CHANCHONADA 125º
Inverno demográfico.
O concepto de inverno demográfico foi exposto por
Michel Schooyans aló polo ano 1.968; xa pasaron máis de 40 anos dende aquela
presentación,... pero se naqueles intres só era unha previsión demográfica,...
hoxe por desgracia en moitas zonas de Europa é unha realidade. O inverno
demográfico indica que unha determinada poboación cando permanece durante máis
dunha xeración por debaixo da taxa de reposición (2,1 fillos por muller en
idade adulta) na súa natalidade,... Ese
grupo de poboación primeiro deixa de medrar en número de habitantes, logo
comenza un proceso de envellecemento da súa poboación, e ó mesmo tempo comenza
a perder poboación, de non solucionarse este problema o proceso de perda de
poboación acelerase.
Pois ben, cando comenza o proceso de
aceleración da perda de poboación, e non hai solucións á vista,... é cando
entramos na fase de inverno demográfico. Nesta fase é na que se atopa Galicia, a natalidade segue en
mínimos históricos dende que temos resistros estadísticos (+160 anos), medra a
poboación de +70anos,... e o proceso de perda de poboación xa xomenza a dar
sinaís moi alarmantes.
En Galicia temos 53 comarcas como entidades
supra-municipais; pois dende 1.981 ó ano 2.012 41 desas comarcas perderon
poboación. Poñamos o exemplo da comarca de Terra de Caldelas, alí na ribeira
sacra do Sil; neste período de tempo esta comarca perdeu o 64,8% da súa
poboación,... ou sexa de cada 3 veciños que había en 1.981, só queda 1 veciño
residindo nesa comarca; algúns morrerón e moutros emigraron a outras zonas de
Galicia (os memos) e os máis a outras zonas de España. Neste período de tempo a
poboación de Ourense como provincia levase reducido nun 25%. Este é o gran
legado do Baltar e compani,... malgastar diñeiro en tontadas e non atender ós
verdadeiros problemas.
Pero é que case que tódalas comarcas de Ourense
presentan os mesmos sintomas que o exemplo anterior: O Ribeiro (-41,4%); Terras
de Celanova (-48,4%); Baixa Limia (-57%); Terra de Trives (-58,5%),...
Realmente na Provincia de Ourense, só hai crecemento na área da cidade de
Ourense. Na provincia de Lugo acontece algo similar, tódalas comarcas perden
poboación, menos a comarca de Lugo e a Mariña Central,... Na provincia de
Coruña acontece algo similar, tódalas comarcas perden habitantes, excepto A
Coruña, Santiago e Barbanza.
A provincia de Pontevedra é a excepción; pero ollo
só medra a zona costeira que vai dende o Barbanza ata o Baixo Miño e o Condado;
o interior da provincia perde poboación; por exemplo a comarca veciña do
Paradanta leva perdido o 44% da súa poboación.
Se revisades datos estadísticos de demografía de
Galicia, verdes que son os peores de España, da Peninsula Ibérica, de
Europa,... e nos atreveríamos a dicir de todo o Mundo. Lamentablemente como os
nosos políticos non entenden de matemáticas, nin de previsións,... non entenden
a gravidade deste problema que nos pode levar a ser un grupo humano en vías de
extinción en poucas décadas. A crisis económica é un problema grave, pero nuns
anos estará solucionado, pero solucionar unha crisis demográfica requere moitos
anos, como mínimo unha xeración (30 anos).
Para que o entendeades, cando falamos
dun País, evidentemente este necesita para existir dous elementos básicos: un
territorio onde vivir e unha poboación humana que ocupe ese territorio,
que traballa, que pensa, estudia, ten unha cultura,... ¿Qué pasa se desaparece
o grupo humano?, pois que o territorio está libre para que sexa ocupado por
outro grupo humano distinto. ¿De qué serve gastar millonadas en potencia-lo
idioma galego, se cada vez somos menos os galegos?; o lóxico sería potenciar
que haxa máis e máis galegos,... Se mal gastamos millonadas en potencia-lo
idioma, pero dentro de 100 anos desaparece o último galego, con él morre o
último falante do idioma, polo tanto morre o idioma.
Mentrás
esa grupo humano vive, traballa, constrúe nese territorio paga uns impostos cós
que crea unha serie de servicios básicos: escolas, carrteras, hospitais,
universidades, entidades administrativas,... ¿Qué sucede cando se entra
na fase de inverno demográfico?; pois a poboación envellece, a poboación en idade productiva é menor, para mante-los
recursos anteriores a parte productiva debe pagar máis impostos; a outra
solución é reduci-los servicios. Pero tamén acontece, que nesta
fase demográfica a actividade económica reducese (pois os habitantes de máis
idade reducen os seus consumos e necesidades), pero en troques son máis demandantes
de servicios sociais.
En conclusión cando entramos na fase de inverno
demográfico; as persoas maiores demandarán máis servicios sociais; os mesmos
deberán ser cubertos por unha forza productiva menguante, que deberá sopotar
unha maior presión fiscal. Moitos membros desta forza laboral, non ollarán
futuro, nin prosperidade a esa terra e tomarán a decisión de emigrar a zonas
máis prósperas. Agrabando así o proceso de inverno demográfico.
Como se soluciona, pois só dunha forma facilitando
o futuro da poboación en idade xove e adulta, incentivandolles a que teñan
descendencia,... Por desgracia as forzas
políticas máis importantes de Gailicia non entenden este problema.
A Situación no Baixo Miño ainda non é
grave,... só Oia presenta sintoma máis que evidentes que xa está dentro do
inverno demográfico,... pero nós estamos na fase de curalo problema,...
cós exemplos anteriores vemos que hai moitas comarcas de Galicia, que de non
actuar axiña,... algunhas nos próximos 20 anos apenas teran habitantes.
Os nosos
políticos saben que os nosos xubilados votan, basta cun mitín-festa
gastronómica, con pulpo, empanada, dúas tontadas politiqueiras e logo sesión
baile con pasodobres,... e xa teñen os votos dos nosos xubilados,... Pero en troques, os infantes, nenos e
chavalada non votan,... uns ainda están no infantario preocupados pola
chupeta, outros están no colexio desexando que chegue a ahora do recreo,... e
por desgracia a chavalada cando entra no Instituto, entra no campo de
adoctrinamento de certos profesores sen escrupulos, e de moi pouca catadura
moral-académica.
Mirador do Monte Ancos, a 27 de Agosto do 2.013.
Bernardo Rico Tesoro. Director
ejecutivo de Bancorico en la ciudad de Dólar (Granada; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario