jueves, 29 de agosto de 2013

Todos contra o lume



CHANCHONADA  126º

Todos contra o lume.



Lamentable o gran incendio na parte media do Val do Tamuxe, entre Loureza, Acevedo, Fornelos, Santa Comba, Novás,... Non imos a criticar con isto ós nosos alcades e outros políticos,... Prender un lume no monte é moi fácil, pero apagar un incendio é moi complicado; e por desgracia cada ano morren moitos bombeiros, nesas labores de extinción,... Aquí, hai dúas cousas importantes é básicas:
1º ¿Quén queima o monte e porqué?.
  Plan de xestión dos montes.

Imos có primeiro; ¿quén queima o monte e porqué?. Collendo os datos das “Estadística General de Incendios Forestales” (EGIF), cós seus datos dende 1.988 ata 2.008; temos o que todos pensamos, o 85% dos incendios forestais en Galicia son provocados (polo tanto hai unha intención criminal no inicio dos mesmos), a neglixencias un 10% ou accidentes son o 4%, os provocados por causas naturais apenas chegan ó 1%,... Polo tanto as neglixencias e os provocados son o 95% do total. As neglixencias, con educación, formación, preparación poden reducirse; pero é moi díficil controla-las actividades dunha persoal individual que ten a intención de prenderlle lume ó monte; pero neste grupo perto da metade teñen unha intención: rexenerar pastos, queima de restos agrícolas,... e a outra metade teñen un fin descoñecido, ou perto do piromania.

Se poñemos os datos anteriores sobre un mapa; resalta que toda a comarca do Baixo Miño, Val Miñor, Vigo e Morrazo,... +65% dos incendios son provocados pero non teñen unha clara intencionalidade. Pero é evidentes que son producidos por unha man humana con ideas de piromania, pero que ó non ser detida non están claros os seus fins. O resto maioritariamente (1 de cada 3) son para rexenerar pastos para ganderia,...   

En criminoloxía hai un factor denominado presión sostenida; consiste en que a autoridade policial visite a certo coñecido delincuente, e puntualmente aumente o número de visitas, charlas,... e noutro as reduza, pero se fagan os encontradizos en certos lugares de visita habitual do delincuente. O delincuente, non é nada tonto para saber que está sendo vixiado, polo tanto as oportunidades para delinquir reducense,... e o espacio temporal entre delito e delito aumenta. Todo o anterior redunda nunha mellora directa da seguridade dos veciños.

Pois algo similar ó anterior podese e debese facer con certos posibles protagonistas en activar incendios: compradores de madeira queimada, propietarios de gando que pasta ceibe nos montes,... Durante o inverno visitas esporádicas, na primavera as visitas xa son máis habituais, e durante a tempada estival visita diaria, e atopalo no bar para toma-la cerveza,... Claro que se sentirán presionados, vixiados,... pero isto non é ilegal,... Eles mesmos serán sabedores que son blanco de algunha investigación, sentiranse sospeitosos,... Logo entra o xogo da psicoloxía,... ese xogo sutil que vai introducindo novas ideas na mente.

Nós so decimos que, poñendo sobre un mapa aquelas zonas de Galicia onde hai tradición de ter gando ceibe polos montes, e os concellos onde hai maior número de incendios,... ¡¡Por unha extraña casualidade ambos coinciden!!; pero nós non creemos nas casualidades. Có anterior, xa entendemos a oposición de algúns propietarios a ter ben rexistrado e controlado o número de reses que teñen polos montes,... Controlando a aquelas persoas que poidan ter intereses en arde-lo monte, seguramente reduciranse dun xeito importante o número de incendios,... e posiblemente anos despois serán ex-activistas da promoción incendiaria do monte.

Apagar un incendio no é fácil, e un incendio forestal é moi díficil de apagar; pois un bosque é unha gran masa combustible espallada por unha área xeográfica moi extensa, con diferentes formas orográficas, con malas vías de comunicación e acceso, sen infraestructuras técnicas,... Pero aquí levamos 40 anos có mesmo modelo: non coida-lo monte, e logo durante a tempada estival contratamos a uns brigadistas (bombeiros forestais) por uns poucos meses e mal pagados,... Non ten sentido que unha parte importante do orzamento da Administración competente para esta materia se gaste en soldos de persoal de alta administración, funcionarios, asesores, campañas de publicidade,... pero non invertimos nos profesionais, o material segue sendo vello e obsoleto,...

Temos que troca-lo modelo de xestión. Gastarse menos diñeiro nas cúpulas dirixentes e máis nas persoas que laboran no monte; ter ó persoal traballando durante todo o ano, facendo labores de limpeza e eliminacións de masa árboreas, de matoxos, arreglando camiños,... Se eliminamos biomasa forestal durante a primavera e veran, o monte terá menos combustible para arder durante un incendio. Polo tanto necesitamos ter un núcleo de persoal forestal estable todo o ano. Xa sabemos que temos guardabosques, pero eles non son suficiente.

Hai que replantexarse a xestión dos montes, talas, plantacións, limpezas,... Hai Comunidades de Montes que funcionan bastante ben, como son a de Vila de Suso (có Sr. Rafael Lomba ó fronte da mesma) e tamén a maioría das de Oia,... pero hai outras que non funcionan tan ben, son moi opacas e para elas o monte é a caixa do diñeiro, xa sexa para pagar una laconada e así ter a veciños có estomago cheo e ben tranquilos. Tamén hai que ir renovandoas, dandolles entrada a novos veciños-comuneros,... na Guarda hai algun presidente de Comunidade de Monte, que pode facer un lema similar ó do ex-dictador: “Kaudillo de Sálcidos, por la Gracia de Dios”.


Este é un tema moi longo, e complexo; pero esta vez hai que dicilo, gran parte das nosas autoridades locais souberon estar á altura das circunstancias e dos malos momentos, o importante era apaga-lo incendio, a seguridade dos veciños e non o grupo político, nin o localismo barato,.... ¡¡Ben Feito!! Nós pensamos que imos polo bó camiño, non hai que dar marcha atrás e seguir adiante. Podemos e debemos mellorar máis cousas, pero sobre todo non ladrarnos uns a outros, este é un tema onde todos debemos arrimar ó ombro, hai que ter moi craro, o enemigo común son os priromanos e os incendiarios.


 Mirador do Monte Ancos, a 29  de Agosto do 2.013.

Francisco  Jones Gallego (PACO JONES) . Ingeniero de producción y transporte de crudo de la TEXACO  JONES OIL (CorpusChristi; Texas, USA).






martes, 27 de agosto de 2013

Inverno demográfico


CHANCHONADA  125º

Inverno demográfico.



O concepto de inverno demográfico foi exposto por Michel Schooyans aló polo ano 1.968; xa pasaron máis de 40 anos dende aquela presentación,... pero se naqueles intres só era unha previsión demográfica,... hoxe por desgracia en moitas zonas de Europa é unha realidade. O inverno demográfico indica que unha determinada poboación cando permanece durante máis dunha xeración por debaixo da taxa de reposición (2,1 fillos por muller en idade adulta)  na súa natalidade,... Ese grupo de poboación primeiro deixa de medrar en número de habitantes, logo comenza un proceso de envellecemento da súa poboación, e ó mesmo tempo comenza a perder poboación, de non solucionarse este problema o proceso de perda de poboación acelerase.

Pois ben, cando comenza o proceso de aceleración da perda de poboación, e non hai solucións á vista,... é cando entramos na fase de inverno demográfico. Nesta fase é na que se atopa Galicia, a natalidade segue en mínimos históricos dende que temos resistros estadísticos (+160 anos), medra a poboación de +70anos,... e o proceso de perda de poboación xa xomenza a dar sinaís moi alarmantes.

En Galicia temos 53 comarcas como entidades supra-municipais; pois dende 1.981 ó ano 2.012 41 desas comarcas perderon poboación. Poñamos o exemplo da comarca de Terra de Caldelas, alí na ribeira sacra do Sil; neste período de tempo esta comarca perdeu o 64,8% da súa poboación,... ou sexa de cada 3 veciños que había en 1.981, só queda 1 veciño residindo nesa comarca; algúns morrerón e moutros emigraron a outras zonas de Galicia (os memos) e os máis a outras zonas de España. Neste período de tempo a poboación de Ourense como provincia levase reducido nun 25%. Este é o gran legado do Baltar e compani,... malgastar diñeiro en tontadas e non atender ós verdadeiros problemas.

Pero é que case que tódalas comarcas de Ourense presentan os mesmos sintomas que o exemplo anterior: O Ribeiro (-41,4%); Terras de Celanova (-48,4%); Baixa Limia (-57%); Terra de Trives (-58,5%),... Realmente na Provincia de Ourense, só hai crecemento na área da cidade de Ourense. Na provincia de Lugo acontece algo similar, tódalas comarcas perden poboación, menos a comarca de Lugo e a Mariña Central,... Na provincia de Coruña acontece algo similar, tódalas comarcas perden habitantes, excepto A Coruña, Santiago e Barbanza.

A provincia de Pontevedra é a excepción; pero ollo só medra a zona costeira que vai dende o Barbanza ata o Baixo Miño e o Condado; o interior da provincia perde poboación; por exemplo a comarca veciña do Paradanta leva perdido o 44% da súa poboación.

Se revisades datos estadísticos de demografía de Galicia, verdes que son os peores de España, da Peninsula Ibérica, de Europa,... e nos atreveríamos a dicir de todo o Mundo. Lamentablemente como os nosos políticos non entenden de matemáticas, nin de previsións,... non entenden a gravidade deste problema que nos pode levar a ser un grupo humano en vías de extinción en poucas décadas. A crisis económica é un problema grave, pero nuns anos estará solucionado, pero solucionar unha crisis demográfica requere moitos anos, como mínimo unha xeración (30 anos).

Para que o entendeades, cando falamos dun País, evidentemente este necesita para existir dous elementos básicos: un territorio onde vivir e unha poboación humana que ocupe ese territorio, que traballa, que pensa, estudia, ten unha cultura,... ¿Qué pasa se desaparece o grupo humano?, pois que o territorio está libre para que sexa ocupado por outro grupo humano distinto. ¿De qué serve gastar millonadas en potencia-lo idioma galego, se cada vez somos menos os galegos?; o lóxico sería potenciar que haxa máis e máis galegos,... Se mal gastamos millonadas en potencia-lo idioma, pero dentro de 100 anos desaparece o último galego, con él morre o último falante do idioma, polo tanto morre o idioma.

Mentrás esa grupo humano vive, traballa, constrúe nese territorio paga uns impostos cós que crea unha serie de servicios básicos: escolas, carrteras, hospitais, universidades, entidades administrativas,... ¿Qué sucede cando se entra na fase de inverno demográfico?; pois a poboación envellece, a poboación en idade productiva é menor, para mante-los recursos anteriores a parte productiva debe pagar máis impostos; a outra solución é reduci-los servicios. Pero tamén acontece, que nesta fase demográfica a actividade económica reducese (pois os habitantes de máis idade reducen os seus consumos e necesidades), pero en troques son máis demandantes de servicios sociais.

En conclusión cando entramos na fase de inverno demográfico; as persoas maiores demandarán máis servicios sociais; os mesmos deberán ser cubertos por unha forza productiva menguante, que deberá sopotar unha maior presión fiscal. Moitos membros desta forza laboral, non ollarán futuro, nin prosperidade a esa terra e tomarán a decisión de emigrar a zonas máis prósperas. Agrabando así o proceso de inverno demográfico.

Como se soluciona, pois só dunha forma facilitando o futuro da poboación en idade xove e adulta, incentivandolles a que teñan descendencia,... Por desgracia as forzas políticas máis importantes de Gailicia non entenden este problema. A Situación no Baixo Miño ainda non é grave,... só Oia presenta sintoma máis que evidentes que xa está dentro do inverno demográfico,... pero nós estamos na fase de curalo problema,... cós exemplos anteriores vemos que hai moitas comarcas de Galicia, que de non actuar axiña,... algunhas nos próximos 20 anos apenas teran habitantes.

Os nosos políticos saben que os nosos xubilados votan, basta cun mitín-festa gastronómica, con pulpo, empanada, dúas tontadas politiqueiras e logo sesión baile con pasodobres,... e xa teñen os votos dos nosos xubilados,... Pero en troques, os infantes, nenos e chavalada non votan,... uns ainda están no infantario preocupados pola chupeta, outros están no colexio desexando que chegue a ahora do recreo,... e por desgracia a chavalada cando entra no Instituto, entra no campo de adoctrinamento de certos profesores sen escrupulos, e de moi pouca catadura moral-académica.


Mirador do Monte Ancos, a 27  de Agosto do 2.013.

Bernardo  Rico  Tesoro.  Director ejecutivo de Bancorico en la ciudad de Dólar (Granada; España)


domingo, 25 de agosto de 2013

Alcaldes de quita i pon


CHANCHONADA  124º

Alcaldes de quita i pon.




Apenas levamos 2 anos de lexislatura municipal, e temos un pobo que remata de elexir ó seu 5º Alcalde dentro desta lexislatura; realmente o pobo non, os membros da Corporación Municipal,... Tranquilos, estamos a falar de Cudillero en Asturias. Imos a relata-los acontecementos para que sexan entendibles por todos, dun xeito algo resumido:

1º)  En Xuño do 2.011, despois das eleccións locais, resulta elexido como Alcalde, o Sr. Francisco González, cabeza de lista do PSOE, partido que ten a maioría absoluta na Corporación Municipal en Cudillero.

2º)  Meses despois, o Sr. Francisco González deixa a alcaldía, para ser deputado na Asamblea Rexional do Principado de Asturies; nese intre toma o relevo na alcaldía o Sr. Gabriel López, que era o seguinte na lista do PSOE de Cudillero.

3º)  Por motivos de índole persoal, o Sr. Gabriel López deixa as responsabilidades públicas e dimite de todo cargo municipal. Pasa a ser elexido como Alcalde, o Sr. Ingacio Fernández; con esta elección é onde se inicia o lío xurídico e legal no que está sumido o concello de Cudillero.

4º)  O Sr. Ignacio Fernández é militante do PSOE, pero non formaba parte da Corporación Municipal de Cudillero elexida nas eleccións de Maio de 2.011. Legalmente non pode ser elexido alcalde,... pero os señores concelleiros do PSOE de Cudillero fan oidos xordos a todos, apartan a Lei, e outras normas legais,...  Así que unha sentencia do Tribunal Constitucional anula o nomeamento deste Alcalde.

5º)  Despois deste lio, elixen ó Sr. Luis Fernández Garay; un dos concelleiros que renunciou a ser alcalde de Cudillero, para que o Sr. Ignacio Fernández ocupase a alcadía de Cudillero. Pero logo o Tribunal Constitucional volta anular esta elección, pois o citado señor xa tiña renunciado antes a ser Alcalde de Cudillero.

6º) Voltase a facer outro pleno da Corporación para elexir alcalde, e volta a sair elexido o Sr. Luis Fernández Garay.

Dende logo isto é todo un sainete, un quitate ti que me poño eu, logo llo paso a Fulano, que despois llo pasa a Mengano e este a Metano, para despois pasarllo a Zutano,... e o pobo que se foda e pague a bombona de butano. Nós pensamos que os candidatos a certos cargos públicos primeiro deberían pasar por un cursillo e posterior examen para adquirir coñecementos legais básicos,... se non aproban o examen,... ¡¡pois a seguir estudiando!!,... Por desgracia, hai moito analfabeto xurídico con mando en praza, e algúns pensa que por ser concelleiro de obras, chapuzas e similares,... xa está por riba da Lei, e que os demaís lles debemos pleitesia e obediencia,...

Pero unha cousa está máis que clara, as sentencias xudiciais son de obrigado cumprimento, máxime por unha autoridade que debe de dar exemplo e cumplir coa legalidade,... Non vale iso de dicir acato a sentencia, pero non a comparto, non a executo,.... e pago unhas multiñas,... ¿Será tan valente cando chegue a sentencia de inhabilitación para cargo e empleo público?

¿A qué ven todo isto do lío da Alcadía de Cudillero?;... Pois nada, que durante as Festas do Monte, as veces non podes evitar ter como veciño de mesa nunha terraza, na sesión nocturna das Festas, ó Sr. Alcalde (non imos a especificar) si era o da Guarda, ou o do Rosal,... pero con outros interlocutores comunicou que xa lle quedan poucos meses ó frente da Alcadía,... que tiña pensado renunciar uns meses antes para que a sucesora fose tomando contacto có cargo, có mando, dós deberes e responsabilidades,... pero que non miraba a sucesora moi preparada para asumir tantas responsabilidades, debería de ter outra persoa máis preparada, pero por desgracia non ten a un substituo/a que poida reemprazar á sucesora con máis posibilidades de éxito,....

Querido Alcalde; ¿e se a sucesora non ten o control, nin apoio do resto do grupo municipal, nin do grupo político local?;... Poidera suceder que esta sucesión non fose polo camiño ideado, e logo tivesemos os problemas que teñen en Cudillero; e en vez de sucesión tivesemos unha secesión.


Mirador do Monte Ancos, a 25  de Agosto do 2.013.

Aldo  Loroso  Picor.  Doctor y Profesor Universitario de Dermatología (Hygiene; Colorado; USA)







jueves, 22 de agosto de 2013

Cursiños de formación carisimos


CHANCHONADA  123º

Cursiños de formación carisimos.



Algo máis de 2.000 millóns de € ó ano recibe España da Unión Europea para facer cursos de formación; unha cantidade que é moito máis grande que os orzamentos das universidades públicas,... todo elo para financiar cursos de peluquería, xardinería, iniciación á informática, cantería,... e así ata algo máis de 10.000 cursos de formación que se imparten ó longo de todo o ano,... pero que logo non teñen un efecto positivo nas estadísticas de paro,... Cantos máis cursillos de formación facemos, máis parados hai, polo tanto é evidente que estes cursillos de formaicón non valen para insertar persoas no mercado laboral e que abandonen o mundo do paro. Aquí hai algo que non funciona.

Claro que, ó redor destes cursillos hai moitos “chupóns prefesionais” que viven do conto, organizan un cursillo, ou varios,... montan unha academia, un escola taller municipal,... e xa irán chegando cartos ós seus petos. Agora ben son cursillos chusqueiros como de manipulador de alimentos, embasador de peidos coloreados,... ou sexa cusillos dos que hai miles pero que non valen para nada. Se presentas unha boa proposta para facer un curso con futuro e demanda profesional, o normal é que o funcionario de turno vaite tourear con mil e un papeis, formularios,... e logo o político de turno firma unha resolución denegatoria, pois ti non formas parte do seu círculo de “chupóns prefesionais”. Sobre este tema, sabemos algo, pois varios amigos presentaron a proposta ás autoridades autonómicas de realizar un curso especializado para formar mecánicos de competición, con bolsa de traballo incluida; ¿sábedes cal foi a resposta da autoridade autonómica?, pois mismamente ese monosilabo: NON.

Facendo unha media dos custes de varios cursillos sobre a mesma materia, como por exemplo un curso de peluquería, una profesión complicada, que requere un alto coñecemento de idiomas, matemáticas, física, química, bioloxía,.... pois vemos que a maioría deste cursos teñen un custe por alumno de 4.000€. (no caso do País Vasco van a 6.000€); case que o mesmo custe que ten un alumno dunha carreira de medicina, ou unha enxeñería de nivel superior; só que estes alumnos estudian, e os primeiros fan que estudian e cobran. ¡¡¡Isto non é serio!!!. Nós pensamos que alguen engorda as contas deses cursillos, para quedarse con diñeiro,... e ó mesmo tempo, hai moito funcionario e político que non controla nin fiscaliza estas contas; pois ambos non teñen interes en exercer tal función.

Temos un coñecido, dende a época de infantario (guarderia) na vella escola das Carmelitas,... nunca foi un alumno brillante, pero si moi espabilado e listo en facer amigos e amigotes. Hoxe ten una academia de formación laboral en Vigo,... e gracias a estes cursillos o seu negocio marcha ben, nunca lle faltan cursos da Xunta, da Deputación, do Concello de Vigo, dos Sindicatos, das Asociacións de comerciantes,... Con todo descaro, él nós dí que cobra sobre 55€/hora lectiva de curso, isto non o cobra un académico ou doutor na Universidade; claro que o profesor que imparte o cruso malamente levará 12€/ hora. Así o director dun curso de limpeza de edificios e locais, pode cobrar sobre 5.000€/ mes, e o único que fai é face-lo control dos alumnos, fotocopias, tomar cafés e dar un par de clases á semana.

Aquí hai moito pastel, que niguen quere soltar; pensemos que a Fundación Tripartida (Goberno, Sindicatos e Patronal) xestionan +770 millóns de € ó ano en cursos de formación. Tomemos o exemplo da CIG, somos uns sindicato moi nacionalista, somos anti-europa,... pero estamos dentro da Fundación e non lle facemos ascos a este diñeiro, nin os cursillos chusqueiros que organizamos, que non valen para nada; xa que os bós quedan reservados para os nosos amigos, e non para os proletarios de base. ¡¡Nacionalistas, si; pero ainda hai clases, eh!!

Para finalizar imos a poñer algúns exemplos:
Curso de Limpeza de superficies e mobiliarios de Edificios; Castilla León: subvención de 20.880€, para 15 alumnos (custe por alumno de 1.329€). ¡¡Ensinar a barrer, pasa-lo pano, e fregar quere de moitas horas de estudio!!
Curso de Peluqueria  en Cantabria: subvención de 60.480€, para 15 alumnos (custe por alumno de 4.032€).
Curso de Peluqueria  no País Vasco: subvención de 97.300€, para 15 alumnos (custe por alumno de 6.486€).

¡¡Señores políticos nós tamén queremos organizar e ser profesores en cursillos de formación!!, somos expertos en controladores de tráfico aereo mosqueril, tamén temos coñecementos en control alfa-númerico de angulas, técnico en encher sobre-soldos nas sedes centrais de partidos políticos,...

¿De qué serviron as Casas de Oficios do Rosal, da Guarda, de Tui, de Tomiño?,... das decenas de cursos que impartiron de carpinteria, xardineria, canteria,... Non valeron para nada, ou moi pouco,... só para que uns amigos tiveran durante anos un emprego de profesor, e moitos destes con formación académica moi inferior ós seus alumnos,... Lembro a un profesor de canteria na Escola Taller da Guarda que non sabía usa-lo escalímetro, ollaba intrigado a aquela regla con cores, diferentes medidas,... ¡¡pero non sabía para que servía!!; despois de todo, tiña o máis importante: era primo da Sra. Alcaldesa (Sra. Purificación).


Mirador do Monte Ancos, a 22  de Agosto do 2.013.

Susana  Horia  Conejo.  Profesora y Veterinaria (Perros Bravos; Nuevo León; México)






martes, 20 de agosto de 2013

Una imagen para el turismo


CHANCHONADA  122º

Una imagen para el turismo.



Una de las cosas que les ha sorprendido al tío Vladimir y a la tía Galina son los coloridos de nuestros contenedores de basura; les hemos tenido que explicar que uno es para la basura orgánica, otro para el vidrio, otro para el papel y el cartón, otro para los envases de plástico,… luego han comprobado como en casa ya se hace una separación previa de los diferentes elementos de la basura, que después se depositan en los correspondientes contenedores,… Han quedado muy sorprendidos, pues de momento en Cherkassy (Ucrania) esto es algo que aún no se ve, pues las autoridades locales aún no tienen conciencia sobre el problema de la basura, su reciclado,…

Claro que una cosa es enseñar esto a un visitante, que aprende una nueva realidad, y admira este adelanto,… pero otra cosa muy distinta es ver la falta de civismo de ciertos vecinos vigueses (que solo residen los fines de semana y vacaciones) que no separan la basura y no les importa lo más mínimo el color del contenedor,… ¡¡todo al verde, aunque sea plástico!! Mucho presumir de ser profesor universitario, de trabajar en proyectos de investigación,… pero son unos auténticos incívicos y maleducados,… Ante zoquetes como este, el tío Vladimir se queda perplejo; le tengo que explicar que de momento no hay contenedor donde depositar a los tontos para su reciclaje.

Pues ya veis tengo por vecino a un profesor universitario, al que le falta por recibir muchas dosis de educación y civismo, al igual que su esposa (quien fue reina infantil de las Fiestas del Monte, allá por los primeros años 80) pero si antes era una estupida presuntuosa, con el paso de los años ese defecto se le ha agravado, y por desgracia no hay tratamiento médico que lo remedie. Tampoco es tan complicado separar la basura en casa y depositarla en el contenedor correspondiente, se requiere un poco de práctica y algo de esfuerzo mental.

Bueno ya han acabado las Fiestas del Monte, pero no vamos a hablar de las actuaciones nocturnas, de la calidad de orquestas y conjuntos musicales,… Pero señores del Concello, habrá que hacer un reflexión y revisar el sistema de limpieza de nuestras calles; no puede ser que cuando más visitantes recibimos nuestras calles se encuentren sucias, llenas de restos festivos nocturnos,… e incluso algunas tengan unos aromas a orines que se detectan a varios metros de distancia,… Desde luego podrán hacer ustedes los mejores folletos turísticos, con las fotos más hermosas,… pero la imagen matutina que reciben nuestros visitantes es cochambrosa, y a muchos nos duele y sentimos vergüenza de verlas así.

Señores, creemos que se necesita un poco más de implicación de todos, de los gobernantes, comerciantes, ciudadanos e incluso de la juventud “botellonera” (el Lunes por la mañana el Parque de “O Cancelón” era toda una escombrera llena de basura que “admiraban” los visitantes que subían al Monte),… pues tan importante es tener una buena imagen de nuestra pequeña ciudad, como del olor a limpia de la misma. De momento, esto se parece mucho a cierto caballero que los domingos se viste su hermoso traje dominical,… pero como no es muy amigo de la ducha, de la esponja y menos del jabón,… va desprendiendo ciertos aromas corporales que atufan a todos los que están próximos durante el oficio religioso dominical. ¿Lo entienden?, pues algo así les pasa a nuestras calles durante los días de fiesta, ¡¡APESTAN!!.

Llegado el verano es algo que destaca desde hace años en A Guarda, aumenta el número de turistas, de visitantes,… pero la plantilla de personal de limpieza sigue siendo la misma,… bueno este año hemos visto algo raro. Unas personas se dedicaban a limpiar nuestras calles, podía ser personal contratado eventualmente por el Concello,… pero nos chocaba que sus camisetas ponía el nombre de una empresa privada, ¿Laxes medioambiental?,… ¿fueron contratados por la Comisión de Fiestas, o los ha contratado el Concello?,… desde luego aún no sabemos quien los contrato, ni a cuanto asciende la factura,… pero desde luego los medios materiales que tenían eran casi tercermundistas: una escoba vieja, arrastraban un cesto plástico desgastado por el uso donde tenían la bolsa de basura,…

Hemos preguntado a diferentes personas que tienen asiento en la casa de la “Plaza del Reló”, todos estaban sorprendidos por esta nueva presencia de personal de limpieza privada, no estaban muy seguros de la fuente empleadora,… pero algunos miembros de la Comisión de Fiestas en principio, ellos dicen no tener nada que ver con el asunto,… ¿No estará el hijo del jardinero municipal fomentando una privatización encubierta de los servicios municipales?, así será más fácil contratar a los amigos, familiares y personas con carnet del PSOE,… No vamos a ser malos, pero una de las personas contratadas era la hija menor de un ya difunto e histórico militante del PSOE local, que por una casualidad de la vida, también es cuñada de un concejal del PSOE en activo,… ¿No será esto un Plan de Empleo reservado a personas afines del PSOE a cuenta del erario público municipal?

Bueno vamos finalizando; seguro que sobre la empresa privada investigarán nuestros concejales,… Sobre las Fiestas no nos gusto ver tan sola y triste a nuestra querida “Líderesa” del PP local. Se nos olvidaba, aún no habían firmado sus contratos de trabajo los nuevos bomberos, y ya estaban haciendo de monigotes desviadores de tráfico en el desfile del Sábado, el Domingo del Monte y ayer noche con motivo de la tirada de fuegos,… Es el problema de la mente aldeana que tiene el hijo del jardinero municipal.

Mirador do Monte Ancos, a 20  de Agosto do 2.013.

Hermelinda Cara Vieja.  Técnica de Urbanismo del Ayuntamiento de Salsipuedes (Córdoba; Argentina)






domingo, 18 de agosto de 2013

Luz de candil


CHANCHONADA  121º

Luz de candil.



Un apagón eléctrico é a perda de suministro de enerxía eléctrica por un período de tempo indeterminado, nunha área ben definida. As causas dun apagón poden ser: fallos nalgún dos elementos que compoñen o sistema de distribución (culpa da compañia suministradora), defectos de funcionamentos nas subestacións eléctricas (culpa da compañia suministradora), sobrecarga na rede de distribución eléctrica (culpa da compañia suministradora), exceso de consumo que non pode ser asumido pola rede de distribución (culpa da compañia suministradora) ou por daños accidentais ou intencionais na rede.

Os apagóns eléctricos son habituaís nas redes de paises con subdesenrolo; isto o podemos entender,... Pero que durante o Sábado 17 de Agosto na Guarda tivesemos +20 cortes de suministro eléctrico entre as 20.00 horas e as 01.30 horas do Domingo, isto si que non é de recibo, ¡¡¡É  TODA  UNHA  VERGOÑA!!! Pagar, si que pagamos facturas abultadas, pagamos pola enerxía eléctrica máis cara de Europa,... pero o servicio que prestan estas grandes compañias multinacionais é totalmente tercermundista. Ou sexa, pagamos recibos a prezos superiores ós paises do 1º mundo, pero recibimos servicios que están a nivel do 3º mundo.

Eran as 20.30 horas, estábamos no bar dun amigo, tiñamos cena de colegas de diferentes bandas: “Os Pérdidos”, “Ceu Escuro”, “Os do Rancho”, “Os despitados”, “Os da Alba”,... e amigos que non pertencen a ningunha banda en concreto,... pero cada 10 minutos un corte de enerxía eléctrica,... algúns duraban uns poucos segundos e outros varios minutos,... para os que estamos festexando o “Sábado do Monte” o tema non ten moita importancia,... pero para o noso amigo e os seus empregados si que lles supoñen moitas molestias no seu traballo, no servicio, na atención ós clientes,...

Pero despois do 10º apagón o tema xa deixou de ser cachondeo para ser cousa máis seria,... sobre todo cando por un deses apagóns a neveira das cervexas deixou de funcionar,... ¡¡As cervexas frias son sagradas nunha tarde calor!!,... pero todo o traballo feito, a avería desta máquina levaríalle os beneficios do día ó noso amigo; iso sí pode reclamar a Fenosa,... andar en papeleo, ir a Vigo, perder horas,... falar cóa compañía de seguros, esperar a que veña ó périto que agora está de vacacións,... máis papeleo, máis chorradas administrativas.... Chegamos á verbena para disfrutar da festa, da orquesta,...e novo apagón,... por tódolos lados escoitabanse fermosos piropos adicados a Fenosa,... onde era denominada de “filla de puta” para arriba.

Estamos atrapados polo oligopolio de Endesa, Iberdrola e Fenosa (Gas Natural),... elas mesmas marcan o prezo da corriente eléctrica a pagar, cobran por un potencia que en teoría deben de garantizar ó usuario, teñen contadores obsoletos e non revisados,... e cando chegan os cortes,... ¡¡que se foda o usuario!!. Pero unha cousa está máis que clara, dende fai anos estas grandes empresas non invirten en melloras nas instalacións eléctricas, o goberno fai a vista gorda,... e así elas engordan os seus beneficios,... e logo con todo descaro din que teñen déficit tarifario, que debe ser pagado por todos vía impostos,... ¡¡Manda carallo, inda por riba de ladróns mentirosos!!. De algún lado teñen que sair os diñeiros para pagar os xenerosos salarios que cobran ex-políticos que agora están nas nóminas destas grandes empresas; hai que paga soldos a empregados destas empresas, que traballar o que se dí traballar, ben e estar a xoga-lo padel ou ó tenis,... pois os seus traballos os asumen empresas subcontratadas a precios máis baixos e con peores condicións laborais.

Na provincia de Pontevedra, o tempo medio do corte de suministro eléctrico está en 1 hora e 15 minutos; pero as compañias eléctricas están obrigadas a pagar una compensación, cando nunha área urbana o corte non programado de enerxía eléctrica supere as 6 horas de duración, ou as 12 interrupcións no prazo de 1 ano. ¡¡Señores de Unión Fenosa, poder estar satisfeitos, onte vostedes superarón todo record de cortes para un ano, nun so día!!

Unha das cousas que máis nos Fo...de deste asunto, é que as compañias eléctricas sempre teñen un cento de disculpas administrativas-burrocráticas para non facer frente ás reclamacións dos usuarios,... pero logo con toda a cara dura (de auténtico formigón armado) presentante unha factura por un servicio, a nivel de excrementos, pero que custa un diñeiral. Aquí o usuario está totalmente indefenso, a compañía non atenden as reclamacións polo servicio de Mer...da que da, a Administración de consumo (local e autonómica) fánse os lores e tontos,... e cando te chega a factura, todos eles queren que pagues e cales.

Señores e señoras que conforman as corporacións municipais da nosa comarca; esperemos que este tema da mala calidade do servicio de distribución que ten Unión Fenosa sexa tratado nos Plenos, e se cheguen a acordos de apretarlles os cata...plines a esa empresa eléctrica,... Nós creemos que isto é un tema importante que afecta a familias, comerciantes e industriais das nosas localides,... iso de tratar si contratamos orquestas que canten en jalejo, en mozarabe andalusí ou mirandés moderno,... bueno iso é un tema de coña,... Imos a centrarnos en temas serios.

Dende este Mirador, propomoslle ó departamento de publicidade de Unión Fenosa (conocida popularmente en Galicia como Unión Penosa), que fagan un anuncio publiciatario alabando as grandes caulidades do servicio deste empresa catalana (sí, Unión Fenosa é catalana), mentrás ollamos imaxes propias de fai 100 anos de xentes ceando con luz de velas, de candís, de carburos,...e de música de fondo a canción de “apaga o candil”, cantada por Gayoso e o coro de Luar....
“Apaja o candil, Marica, chus, chus,...
Apaja o candil, que ten moita lus,...”


Mirador do Monte Ancos, a 18  de Agosto do 2.013.

Doroteo  Aguas  Claras.  Director de producción de lavabos Roca en El Meadero de la Reina (Cádiz; España)


viernes, 16 de agosto de 2013

¿Compartir la ropa interior?


CHANCHONADA  120º

¿Compartir la ropa interior?


Si un día se queman las lentejas, y de las lentejas pasa el fuego a la cocina, al resto de la casa,… no hay que ser muy listo para saber que debemos llamar a los bomberos,… marcamos el 112 y poco después los tendremos en casa apagando el fiasco que hemos montado. Bueno hoy esto es así, pero aún hay sitios en España donde los bomberos son un lujoso servicio que está algo lejos en el espacio y en el tiempo,… de hecho en A Guarda es un servicio que aún está en su fase de “infancia”, necesita crecer y madurar,…

En nuestras vivencias por tierras mexicanas, siempre nos sorprendió lo precario de los medios materiales, personales y de infraestructuras que tenían los bomberos,… Al principio pensábamos que este servicio está olvidado por las correspondientes autoridades municipales,… pensábamos que debían estar en los últimos renglones del presupuesto municipal, por lo cual solo le llegaban los restos del mismo. Pero nada más lejos de la realidad, realmente son servicios privados, por lo tanto no tienen asignación económica del presupuesto municipal,… es el propio servicio quien debe buscar la financiación económica para dotarse de medios técnicos, materiales,… claro que el personal no cobra, son voluntarios y a veces durante una emergencia casi no hay personal, o durante la intervención se avería el camión,…


 Definitivamente ser bombero en México es casi ser un héroe,… medios muy precarios para atender a los servicios que demandan los vecinos. Por lo tanto par tener este importante y necesario servicio se podría reducir a dos alternativas: tener un servicio privado o tener un servicio público. Realmente en la práctica en casi todo el mundo la opción que se aplica es: un servicio público dependiente de la autoridad local o metropolitana. Incluso en un país como la “Gringolandia” esta es la opción que funciona; la opción privada se queda para aquellas grandes empresas que lo necesitan activo en el mismo lugar: refinerías, petroleras, aeropuertos,…

Como decíamos antes, este servicio de bomberos en A Guarda aún está creciendo, madurando, pasando de la fase de voluntarios a la fase de profesionalización,… Pero casi desde el inicio presenta una serie de carencias estructurales:

1º)  Los bomberos de A Guarda prestan su servicio a varios concellos vecinos (Tomiño, Rosal y Oia); como es lógico en una situación de emergencia, accidente,… con peligro para la vida de personas o sus bienes, su deber es acudir. Pero las autoridades municipales de estos concellos vecinos no colaboran económicamente al sostenimiento de este servicio del cual se benefician sus vecinos. Por lo tanto, estas autoridades municipales vecinas siguen una “política de gorroneo”, consentida por la autoridad municipal de A Guarda.

2º)  El poner en marcha un servicio de bomberos, requiere una inversión en material, personal y otros medios personales,… Pero sobre todo quiere un enfoque y visión de A Guarda como el área urbana que es (pequeña ciudad) que extiende su influencia a estos concellos vecinos. La necesidad de este enfoque choca frontalmente con la miopía del gobierno municipal de A Guarda, pues su planteamiento de A Guarda se basa en una visión de esta como una “macro-aldea”, donde ellos ocupan el puesto de los señores caciques.

Hace poco más de un mes, por medio de la Xunta de Galicia se designo A Guarda como base de uno de los diferentes puestos de bomberos, con acción supramunicipal,… hay que contratar a varias personas, se celebraron las pruebas,… ¡¡Que disgusto para el Sr. Miguel Español, pues no entraron las personas afines al PSOE!! Dentro de poco deberán comenzar a trabajar, pero antes hay que dotarlos de medios materiales, personales,… Los medios materiales para el personal no son baratos:
Casco de intervención (marca MSA o Bullard) = 240 a 400€
Botas de intervención (diferentes marcas) = 100 a 190€
Chaquetón de intervención = 240 a 360€
Pantalón de intervención =  240 a 280€

Por lo tanto equipar a un bombero cuesta sobre 1.000€, tenemos que equipar a 9 y ello va a suponer 9.000€. La mente iluminada de nuestro Sr. Miguel Español tiene la siguiente idea: comprar la equitación para 3 o 4, y luego compartirla entre ellos. Esta idea es peor que tercermundista,… vamos no conocemos ninguna empresa privada, ni pública donde los operarios tengan que compartir el uniforme entre ellos, vamos esto es anti-higiénico, solo escuchar esta idea ya suena a broma de mal gusto. ¿Qué pasa, es que los miembros del gobierno municipal comparten la ropa interior entre ellos?,…

Vamos a ser serios, tenemos que dotar al personal de los medios necesarios para el trabajo,… pero cada uno con su propio uniforme, botas, casco,… Ya hablaremos de adquirir cojines neumáticos de elevación, cámara térmica, equipos de comunicación, material de apuntalamiento, vehículo de rescate en altura,… Realmente el problema que debemos resolver y con urgencia es: ¿vamos a seguir prestando este servicio en “régimen de gorroneo” a los concellos vecinos, mientras los guardeses lo pagan con parte de sus impuestos?.

El pasado 5 de Agosto, en nuestra chanchonada 115º hablamos de los sueldos de nuestros Alcaldes, de los sueldos de ciertos concejales con dedicaciones exclusivas o parciales,… Resulta que ahora los concejales con dedicaciones parciales de Oia dejan de cobrarlas, para que las cobren otros compañeros. Ahora si que entendemos el pacto secreto que hubo dentro del PP de Oia desde Junio del 2.011, durante 2 años 2 concejales cobraban sueldo, y luego 2 años después pasaban a cobrarlo los otros dos, así todos contentos,… Pues esta es la única medida de gobierno que tiene el PP de Oia: intentar cobrar sueldo todos,… pero proyectos para Oia, ¡¡NINGUNO!!

Puestos a poner en práctica la idea que el personal de bomberos compartan la equipación, uniformación,… Pues que nuestros políticos prediquen con el ejemplo, que el sueldo del Alcalde sea compartido por todos los demás,… o sea un sueldo a repartir entre los miembros de la Comisión de Gobierno municipal.

 Mirador do Monte Ancos, a 15  de Agosto do 2.013.

Carlos  Fuentes  Secas.  Profesor de Ingenieria de Minas, en la Universidad Politécnica de Fuentesaúco de Fuentidueña (Segovia; España).





martes, 13 de agosto de 2013

Paro en Xullo 2.013


CHANCHONADA  119º

Paro en Xullo 2.013.




Datos do desemprego de Xullo do 2.013; o estudio que facemos nos concellos do Baixo Miño, pecha o mes de Xullo cun saldo -269 desempregados, o paro baixa nas cinco localidades:

 A Guarda  en Xuño de 2.013  = 947 parados  (Homes 476 e Mulleres 471)
                Menores de 25 = 58 (Homes 31 e Mulleres 27)
                Entre 25 e 44 = 493 (Homes 242 e Mulleres 251) (52,06% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  396 (Homes 203 e Mulleres 193)

                Agricultura = 148
                Industria = 136
                Construcción = 123
                Servicios = 470  (49,63% do total de desempregados)
                Sin emprego =  70               

Na Guarda o paro baixa en 54 persoas, a creación de emprego é para tódolos sectores de idade e sexos (21 empregos nos homes e 33 empregos nas féminas), excepto o grupo de sen emprego anterior que suma un parado máis. Baixa o grupo de entre 25 e 44 anos, con 30 novos empregos; baixa o sector xuvenil con +12 empregos e baixa o paro no sector da poboación máis madura (>44 anos) con +16 empregos. Tódolos sectores aportan subidas, +5 na agricultura e pesca, crea +8 empregos a industria, +6 a construcción e +36 nos servicios; pero sube o desemprego no sector de sen emprego (1 parado máis). Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -5,39%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -1,15%, con -11 parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 108 persoas.

 O  Rosal  en Xuño de 2.013  = 725 parados  (Homes 349 e Mulleres 376)
                Menores de 25 = 51 (Homes 29 e Mulleres 22)
                Entre 25 e 44 = 332 (Homes 159 e Mulleres 173) 
                Maiores de 45 =  342 (Homes 161 e Mulleres 181)  (47,17% do total de desempregados)

                Agricultura = 101
                Industria = 132
                Construcción = 139
                Servicios = 307 (42,34% do total de desempregados)
                Sin emprego =  46

No Rosal o paro baixa en 39 persoas, 20 empregos no sector masculino e 19 no sector feminino. Baixa con +7 emprego o sector xuvenil, baixa o paro no sector entre 25 a 44 anos, con +25 empregos e tamén baixa o paro na poboación madura con +7 emprego; agora este sector é o que ten máis desempregados. Na agricultura e pesca hai +4 empregos, +7 emprego na industria, +11 empregos na construcción e +15 empregos nos servicios, e 2 empregos no sector de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -5,10%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -6,22%, con -40 parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 87 persoas.


 Oia    en Xuño de 2.013  = 309 parados  (Homes 169 e Mulleres 140)
                Menores de 25 = 20 (Homes 13 e Mulleres 7)
                Entre 25 e 44 = 167 (Homes 86 e Mulleres 81)  (54,04% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  122 (Homes 70 e Mulleres 52)

                Agricultura = 36
                Industria = 37
                Construcción = 63
                Servicios = 138  (44,66% do total de desempregados)
                Sin emprego =  35

En Oia o paro baixa en 37 persoas, baixa para ambos sexos, especialmente no sector feminino, é o concello onde o paro feminino é menor; o grupo xuvenil, menor de 25 anos hai +7 empregos, hai +18 empregos no sector de 25 a 44 anos e +12 empregos no grupos >45 anos. Na agricultura e pesca hai +1 empregos, +7 na industria, +6 na construcción e +19 empregos nos servicios, e 4 empregos no sector de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -10,69%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -3,73%, con -12 parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 68 persoas.

 Tomiño    en Xuño de 2.013  = 1.712 parados  (Homes 853 e Mulleres 859)
                Menores de 25 = 136 (Homes 68 e Mulleres 68)
                Entre 25 e 44 = 816 (Homes 392 e Mulleres 424)  (47,66% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  760 (Homes 393 e Mulleres 367)

                Agricultura = 183
                Industria = 283
                Construcción = 324
                Servicios = 788  (46,02% do total de desempregados)
                Sin emprego =  134
           
En Tomiño o paro baixa en 58 persoas, hai creación de emprego en tódolos grupos de idade e sexos, ¾ dos empregos son xenerados no sector feminino. Hai +13 empregos no sector menor de 25 anos, +38 empregos na poboación de 25 a 44 anos e +7 empregos na poboación >45 anos. Creánse +1 empregos na agricultura, +14 na construcción, +1 emprego no sector da industria, +36 nos servicios e +6 no sector de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -3,27%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego sube en +20 parados, un +1,18%. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 147 persoas.


Tui    en Xuño de 2.013  = 2. 210 parados  (Homes 1.009 e Mulleres 1.201)
                Menores de 25 = 179 (Homes 103 e Mulleres 76)
                Entre 25 e 44 = 1.140 (Homes 510 e Mulleres 630)  (51,58% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  891 (Homes 396  e Mulleres 495)

                Agricultura = 83
                Industria = 388
                Construcción = 352
                Servicios = 1.116  (50,5% do total de desempregados)
                Sin emprego =  271
           
En Tui o paro baixa en 81 persoas, baixa especialmente no sector feminino; hai +4 empregos no sector menor de 25 anos, +49 empregos no sector de 25 a 44 anos e +28 empregos no sector de >45 anos. A agricultura só xenera +5 emprego, +15 empregos na industria, +8 empregos na construcción, +32 empregos nos servicios, +4 empregos no sector de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -3,53%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego sube en +46 parados, un +2,12%. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 106 persoas.


                Queremos felicitar ós 269 veciños que teñen un emprego. Pero hai desaxustes que indican que as cousas non marchan ainda ben. Neste mes tódolos concellos xa entrar en creación de emprego no que vai de ano. Só os concellos da Guarda, Oia e Rosal teñen neste mes un paro inferior ó mes de Xullo do 2.012; polo tanto Tomiño e Tui ainda teñen un paro superior a fai un ano. A maior parte do emprego xenerado é no sector feminino, e especialmente centrado no sector servicios. De momento a dinámica de creación de emprego é superior na Guarda, Rosal e Oia, de feito con ser un 40% da poboación da comarca, xeneran a metade dos empregos.

Un dos desequilibrios que detectamos está no Rosal, o grupo de >45 anos, é o grupo máis castigado polo paro, apenas hai traballos para esta poboación,... o cal vai redundar negativamente no intre das xubilacións. Pero en Oia, é onde o paro feminino, en tódolos sectores é inferior ó masculino.

Poderíamos decir que na comarca hai dúas dinámicas distintas; a zona costeira (A Guarda, Oia e Rosal), as taxas de baixada mensual son máis intensas (destaca-la baixada do -10.69% en Oia), pero tamén son ós únicos onde o paro baixa respecto ó ano pasado (especialmente no Rosal). Logo temos a zona interior (Tui e Tomiño), a baixada no paro no mes pasado é moito menos intensa e ainda teñen taxas anuaís positivas (respecto ó mes de Xullo do 2.012 crece o paro). Un concello gobernado polo PP e outro polo BNG, ante o mesmo problema, con indices similares, os mesmos resultados e unha total carencia de iniciativas para afronta-lo problema. No caso da Guarda e Rosal xa son evidentes os efectos emigratorios na poboación. 


Mirador do Monte Ancos, a 13  de Xullo do 2.013.

Vicente  Nario  Nuevo.  Profesor de Estadística, de la Universidad de Villarrubia  de  los Ojos (Ciudad Real, Castilla-La Mancha; España)