martes, 13 de agosto de 2013

Paro en Xullo 2.013


CHANCHONADA  119º

Paro en Xullo 2.013.




Datos do desemprego de Xullo do 2.013; o estudio que facemos nos concellos do Baixo Miño, pecha o mes de Xullo cun saldo -269 desempregados, o paro baixa nas cinco localidades:

 A Guarda  en Xuño de 2.013  = 947 parados  (Homes 476 e Mulleres 471)
                Menores de 25 = 58 (Homes 31 e Mulleres 27)
                Entre 25 e 44 = 493 (Homes 242 e Mulleres 251) (52,06% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  396 (Homes 203 e Mulleres 193)

                Agricultura = 148
                Industria = 136
                Construcción = 123
                Servicios = 470  (49,63% do total de desempregados)
                Sin emprego =  70               

Na Guarda o paro baixa en 54 persoas, a creación de emprego é para tódolos sectores de idade e sexos (21 empregos nos homes e 33 empregos nas féminas), excepto o grupo de sen emprego anterior que suma un parado máis. Baixa o grupo de entre 25 e 44 anos, con 30 novos empregos; baixa o sector xuvenil con +12 empregos e baixa o paro no sector da poboación máis madura (>44 anos) con +16 empregos. Tódolos sectores aportan subidas, +5 na agricultura e pesca, crea +8 empregos a industria, +6 a construcción e +36 nos servicios; pero sube o desemprego no sector de sen emprego (1 parado máis). Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -5,39%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -1,15%, con -11 parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 108 persoas.

 O  Rosal  en Xuño de 2.013  = 725 parados  (Homes 349 e Mulleres 376)
                Menores de 25 = 51 (Homes 29 e Mulleres 22)
                Entre 25 e 44 = 332 (Homes 159 e Mulleres 173) 
                Maiores de 45 =  342 (Homes 161 e Mulleres 181)  (47,17% do total de desempregados)

                Agricultura = 101
                Industria = 132
                Construcción = 139
                Servicios = 307 (42,34% do total de desempregados)
                Sin emprego =  46

No Rosal o paro baixa en 39 persoas, 20 empregos no sector masculino e 19 no sector feminino. Baixa con +7 emprego o sector xuvenil, baixa o paro no sector entre 25 a 44 anos, con +25 empregos e tamén baixa o paro na poboación madura con +7 emprego; agora este sector é o que ten máis desempregados. Na agricultura e pesca hai +4 empregos, +7 emprego na industria, +11 empregos na construcción e +15 empregos nos servicios, e 2 empregos no sector de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -5,10%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -6,22%, con -40 parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 87 persoas.


 Oia    en Xuño de 2.013  = 309 parados  (Homes 169 e Mulleres 140)
                Menores de 25 = 20 (Homes 13 e Mulleres 7)
                Entre 25 e 44 = 167 (Homes 86 e Mulleres 81)  (54,04% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  122 (Homes 70 e Mulleres 52)

                Agricultura = 36
                Industria = 37
                Construcción = 63
                Servicios = 138  (44,66% do total de desempregados)
                Sin emprego =  35

En Oia o paro baixa en 37 persoas, baixa para ambos sexos, especialmente no sector feminino, é o concello onde o paro feminino é menor; o grupo xuvenil, menor de 25 anos hai +7 empregos, hai +18 empregos no sector de 25 a 44 anos e +12 empregos no grupos >45 anos. Na agricultura e pesca hai +1 empregos, +7 na industria, +6 na construcción e +19 empregos nos servicios, e 4 empregos no sector de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -10,69%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -3,73%, con -12 parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 68 persoas.

 Tomiño    en Xuño de 2.013  = 1.712 parados  (Homes 853 e Mulleres 859)
                Menores de 25 = 136 (Homes 68 e Mulleres 68)
                Entre 25 e 44 = 816 (Homes 392 e Mulleres 424)  (47,66% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  760 (Homes 393 e Mulleres 367)

                Agricultura = 183
                Industria = 283
                Construcción = 324
                Servicios = 788  (46,02% do total de desempregados)
                Sin emprego =  134
           
En Tomiño o paro baixa en 58 persoas, hai creación de emprego en tódolos grupos de idade e sexos, ¾ dos empregos son xenerados no sector feminino. Hai +13 empregos no sector menor de 25 anos, +38 empregos na poboación de 25 a 44 anos e +7 empregos na poboación >45 anos. Creánse +1 empregos na agricultura, +14 na construcción, +1 emprego no sector da industria, +36 nos servicios e +6 no sector de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -3,27%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego sube en +20 parados, un +1,18%. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 147 persoas.


Tui    en Xuño de 2.013  = 2. 210 parados  (Homes 1.009 e Mulleres 1.201)
                Menores de 25 = 179 (Homes 103 e Mulleres 76)
                Entre 25 e 44 = 1.140 (Homes 510 e Mulleres 630)  (51,58% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  891 (Homes 396  e Mulleres 495)

                Agricultura = 83
                Industria = 388
                Construcción = 352
                Servicios = 1.116  (50,5% do total de desempregados)
                Sin emprego =  271
           
En Tui o paro baixa en 81 persoas, baixa especialmente no sector feminino; hai +4 empregos no sector menor de 25 anos, +49 empregos no sector de 25 a 44 anos e +28 empregos no sector de >45 anos. A agricultura só xenera +5 emprego, +15 empregos na industria, +8 empregos na construcción, +32 empregos nos servicios, +4 empregos no sector de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -3,53%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego sube en +46 parados, un +2,12%. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 106 persoas.


                Queremos felicitar ós 269 veciños que teñen un emprego. Pero hai desaxustes que indican que as cousas non marchan ainda ben. Neste mes tódolos concellos xa entrar en creación de emprego no que vai de ano. Só os concellos da Guarda, Oia e Rosal teñen neste mes un paro inferior ó mes de Xullo do 2.012; polo tanto Tomiño e Tui ainda teñen un paro superior a fai un ano. A maior parte do emprego xenerado é no sector feminino, e especialmente centrado no sector servicios. De momento a dinámica de creación de emprego é superior na Guarda, Rosal e Oia, de feito con ser un 40% da poboación da comarca, xeneran a metade dos empregos.

Un dos desequilibrios que detectamos está no Rosal, o grupo de >45 anos, é o grupo máis castigado polo paro, apenas hai traballos para esta poboación,... o cal vai redundar negativamente no intre das xubilacións. Pero en Oia, é onde o paro feminino, en tódolos sectores é inferior ó masculino.

Poderíamos decir que na comarca hai dúas dinámicas distintas; a zona costeira (A Guarda, Oia e Rosal), as taxas de baixada mensual son máis intensas (destaca-la baixada do -10.69% en Oia), pero tamén son ós únicos onde o paro baixa respecto ó ano pasado (especialmente no Rosal). Logo temos a zona interior (Tui e Tomiño), a baixada no paro no mes pasado é moito menos intensa e ainda teñen taxas anuaís positivas (respecto ó mes de Xullo do 2.012 crece o paro). Un concello gobernado polo PP e outro polo BNG, ante o mesmo problema, con indices similares, os mesmos resultados e unha total carencia de iniciativas para afronta-lo problema. No caso da Guarda e Rosal xa son evidentes os efectos emigratorios na poboación. 


Mirador do Monte Ancos, a 13  de Xullo do 2.013.

Vicente  Nario  Nuevo.  Profesor de Estadística, de la Universidad de Villarrubia  de  los Ojos (Ciudad Real, Castilla-La Mancha; España)






No hay comentarios:

Publicar un comentario