Tribunal
Constitucional anula o nomeamento deste Alcalde.
5º) Despois
deste lio, elixen ó Sr. Luis Fernández Garay; un dos concelleiros que renunciou
a ser alcalde de Cudillero, para que o Sr. Ignacio Fernández ocupase a alcadía
de Cudillero. Pero logo o Tribunal Constitucional volta anular esta elección,
pois o citado señor xa tiña renunciado antes a ser Alcalde de Cudillero.
6º) Voltase a facer outro pleno da Corporación
para elexir alcalde, e volta a sair elexido o Sr. Luis Fernández Garay.
Dende logo isto é todo un sainete, un quitate ti
que me poño eu, logo llo paso a Fulano, que despois llo pasa a Mengano e este a
Metano, para despois pasarllo a Zutano,... e o pobo que se foda e pague a
bombona de butano. Nós pensamos que os candidatos a certos cargos públicos
primeiro deberían pasar por un cursillo e posterior examen para adquirir coñecementos
legais básicos,... se non aproban o examen,... ¡¡pois a seguir estudiando!!,...
Por desgracia, hai moito analfabeto
xurídico con mando en praza, e algúns pensa que por ser concelleiro de obras,
chapuzas e similares,... xa está por riba da Lei, e que os demaís lles debemos
pleitesia e obediencia,...
Pero unha cousa está máis que clara, as sentencias xudiciais son de obrigado
cumprimento, máxime por unha autoridade que debe de dar exemplo e cumplir coa
legalidade,... Non vale iso de dicir acato a sentencia, pero non a comparto,
non a executo,.... e pago unhas multiñas,... ¿Será tan valente cando
chegue a sentencia de inhabilitación para cargo e empleo público?
¿A qué ven todo isto do lío da Alcadía de
Cudillero?;... Pois nada, que durante as Festas do Monte, as veces non podes
evitar ter como veciño de mesa nunha terraza, na sesión nocturna das Festas, ó
Sr. Alcalde (non imos a especificar) si era o da Guarda, ou o do Rosal,... pero
con outros interlocutores comunicou
que xa lle quedan poucos meses ó frente da Alcadía,... que tiña pensado
renunciar uns meses antes para que a sucesora fose tomando contacto có cargo,
có mando, dós deberes e responsabilidades,... pero que non miraba a sucesora moi preparada para asumir
tantas responsabilidades, debería de ter outra persoa máis
preparada, pero por desgracia non ten a un substituo/a que poida reemprazar á
sucesora con máis posibilidades de éxito,....
Querido Alcalde; ¿e se a sucesora non ten o
control, nin apoio do resto do grupo municipal, nin do grupo político local?;...
Poidera suceder que esta sucesión non fose polo camiño ideado, e logo tivesemos
os problemas que teñen en Cudillero; e en vez de sucesión tivesemos unha
secesión.
Mirador do Monte Ancos, a 25 de Agosto do 2.013.
Aldo Loroso Picor. Doctor y
Profesor Universitario de Dermatología (Hygiene; Colorado; USA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario