viernes, 9 de agosto de 2013

Atascado no Ligero



CHANCHONADA  117º

Atascado no Ligero.



Moscú é famosa en toda Europa polos seus atascos,... as veces para percorrer 8 km tardase máis dunha hora; para tentar solucionar parte deste problemas, as autoridades decidirón que a partir do pasado 1 de Xuño, os automivilistas paguen por estacionar no centro de Moscú, previo pago de 50 rublos (1,20€) por cada hora. Claro, os automovilistas moscovitas están que “trinan en arameo”, donde antes era gratis, agora hai que pagar,... ¡¡Benvidos ás “modernidades occidentais”!!. Claro que, as autoridades moscovitas alegan que a medida non ten fins recuadatorios,... ¡¡flataria plus!!,...

Pero son as mesmas excusas que aquí dan as nosas autoridades de tráfico do goberno central para poñer máis radares, as mesmas excusas que os nosos concelleiros de tráfico (ou de atascos) poñen cando amplían as “zonas azuis” para cobrar por estacionar, ou limita-lo tempo de estacionamento,... ¿Non estarán copiando as autoridades moscovitas as excusas dos políticos españois?.

Aproveitando a excusa que nos dan os amigos moscovitas, nós imos a falar sobre o tráfico na Guarda; esperemos que os nosos concelleiros non copien a iniciativa de Moscú. Pero teremos que falar da labor do Sr. Paulino (concelleiro de atascos e similares); dende fai unhas semanas comenzaron a “frorecer” na Guarda unha gran cantidade de pasos de peóns con badéns,... ¿qué pasa están de moda?,... Algúns son necesarios para reduci-la velocidade de circulación,... pero non se equivoque Sr. Paulino, isto só é unha medida cosmética,... isto non arranxa os problemas.



Vamos, chega o puto veran, enchese isto de “guiris” (extranxeiros de máis alá dos Pirineos e da mar océana) e de “fode-chinchos” (peninsulares urbanitas),... non hai onde estacionar, as rúas non dan máis de si,... e atasco que te criou,... logo, as sinais importantes están “camufladas” por unha selva de sinais de publicidade de negocios,... que ós foráneos os induce a error,... e non é anecdótico que un turista chegue á praia de Camposancos e pregunte como se sube o Monte,... Sr. Paulino deberíamos eliminar esa “matoxeira” de sinalización publicitaria privada que estorba,... poñe-las sinais importantes en castelán e galego (estudiar si tamén é práctico poñelas en inglés),... Antes que se nos esqueza, poderían asignar algúns medios económicos públicos para que os membros da “estimada e ben apreciada” Policía Local reciban clases de inglés, portugues, francés,... e que andan moi escasos de idiomas,... e para un Vila turística isto da mala imaxe.



Como ver Sr. Paulino, no mundo está o inglés, o español, o espanglish e incluso o “spitinglix”,... Así mesmo Sr. Paulino debería vostede un día de reuni-los empregados do Concello e a conpañeiros de Corporación para aleccionalos sobre o seguinte: o uso do cinturón de seguridade é obrigatorio,... non se debe de falar polo móvil e conducir ó mesmo tempo,... e moito menos conducir despois de tar inxeridos bebidas alcohólicas,... pero sobre todo que non provoquen atasacos e molestias ós outros conductores. O exemplo disto foi o pasado día 7 de Agosto, o noso apreciado Sr. Miguel Español na “costa do Ligero” (Rúa, Enrique María Sesto), entre conducir, ó mesmo tempo falar polo móvil e fumar,... producíuselle un corto-circuito neuronal e parouse en plena costa, no arrancaba, non sabía se atende-la chamada do pitillo, se fuma-la antena do móvil,... e os demáis esperando detrás mentrás “reseteaba” o cerebro.




Finalmente Sr. Paulino; creemos que a medida de poñer unha área de estacionamento da entrada principal do colexio San Xerome Emiliani non é de todo acertada,... entendemos que este colexio ten outra entrada e podería ser usada para este fin, pois está situada nunha rúa menos tránsitada. O problema é que esta zona habilitada cada día é usada por máis xente para estacionar e face-las súas xestións privadas,... Poidera ser que sexan moitos deles ex-alumnos do San Xerome, pero o dudamos, pois o nivel de intelixencia dos alumnos do colexio é superior ós destes incívicos veciños,...

Deixándonos de bromas Sr. Paulino, esta zona de parada e estacionamento habilitada diante do do colexio San Xerome Emiliani é toda unha tonteria. Chega un coche ou furgoneta e estaciona en plena rúa, obstaculiza todo o carril, obriga ós outros conductores a pasar ó carril contrario que está limitado por unha liña contínua (polo tanto cometen unha infracción de tráfico); ademáis esta zona está nunha das rúas principais,... esta medida súa está a actuar como un trombocito, ou sexa un obstáculo que interfire na circulación, algo así como un coagulo dentro dunha arteria, ou vena,... que remta por dar un infarto. Pois iso Sr. Paulino, esta medida xenera pequenos infartos no tráfico.

¿Por qué na Guarda ainda temos rúas de ancho inferior a 2,5m de dobre sentido de circulación?; ¿será porque o concelleiro de tráfico ainda é máis estreito mentalmente?.

Mirador do Monte Ancos, a 09  de Agosto do 2.013.

Sor  Tránsito  Hatas  Cado.  Reverenda  Abadesa e Directora do Colegio Univesitario  de  Santa Viatura; Profesora de Ciencias Políticas  (Presidente Prudente; Sao Paulo; Brasil)












No hay comentarios:

Publicar un comentario