domingo, 18 de agosto de 2013

Luz de candil


CHANCHONADA  121º

Luz de candil.



Un apagón eléctrico é a perda de suministro de enerxía eléctrica por un período de tempo indeterminado, nunha área ben definida. As causas dun apagón poden ser: fallos nalgún dos elementos que compoñen o sistema de distribución (culpa da compañia suministradora), defectos de funcionamentos nas subestacións eléctricas (culpa da compañia suministradora), sobrecarga na rede de distribución eléctrica (culpa da compañia suministradora), exceso de consumo que non pode ser asumido pola rede de distribución (culpa da compañia suministradora) ou por daños accidentais ou intencionais na rede.

Os apagóns eléctricos son habituaís nas redes de paises con subdesenrolo; isto o podemos entender,... Pero que durante o Sábado 17 de Agosto na Guarda tivesemos +20 cortes de suministro eléctrico entre as 20.00 horas e as 01.30 horas do Domingo, isto si que non é de recibo, ¡¡¡É  TODA  UNHA  VERGOÑA!!! Pagar, si que pagamos facturas abultadas, pagamos pola enerxía eléctrica máis cara de Europa,... pero o servicio que prestan estas grandes compañias multinacionais é totalmente tercermundista. Ou sexa, pagamos recibos a prezos superiores ós paises do 1º mundo, pero recibimos servicios que están a nivel do 3º mundo.

Eran as 20.30 horas, estábamos no bar dun amigo, tiñamos cena de colegas de diferentes bandas: “Os Pérdidos”, “Ceu Escuro”, “Os do Rancho”, “Os despitados”, “Os da Alba”,... e amigos que non pertencen a ningunha banda en concreto,... pero cada 10 minutos un corte de enerxía eléctrica,... algúns duraban uns poucos segundos e outros varios minutos,... para os que estamos festexando o “Sábado do Monte” o tema non ten moita importancia,... pero para o noso amigo e os seus empregados si que lles supoñen moitas molestias no seu traballo, no servicio, na atención ós clientes,...

Pero despois do 10º apagón o tema xa deixou de ser cachondeo para ser cousa máis seria,... sobre todo cando por un deses apagóns a neveira das cervexas deixou de funcionar,... ¡¡As cervexas frias son sagradas nunha tarde calor!!,... pero todo o traballo feito, a avería desta máquina levaríalle os beneficios do día ó noso amigo; iso sí pode reclamar a Fenosa,... andar en papeleo, ir a Vigo, perder horas,... falar cóa compañía de seguros, esperar a que veña ó périto que agora está de vacacións,... máis papeleo, máis chorradas administrativas.... Chegamos á verbena para disfrutar da festa, da orquesta,...e novo apagón,... por tódolos lados escoitabanse fermosos piropos adicados a Fenosa,... onde era denominada de “filla de puta” para arriba.

Estamos atrapados polo oligopolio de Endesa, Iberdrola e Fenosa (Gas Natural),... elas mesmas marcan o prezo da corriente eléctrica a pagar, cobran por un potencia que en teoría deben de garantizar ó usuario, teñen contadores obsoletos e non revisados,... e cando chegan os cortes,... ¡¡que se foda o usuario!!. Pero unha cousa está máis que clara, dende fai anos estas grandes empresas non invirten en melloras nas instalacións eléctricas, o goberno fai a vista gorda,... e así elas engordan os seus beneficios,... e logo con todo descaro din que teñen déficit tarifario, que debe ser pagado por todos vía impostos,... ¡¡Manda carallo, inda por riba de ladróns mentirosos!!. De algún lado teñen que sair os diñeiros para pagar os xenerosos salarios que cobran ex-políticos que agora están nas nóminas destas grandes empresas; hai que paga soldos a empregados destas empresas, que traballar o que se dí traballar, ben e estar a xoga-lo padel ou ó tenis,... pois os seus traballos os asumen empresas subcontratadas a precios máis baixos e con peores condicións laborais.

Na provincia de Pontevedra, o tempo medio do corte de suministro eléctrico está en 1 hora e 15 minutos; pero as compañias eléctricas están obrigadas a pagar una compensación, cando nunha área urbana o corte non programado de enerxía eléctrica supere as 6 horas de duración, ou as 12 interrupcións no prazo de 1 ano. ¡¡Señores de Unión Fenosa, poder estar satisfeitos, onte vostedes superarón todo record de cortes para un ano, nun so día!!

Unha das cousas que máis nos Fo...de deste asunto, é que as compañias eléctricas sempre teñen un cento de disculpas administrativas-burrocráticas para non facer frente ás reclamacións dos usuarios,... pero logo con toda a cara dura (de auténtico formigón armado) presentante unha factura por un servicio, a nivel de excrementos, pero que custa un diñeiral. Aquí o usuario está totalmente indefenso, a compañía non atenden as reclamacións polo servicio de Mer...da que da, a Administración de consumo (local e autonómica) fánse os lores e tontos,... e cando te chega a factura, todos eles queren que pagues e cales.

Señores e señoras que conforman as corporacións municipais da nosa comarca; esperemos que este tema da mala calidade do servicio de distribución que ten Unión Fenosa sexa tratado nos Plenos, e se cheguen a acordos de apretarlles os cata...plines a esa empresa eléctrica,... Nós creemos que isto é un tema importante que afecta a familias, comerciantes e industriais das nosas localides,... iso de tratar si contratamos orquestas que canten en jalejo, en mozarabe andalusí ou mirandés moderno,... bueno iso é un tema de coña,... Imos a centrarnos en temas serios.

Dende este Mirador, propomoslle ó departamento de publicidade de Unión Fenosa (conocida popularmente en Galicia como Unión Penosa), que fagan un anuncio publiciatario alabando as grandes caulidades do servicio deste empresa catalana (sí, Unión Fenosa é catalana), mentrás ollamos imaxes propias de fai 100 anos de xentes ceando con luz de velas, de candís, de carburos,...e de música de fondo a canción de “apaga o candil”, cantada por Gayoso e o coro de Luar....
“Apaja o candil, Marica, chus, chus,...
Apaja o candil, que ten moita lus,...”


Mirador do Monte Ancos, a 18  de Agosto do 2.013.

Doroteo  Aguas  Claras.  Director de producción de lavabos Roca en El Meadero de la Reina (Cádiz; España)


No hay comentarios:

Publicar un comentario