CHANCHONADA 116º
Subindo ó cadalso.
¿Sabemos definir que é o “Estado”?,… +37 anos
despois do final do franquismo ainda sorprende oir a moitos políticos de
esquerdas e nacionalistas falar cunha linguaxe propia daquela dictadura. Imos a
dar dúas definicións bastante básicas sobre o concepto moderno de “Estado”.
Max Webber:
“O Estado é a coacción lexítima i específica; é a “forza bruta” lexitimada
legalmente, para mante-lo monopolio da violencia”.
Karl Marx: “O Estado no é o reino da razón, senon
da forza. No é o reino do ben común, senon o do interese parcial; non ten como
fin o benestar de todos, só a de aqueles que detentan o poder”.
Nós pensamos como outros mestres que tivemos na
época universitaria: “O Estado está concebido única e exclusivamente como unha
maquinaria coercitiva, para extraer todos os recursos económicos ós seus
membros, para deixalos agónicos, pero sen matalos”. Seguro que sábedes que nos
meses de Abril a Xuño é cando se trasquilan as ovellas,... ¿será coincidencia
que a maioría dos impostos os pagamos neses meses?. Baixo o lema do
ben común, a presión fiscal recae maís e máis sobre as clases medias e baixas,
para favorece-los medios económicos das clases altas,... así a
distancia entre os maís ricos e as clases medias crece,... pero estas últimas
cada vez son máis iguais ás clases baixas;... polo tanto crece a igualdade pero
por abaixo.
Creo que todos sabemos que é un cadalso, aquela
estrcutura de madeira, levantada dun xeito temporal para facer unha execución
pública, xa fose de escarnio, a un número de golpes, ou de morte, e que así
fose vista por todo o pobo,... Na Guarda aínda temos elementos que formaban
parte integrante deses sistemas de xustiza, como son as “picotas” (lugar onde
expoñe-lo reo ó escarnio público despois do castigo), solo que logo foron adornándose
ou edulcorándose con nomes chistosos (“pedra dos abellóns”) ou de outro uso
como o “As de copas”,... Pois hoxe, o
cadalso xa está montando, só que o reo é todo o pobo español que pouco a pouco
vai subindo ó mesmo, cada escalón é un novo castigo,... na cima do cadalso xa
están “axusticiando” os pobos grego, portugues,... ¿Qué nos tocará a
nós?, ¿cándo?.
Moitos cidadáns facemonós dende fai anos a mesma
pregunta: ¿Para quén lexisla o noso goberno?. Fai anos eramos poucos, e
decíamos que para defende-los intereses das grandes empresas, dos Bancos,...
hoxe xa hai máis persoas que pensan o mesmo. O Goberno non para de subirnos ós
impostos, xa sexan directos ou indirectos, os salarios menguantes,... os
pequenos empresarios e autónomos financiando ó Estado pagando o IVA non
cobrado, sufrindo os impagos e retrasos das Administración Públicas,... Hasta
temos un imposto sobre os premios da loteria,... algo nunca visto nos 250 anos
de historia da Loteria.
Cada dous ou tres meses, nova subida da factura
eléctrica,... ¡¡hoxe xa pagamos a enerxía eléctrica máis cara de
Europa!!,... pagamos dos combustibles máis caros,... temos os
precios de telefonía móvil dos máis caros,... Hoxe o noso goberno do PP pode
decir ben alto, e con orgullo,... ¡¡Somos o Goberno que máis impostos leva
subido i en menos tempo!!
O outro día, saíu un estudio do Ministerior de
Facenda onde recoñece que o 35% dos cidadáns teñen soldos
inferiores a 1.000€/mes; que este grupo leva crecido dende 2.007
un +28%,... Ou sexa, cada vez somos máis os que gañamos menos e traballando
máis tempo, a maioría dos convenios colectivos están caducados e xa non son
operativos legalmente,... Agora nos veñen dende Europa, o FMI, entidades
bancarias,... ¡¡¡Hai que baixa-los soldos un 10%!!!,... o que nós están decindo
e que os españois cobremos salarios de miseria. Hoxe cualquier empregado que
gañen menos de 1.000€/mes soporta un presión fiscal (impostos directos e
indirectos de tódalas Administracións) que ronda o 56% dos seus ingresos.
Con esta receta de baixa-los salarios si que non
imos a sair da crisis,... pois o 80% do PIB xenerase polo consumo interno,...
se baixan os salarios, é evidente que ainda descenderá máis o consumo, polo
tanto profundizaremos a crisis máis. Pero, ¿por qué os políticos e altos
directivos das empresas non se aplican eles mesmos esta receita?. O exemplo o
teñen no período que vai dende 2.010
a 2.012, os salarios baixaron, o consumo caíu e o
emprego baixo,... polo tanto esta receta non funciona,... Os mesmos que nos
piden que biaxemos salarios, recoñecen que esta medida non xenerará emprego ata
o ano 2.015,... e ainda así e todo non baixaremos do 25% de paro ata o ano
2.019,...
De seguir por este camiño, corre perigo a
existencia da clase media española,... podería converterse na nova clase baixa,
e a baixa en clase miserenta. Para comprobar isto, non temos que ir moi lonxe, os nosos irmáns portugueses saben moi ben que é vivir
baixo da “dictadura da Troika”, ou sexa como eles dín: “estar entroikados”.
A solución que plantexan é a seguinte: sabemos que a crisis a crearon os Bancos,
pero a factura da solución debe ser pagada polas clases medias e baixas que non
son culpables.
¿Resistiremos,
ou morreremos de fame na espera?; podedes lee-lo informe do FMI no seguinte
endrezo: http://www.imf.org/external/np/sec/pr/2013/pr13292.htm (está en inglés; pero o “Unemployment rate
(percent)” é o que se chama taxa de desemprego).
Mirador do Monte Ancos, a 07 de Agosto do 2.013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario