CHANCHONADA 123º
Cursiños de formación carisimos.
Algo máis de 2.000 millóns de € ó ano recibe
España da Unión Europea para facer cursos de formación; unha cantidade que é
moito máis grande que os orzamentos das universidades públicas,... todo elo
para financiar cursos de peluquería, xardinería, iniciación á informática,
cantería,... e así ata algo máis de 10.000 cursos de formación que se imparten
ó longo de todo o ano,... pero que logo non teñen un efecto positivo nas
estadísticas de paro,... Cantos máis cursillos de
formación facemos, máis parados hai, polo tanto é evidente que
estes cursillos de formaicón non valen para insertar persoas no mercado laboral
e que abandonen o mundo do paro. Aquí hai algo que non funciona.
Claro que, ó
redor destes cursillos hai moitos “chupóns prefesionais” que viven do conto,
organizan un cursillo, ou varios,... montan unha academia, un escola taller
municipal,... e xa irán chegando cartos ós seus petos. Agora ben son
cursillos chusqueiros como de manipulador de alimentos, embasador de peidos
coloreados,... ou sexa cusillos dos que hai miles pero que non valen para nada.
Se presentas unha boa proposta para facer un curso con futuro e demanda
profesional, o normal é que o funcionario de turno vaite tourear con mil e un
papeis, formularios,... e logo o político de turno firma unha resolución denegatoria,
pois ti non formas parte do seu círculo de “chupóns prefesionais”. Sobre este
tema, sabemos algo, pois varios amigos presentaron a proposta ás autoridades
autonómicas de realizar un curso especializado para formar mecánicos de
competición, con bolsa de traballo incluida; ¿sábedes cal foi a resposta da
autoridade autonómica?, pois mismamente ese monosilabo: NON.
Facendo unha media dos custes de varios cursillos
sobre a mesma materia, como por exemplo un curso de peluquería,
una profesión complicada, que requere un alto coñecemento de idiomas,
matemáticas, física, química, bioloxía,.... pois vemos que a maioría deste
cursos teñen un custe por alumno de 4.000€. (no caso do País
Vasco van a 6.000€); case
que o mesmo custe que ten un alumno dunha carreira de medicina, ou unha
enxeñería de nivel superior; só que estes alumnos estudian, e os primeiros fan
que estudian e cobran. ¡¡¡Isto non é serio!!!. Nós pensamos que alguen
engorda as contas deses cursillos, para quedarse con diñeiro,... e ó mesmo
tempo, hai moito funcionario e político que non controla nin fiscaliza estas
contas; pois ambos non teñen interes en exercer tal función.
Temos un coñecido, dende a época de infantario
(guarderia) na vella escola das Carmelitas,... nunca foi un alumno brillante,
pero si moi espabilado e listo en facer amigos e amigotes. Hoxe ten una
academia de formación laboral en Vigo,... e gracias a estes cursillos o seu
negocio marcha ben, nunca lle faltan cursos da Xunta, da Deputación, do
Concello de Vigo, dos Sindicatos, das Asociacións de comerciantes,... Con todo
descaro, él nós dí que cobra sobre
55€/hora lectiva de curso, isto non o cobra un académico ou doutor na
Universidade; claro que o profesor que imparte o cruso malamente levará
12€/ hora. Así o director dun curso
de limpeza de edificios e locais, pode cobrar sobre 5.000€/ mes, e o
único que fai é face-lo control dos alumnos, fotocopias, tomar cafés e dar un
par de clases á semana.
Aquí hai moito pastel, que niguen quere soltar;
pensemos que a Fundación Tripartida (Goberno, Sindicatos e Patronal) xestionan
+770 millóns de € ó ano en cursos de formación. Tomemos o exemplo da CIG, somos
uns sindicato moi nacionalista, somos anti-europa,... pero estamos dentro da
Fundación e non lle facemos ascos a este diñeiro, nin os cursillos chusqueiros
que organizamos, que non valen para nada; xa que os bós quedan reservados para
os nosos amigos, e non para os proletarios de base. ¡¡Nacionalistas, si; pero
ainda hai clases, eh!!
Para finalizar imos a poñer algúns exemplos:
Curso de
Limpeza de superficies e mobiliarios de Edificios; Castilla León: subvención de
20.880€, para 15 alumnos (custe por alumno de 1.329€). ¡¡Ensinar a barrer,
pasa-lo pano, e fregar quere de moitas horas de estudio!!
Curso de
Peluqueria en Cantabria: subvención de
60.480€, para 15 alumnos (custe por alumno de 4.032€).
Curso de
Peluqueria no País Vasco: subvención de
97.300€, para 15 alumnos (custe por alumno de 6.486€).
¡¡Señores políticos nós tamén queremos organizar e
ser profesores en cursillos de formación!!, somos expertos en controladores de
tráfico aereo mosqueril, tamén temos coñecementos en control alfa-númerico de
angulas, técnico en encher sobre-soldos nas sedes centrais de partidos
políticos,...
¿De qué serviron as Casas de Oficios do Rosal, da
Guarda, de Tui, de Tomiño?,... das decenas de cursos que impartiron de carpinteria,
xardineria, canteria,... Non valeron para nada, ou moi
pouco,... só para que uns amigos tiveran durante anos un emprego
de profesor, e moitos destes con formación académica moi inferior ós seus
alumnos,... Lembro a un profesor de
canteria na Escola Taller da Guarda que non sabía usa-lo escalímetro,
ollaba intrigado a aquela regla con cores, diferentes medidas,... ¡¡pero non
sabía para que servía!!; despois de todo, tiña
o máis importante: era primo da Sra. Alcaldesa (Sra. Purificación).
Mirador do Monte Ancos, a 22 de Agosto do 2.013.
Susana Horia Conejo. Profesora
y Veterinaria (Perros Bravos; Nuevo León; México)
No hay comentarios:
Publicar un comentario