miércoles, 31 de julio de 2013

Rendimento laboral do nosos concelleiros


CHANCHONADA  113º

Rendimento laboral do nosos concelleiros.



Os romanos e gregos tiñan a Fama, unha divinidade que era representada como unha figura alada que tocaba unha trompeta (proclama indistintamente a verdade como a mentira); Fama proclama os feitos dos homes, sen importarlle si son verdade, ou si son mentira,... Entre as armas de Fama estaban os rumores, as medias verdades,...  Oir a un concelleiro do goberno tentar desacreditar ós seus compañeiros de Corporación, mentrás toma uns viños, semella que é un devoto de Fama, pero tamén é sinal de mala educación... pero as causas hai que demostralas.

                Nós aquí realizamos un pequeno estudio matemático, recollemos todas as mocións que van a Pleno (iniciativas e propostas que apoian como parte do programa electoral de cada formación con representación municipal, o cal no valoramos); as mocións que teñen que ver coa Guarda, bisbarra ou comarca son máis valoradas que aquelas outras que apenas teñen que ver coa nosa bisbarra, tamén valoramos que sexan aprobadas, valoramos a asistencia ós plenos,...  e propomos unha ecuación matemática en base ós conceptos anteriores.

                Así poderemos comprobar se os datos númericos están na liña das proezas laudatorias que o sacerdotiso de Fama proclama entre viño e viño.

M =  mocións que versan sobre A Guarda;  valor +10 puntos.
N =   mocións que non versan sobre A Guarda;  valor +1 punto.
P  =  mocións que son aprobadas;  valor +2 puntos.
W, X ou Y número de mocións.

Z =  ausencia do Pleno de un concelleiro, total  valor de -1 punto.

Rendimento  productivo do grupo =   [ x (M) + y (N) + w (P) ] – Z

Eficacia  temporal  do  grupo  =  { [ x (M) + y (N) + w (P)  ] – Z } / nº de meses

Ratio de eficencia por edil  =  { Eficacia temporal do grupo } / nº de concelleiros.
(mide o traballo que aporta cada edil ó grupo, ó longo de todo o período)

Rendimento  productivo do grupo =  
PSOE = 23 ptos.    PP =  78 ptos.   BNG = 125 ptos.   CG = 314 pts.

Eficacia  temporal  do  grupo (25 meses) = 
PSOE = 0,92 ptos.    PP =  3,12 ptos.   BNG = 5 ptos.   CG = 12,56 pts.

Ratio de eficencia por edil  = 
PSOE = 0,11 ptos.    PP =  0,52 ptos.   BNG = 2,5 ptos.   CG = 12,56 pts.

 A seguir están o número de ausencias, así como un listado das diferentes mocións presentadas, a puntuación; en amarelo as que versan sobre A Guarda ou localidades próximas,... en azul as que non versan sobre A Guarda (moitas destas son presentadas polo mesmo grupo político en diferentes concellos ó mesmo tempo).

PSOE  (8 concelleiros) : 1 moción da Guarda e 3 mocións fóraneas. (25% do traballo é sobre A Guarda)

Ordinario  Novembro 2.011 (-1)
Ordinario  Novembro 2.012 (-1)

R.E. 1.224/ 2.012  Día 8 de Marzo do 2.012. Día Internacional das Mulleres. (+1 +2)
R.E.  1.724/ 2012  Escola Infantil Municipal. (+10 +2)
R.E.  6.108/ 2012  Instar o Goberno de España a modifica-lo Real Decreto Ley 23/2.012, sobre as persoas que agotan as súas prestacións por desemprego. (+1  +2)
R.E.  7.296/ 2012  Día internacional contra a violencia de xénero. (+1 +2)


PP   (6 concelleiros) : 7 mocións da Guarda . (100% do traballo é sobre A Guarda) 

Ordinario  Xullo 2.011 (-1)     Ordinario  Novembro 2.011 (-1)    Ordinario  Setembro 2.011 (-1)
Ordinario  Marzo 2.012 (-1)    Ordinario  Xuño 2.012 (-1)      Ordinario  Xullo 2.012 (-1)

 R.E. 6.974/ 2.011  Creación dunha Comisión, para a busqueda dunha mellor ubicación do mercadillo semanal da Guarda. (+10)
R.E.  1.568/ 2012  Notificación electrónica entre o Concello e a Corporación. (+10 +2)
R.E.  1.569/ 2012  Protección e promoción da riqueza web do noso concello. (+10 +2)
Moción de urxencia/2.012  Rexeitamento dos actos vandálicos no día da Folga Xeral. (+10 +2)
R.E.  3.153/ 2012  Creación dun plan  de defensa contra incendios forestais. (+10 +2)
R.E.  4.646/ 2012  Modificación da Ordenanza Fiscal Municipal de vados. (+10)
R.E.  6.107/ 2012  Modificación da actual ubicación do mercadillo. (+10  +2)


 BNG   (2 concelleiros) :  5 mocións da Guarda e 29 mocións fóraneas. (14,7% do traballo é sobre A Guarda)

Ordinario  Xullo 2.012 (-1)

R.E.  4.651/ 2.011   Plan de tráfico para A Guarda. (+10)
R.E. 4.652/ 2.011   Saneamento do porto da Guarda. (+10)
R.E. 5.829/ 2011  Control abusivas comisións bancarias. (+1 +2)
R.E. 5.830/ 2011  Derogación da orde pola que se aproban os prezos de inmobles rústicos e urbanos. (+1 +2)
R.E.  5.954/ 2011   Restitución de axudas normalización lingüística.  (+1 +2)
R.E. 5.955/ 2011   Devolucións correspondentes ás liquidacións negativas da participación nos ingresos do Estado.   (+1 +2)
R.E. 6.347/ 2.011  En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística. (+1)
R.E.  6.636/ 2.011  Recorte do Plan concertado da Xunta de Galicia.  (+1 +2)
R.E. 6.669/ 2.011  Políticas de prevención e tratamento da violencia de xénero. (+1 +2)
R.E. 7.059/ 2.011  A seguridade vial no IES A Sangriña. (+10 +2)  
Vía de urxencia en pleno: Tarxeta Sanitaria. (+1 +2)
R.E. 745/ 2.012  Declarar o día 24 de Febreiro, “Día de Rosalía de Castro”. (+1)
R.E. 746/ 2.012  Apoio á iniciativa lexislativa popular, para a defensa e promoción da sanidade pública na Galiza. (+1 +2)
R.E. 867/ 2.012  Polo 8 de Marzo do 2.012. Día Internacional das Mulleres. (+1 +2)
R.E. 886/ 2.012  Rexeitamento da Reforma Laboral aprobada polo Goberno Central. (+1 +2)
R.E. 1.437/ 2.012  Apoio á Folga Xeral do 29 Marzo e contra a reforma laboral. (+1 +2)
R.E.  1.494/ 2012  Ferry A Guarda-Caminha. (+10)
R.E.  1.715/ 2012  Promoción do Libro Galego. (+1)
R.E.  2.167/ 2012  Mantemento do servizo de axuda no fogar.  (+1 +2)
R.E.  3.021/ 2012  Situación do novo Hospital de Vigo. (+1 +2)
R.E.  3.022/ 2012  Defensa do ensino público galego. (+1  +2)
R.E.  3.154/ 2012  Conexión entre a rúa Ireira e Baixo Muro. (+10  +2)
R.E.  4.519/ 2012  Supresión do copago farmacéutico ós pensionistas. (+1 +2)
R.E.  4.619/ 2012  Revisión do acordo de exención do pago do IBI (Imposto de bens inmobles) por parte da Igrexa Católica. (+1 +2)
R.E.  4.620/ 2012  Sistema financiero galego. (+1)
R.E.  4.640/ 2012  Contras as medidas económicas e de reforma do Réxime Local do Goberno do PP. (+1 +2)
R.E.  4.641/ 2012  Que a Xunta de Galicia revoque a supresión dos servicios que prestan as oficiñas liquidadoras de tasas e impostos. (+1  +2)
R.E.  5.205/ 2012  Impedir a perda do poder adquisitivo dos funcionarios públicos, afectados polo Decreto 20/2.012.  (+1)
R.E.  5.966/ 2012  Impugnación do Real Decreto Ley 24/2.012, que legaliza o fraude das preferentes. (+1 +2)
R.E.  6.099/ 2012  Defensa do dereito das mulleres e da libre decisión sobre a maternidade. (+1 +2)
R.E.  7.155/ 2012  25 de Novembro do 2.012, Día da non violencia contra as mulleres. (+1  +2)
R.E.  7.156/ 2012  Etiquetaxe obrigatoria dos productos deo mar galego. (+1 +2)
R.E.  7.204/ 2012  Apoio á Folga Xeral do 14 de Novembro do 2.012. (+1)
R.E.  7.311/ 2012  Modificación da Lei Hipotecaria. (+1)


 CG  (1  concelleira) :  27 mocións da Guarda e 10 mocións fóraneas. (73% do traballo é sobre A Guarda) 

R.E. 4.345/ 2.011  Elaboración de Ordenanza de instalación de vallas  publicitarias.  (+10 +2)
R.E. 4838/ 2011   Proposta para a posta en marcha da “EUROCIDADE CAMINHA-A GUARDA”.  (+10 +2)
R.E.  5.488/ 2011  Solución á problemática sobre o tema do Ferry. (+10 +2)
R.E. 5.894/2011  Día internacional da Infancia. (+1 +2)
R.E. 6.241/ 2.011  Mantemento do espiritú de consenso do Pacto de Toledo, e recuperación do poder adquisitivo dos pensionistas e xubilados. (+1 +2)
R.E. 6.455/ 2.011  Medias de axuda e protección, diante do continuo peche de medios de comunicación en galego. (+1 +2)
R.E.  6.456/ 2.011   Apoio á proclamación do Estado Palestino. (+1)
R.E. 6.550/ 2.011  Prevención contra os atropelos de tráfico rural. (+1 +2)
R.E. 6.551 Modificación da Lei Hipotecaria, có fin de regula-la dación en pago e adopta-las medidas necesarias para evita-los desahucios por motivos económicos. (+1 +2)
R.E. 6.703/2.011  Actual problemática de Caixa Galicia. (+1 +2)
R.E. 7.009/ 2.011  Proposta de reordenación do tráfico na Guarda. (+10 + 2)
R.E.  1.195/ 2012  Rampa de acceso para minusvalidos na rúa Baixo Muro. (+10)
R.E.  436/ 2012  Recibir información das xuntanzas da Mancomunidade do Baixo Miño. (+10)
R.E.  486/ 2012  Elaborar unha Ordenanza para cobrar polos caixeiros bancarios nas rúas. (+10 +2)
R.E.  571/ 2012  Plataforma anti-peaxes nas autoestradas portuguesas. (+1)
R.E.  1.130/ 2012  Axuda económica ós medios de información dixital que hai na Guarda. (+10)
R.E.  1.194/ 2012  Declara zona saturada de ruidos a Rúa Manuel Alvárez. (+10)
R.E.  1.442/ 2012  Servicios na oficina da Confederación Hidrográfica Miño-Sil no Porriño. (+10 +2)
R.E.  1.470/ 2012  Retiradas das contas bancarias municipais, das entidades con afectados polas preferentes. (+10)
R.E.  1.520/ 2012  Consorcio Local para a xestión conxunta dun grupo de emerxencias e intervencións rápidas, con Oia e O Rosal. (+10)
R.E.  1.597/ 2012  Contra a reforma laboral aprobada polo Goberno. (+1)
Moción de urxencia/2.012  Conservatorio Municipal da Guarda. (+10 **)  ** = na acta hai 8 votos a favor da moción e 7 votos en contra, os votos a favor son maioría, pero na acta a Secretaria Municipal dí a moción non prospera. ¿Non entendemos o porqué?; ¿foi un erro da Secretaria ou un actuar partidista?
R.E.  2.169/ 2012  Composición da Mesa de comercio Local. (+10)
R.E.  2.460/ 2012  Convenio de colaboración entre o Concello e a asociación “O Cancelón” (Comisión da Festas do Monte). (+10)
R.E.  2.648/ 2012  Composición dos tribunais de selección do persoal municipal. (+10)
R.E.  3.155/ 2012  Rexistro da marca de propiedade intelectual “Festas do Monte”. (+10)
R.E.  3.156/ 2012  Elaboración dun “Plan de autoprotección” para as Festas do Monte. (+10)
R.E.  4.996/ 2012  Contra a supresión das Entidades Locais Menores (Camposancos). (+10  +2)
R.E.  5.482/ 2012  Uso compartido da Seguridade Social e Instituto Social da Mairña. (+10  +2)
R.E.  5.483/ 2012  Cambio de ubicación de parte do mercadillo. (+10)
R.E.  6.877/ 2012  Limpeza integral da Alameda. (+10)
R.E. 7.262/ 2012  Retira de contas municipais daquelas entidades bancarias que executen o embargo da vivenda dun veciño da Guarda. (+10)
R.E.  7.263/ 2012  Recollida de aceites usados de uso doméstico por parte do Concello. (+10)
R.E.  7.267/ 2012  Realizar un estudio sobre un novo pabellón deportivo na zona da Sangriña. (+10)
R.E.  7.407/ 2012  Contra o proxecto de Lei das novas taxas xudiciais. (+1 +2)
R.E.  7.424/ 2012  Revisión e inspección das anclaxes de farolas e outro tipo de alumeado público. (+10)
R.E.  7.434/ 2012  Dotar dun desfribilador ó pabellón municipal. (+10)


Moción conxunta do PSOE, PP e Converxencia Galega/ 2012  Mantenemento da comunicación entre A Guarda e Camiña. (+10 +2)  [a nota total será dividida entre os tres grupos]

 Conclusións:
1º)  Tanto o PSOE, pero especialmente o BNG teñen un gran uso de mocións que non teñen que ver coa Guarda e bisbarra, o leelas notanse que están feitas fóra,... especialmente no caso do BNG (+84% do traballo venlles de fóra).
2º)  O PP centra todo o seu traballo a nivel local; así como gran parte do traballo da única concelleira de CG.
3º)  Dende Novembro do 2.012 non se celebran plenos ordinarios, polo tanto o rendimento está a baixar, moi especialmente naqueles grupos con tendencia a labourar pouco.
4º)  Sorprende que o grupo máis númeroso (PSOE) sexa o menos eficiente de todo, os seus ratios son moi baixos,... Tamén nós sorprende a eficiencia do PP e de CG,... pensabamos que eran de menor eficiencia como proclama o sacerdotiso de Fama,... pero os números demostran o contrario, ainda así e todo a eficiencia de cada edil do PP é baixa.

Nota ==  Non tedes por que estar de acordo có noso sistema de puntuación, coas nosas fórmulas matemáticas; pero a partir do listado que fixemos en base as actas dos Plenos, vos mesmos podedes organizar outro sistema distinto.


Mirador do Monte Ancos, a 01  de Agosto do 2.013.

Tecla  Letra  Grande.  Profesora de Ingenieria Informática, en la Universidad Politécnica de Arroba (Ciudad Real; España).




martes, 30 de julio de 2013

A caída do Imperio


CHANCHONADA  112º

A caída do Imperio.



              Hoxe imos a facer un pouco de historia, imos a falar de certa persoa (non lle imos a poñer nome). Eran os anos inmediatamente posteriores á guerra civil, o noso protagonista sempre estivo moi perto do bando vencedor, loitou nese bando, iso sí servindo a un importante xeneral, e xunto a él fixo moitos contactos e “amigos” que logo seguíu cultivando no seu interese particular.

                Xa no pobo, nese anos de posguerra, inicíase como comerciante e tamén como “estraperlista” (contrabandista, baixo a protección de certos mandos militares, era intocable para as forzas da Lei). En poucos anos xa era un importante comerciante e empresario de diversos sectores, pero nunca olvidaba agradecer ós seus amigos do exército, a funcionarios que axilizaban papeis, a mandos políticos,... había que en engrasa-la maquinaria. Así o nosos protagonista creou un “pequeno imperio comercial e industrial”.

                Pero os anos pasan para todos, todo o imperio pasou a máns dos fillos; pero o imperio xa non medrou, os fillos sobre todo consolidaron o poder económico social, acrecentaron as redes de influencia políticas,... Pero os anos seguiron pasando e as empresas pasaron as mans dos netos,... os signos de decadencia que había na época dos pais, aquí xa eran problemas irresolubles, os netos venderon as empresas, mal gastaron o capital en luxos,... e noxe apenas queda nada daquel explendor que con esforzo creara o avó.

                Así pechouse o triángulo que expresa moi ben o seguinte dito: “Abuelo bodeguero, hijo caballero y nieto pordiosero”. Os fillos xa non foron capaces de medrar, pero facían ostentación da riqueza, escondían as orixes humildes,... pero os tempos ían trocando a realidade social, cultural, política do seu pobo natal,... pero eles non eran capaces, ou non quixeron adaptarse a eses trocos. Logo chegaron os netos, foron criados na opulencia, no bo vivir, non tiñan cultura de esforzo, de sacrificios, de innovación,... pero iso sí sabían esquiar na mellores estación de inverno, ían en iates ó Caribe, tiñan pisos en Paris,... e cando tomaron o mando das empresas, delegaron todo en mans de empregados, pois eles estaban moi ocupados disfrutando da vida regalada e cara que levaban.

                En poucos anos todo aquilo acabouse, as empresas ou están pechadas, mal vendidas,... Daqueles apelidos nomeados con respeto, veneración e temor,... xa non queda nada,... incluso os netos viven lonxe, pois a súa soberbia lles impide levar unha vida normal entre aqueles veciñós que durante moitos anos eles despreciaron como se fosen inferiores, porque eran empregados,...

            Todo o que sube remata por baixar, tódolos imperios rematan por cair,... Nestes últimos 40 anos nas terras miñotas temos visto moitos exemplos disto, cada lector pode poñerlle o nome que estive oportuno, de moitos sectores empresariais, comerciais,... Na caida influén básicamente dous elementos: a falla de preparación do relevo xeracional e a falla de adaptación á realidade cambiante do entorno económico e social. Mentrás nós escribimos isto e ti o lees; estase a producir a caida silenciosa da nova tandada de grupos empresariais familiares, do sector da construcción, do sector da pesca de altura, do sector de material de construcción, das bodegas de viño, do sector inmobiliario,...

                Algúns na súa soberbia, na súa incapacidade para acepta-la realidade, neganse a baixar do mercedes, BMW,... pero os seus impagos corren de móvil en móvil,... Tan importante como as formas tamén é o contido; a pesar de guarda-las formas e as apariencias,... é imposible tapar que xa non hai contido, o seu tempo xa morreu.

            Para rematar, os nosos veciños pasamos un fin de semana cargo de luto polas victimas do accidente ferroviario en Santiago. Pero voltamos a recalca-la importancia das formas e do contido; está moi ben guarda-las formas do luto oficial, poñe-las bandeiras a media asta e con crespóns negros,... pero tamén hai que respeta-lo contido do luto. ¿Porqué non se suspenderon certos actos festivos?, nós entendemos que isto é unha señal de moi mala educación; todos entendemos que certos actos lúdicos e festivos deberían ser suspendidos e feitos en datas posteriores.

                Os tempos mudan, as formas que teñen algúns de facelas cousas non; se non son capaces de adaptarse ós tempos,... logo os tempos os borrarán.

 Mirador do Monte Ancos, a 30  de Xullo do 2.013.

Segundo  Primo  de lo Reyes.  “Marqués del Usted no sabe Quien soy Yo” (Manteca; San Joaquín; California; USA)

domingo, 28 de julio de 2013

El año del Hidalgo


CHANCHONADA  111º

El año del Hidalgo.



            El “año del Hidalgo” es una expresión muy mexicana, sobre todo tiene que ver con el calendario previo a los comicios electorales,... allí como no existe la posibilidad legal de re-elección, los diferentes cargos electos, varios meses antes de las elecciones (a las que no se pueden presentar) se dedican a gastar todo el presupuesto, lo que no está en el presupuesto,... y dejar la caja sin dinero alguno; así el que venga después que solucione el problema de falta de fondos. A nivel popular existe la frase: “¡Año de Hidalgo!, chingue a su madre el que deje algo”,... la podríamos mencionar como, en el año del Hidalgo, hijo de puta el que deje algo.

                Los políticos españoles, portugueses, italianos,... no conocen esta expresión de nuestros hermanos mexicanos; pero a pesar de no conocerla, si que hacen lo mismo que sus compadres de allí. En el año anterior y en los meses previos a las elecciones comienzan a realizar obras que están dentro del presupuesto, previa modificación presupuestaria inflando el capítulo de obras,... gastar los escasos recursos monetarios que hay en caja, aumentar la deuda,... O sea hacen justamente lo mismo; solo que aquí a esta actitud aún no la hemos bautizado; a nosotros desde este “Mirador” nos gusta la expresión de “año del Hidalgo”, para referirnos a esa fiebre gastadora que le entran a los políticos en los meses previos a las citas electorales.


                Pues dentro de poco más de un mes, en Septiembre, nuestros hermanos portugueses estarán inmersos en el proceso electoral municipal, tendrán que decidir quienes formarán parte de sus Cámaras Municipales,... Sólo que este año no se ve tanto afán de gastar dinero, más obras nuevas,... quizás más carteles nuevos, nuevas manos de pintura para tener todo bien bonito,.... ¡¡Que pena, está siendo un año de Hidalgo bastante triste!!.

                Pues ahora en los momentos previos al inicio de la campaña electoral, nos sale nuestra querida Sra. Julia Paula Costa (Alcaldesa- Presidenta de la Cámara Municipal de Caminha), y nos dice que el Concello de A Guarda por la gestión del ferry les debe 2.600.000€, y dado que no pagan, ha decidido poner todo en manos de la Justicia. Al principio pensamos que esto podía formar parte del juego electoral, para desviar la atención sobre otros temas,....

                Sólo que en este tema del Ferry, desde su inauguración el 2 de Diciembre de 1.995, hay mucha ocultación de verdades, se dicen medias verdades,... y hay muchos silencios,... Pero eso sí, ningún responsable de ninguno de los dos Concellos sale a publicar las cuentas, año a año y desde el inicio,... ¿Será porqué hay pocos o ningún responsable dentro de nuestros Concellos?.

                1º)  La billetera del Pasaxe, por los datos que tenemos hoy puede tener una recaudación media de 150.000€ al año, si dividimos la deuda reclamada por esta cantidad,... nos sale 17 años,... O sea, ¿la Sra. Alcaldesa de Camiña está a decir que el Concello de A guarda no le paga desde 1.997?. A nosotros estos números no nos cuadran, ni la cantidad reclamada como deuda, ni el supuesto período de impago. En un informe del Sr. Miguel Santirso Fernández (ex tesorero del Concello de A Guarda): “Transferido a Camiña lo total del recaudado, descontado lo gastos, desde el 2 de Diciembre de 1.995 hasta el 31 de Diciembre de 1.999; desde el 1 de Enero de 2.000 no se transfiere fondos a Camiña”

                2º)  La Sra. Julia Paula Costa, Alcaldesa de la Cámara de Camiña se le olvida decir que desde su toma de posesión ella ha dejado de comunicar al Concello de A Guarda los datos de recaudación de Camiña,... Por lo tanto desde su parte hubo un negar datos y un actuar de mala fe. En la documentación que tenemos nosotros, la Cámara Municpal de Camiña desde el año 2.000 en adelante ha dejado de comunicar datos económicos sobre la gestión del Ferry; ver el punto 5º.

                3º)  La Sra. Julia Paula Costa, Alcaldesa de la Cámara de Camiña, nos dice en la prensa que el Ferry tiene unos gastos de 200.000€ anuales. ¿Porqué no explica con números, datos y en qué conceptos se gastan esos 200.000€?. En nuestros datos, entre los años 1.996 a 1.999 la media de gastos entre los dos concellos era de 150.000€.

                4º)  En los documentos municipales de A Guarda que tenemos, firmados por el Sr. Miguel Santirso Fernández (ex tesorero del Concello); en los años que Camiña y A Guarda compartían información daba un beneficio medio de explotación +130.000€,… Así mismo con esos datos, el coste del Ferry quedaría amortizado en el año 2.001.

                5º)  El Sr. Miguel Santirso Fernández (ex tesorero del Concello) en un determinado informe de Septiembre el 2.004 escribe lo siguiente:  “Camiña tiene nuestras cuentas actualizadas a 31 de Diciembre de 2.003, pues realizamos entrega de la documentación al finalizar cada semestre. A Guarda no tiene la documentación de Camiña desde el día 1 de Enero de 1.999.”

                6º)   El Sr. Miguel Santirso Fernández (ex tesorero del Concello); en ese informe de Septiembre el 2.004 escribe lo siguiente: “No existe conversaciones entre los responsables del Servicio de Intervención de ambas Administraciones”. Esto quiere decir que los responsables máximos de llevar las cuentas municipales no se conocen, no conocen los datos del otro lado, no hay propuestas conjuntas de administración, gestión,… todo esta en manos de políticos.

                7º)   El Sr. Miguel Santirso Fernández (ex tesorero del Concello); en ese informe de Septiembre el 2.004 escribe lo siguiente: “Saldo de la cuenta bancaria donde se guardan los fondos del Ferry desde el 1 de Enero de 2.000 hasta el 31 de Mayo del 2.004: 312.687,40€.  No constan que el dinero del Ferry fuera gasta en otras partidas o conceptos”. Lo que nos dice el ex tesorero municipal es que desde 1 de Enero en saldo del Ferry se guarda en una cuenta bancaria, por un importe de 312.687,40€ (lo que hace una media anual de 89.340€; una vez descontados los gastos); pero lo más importante es que ese dinero no se gasto en nada.


                Ahora viene la Sra.  Julia Paula Costa, Alcaldesa de la Cámara de Camiña nos dice que le debemos una burrada de dinero,… pero no lo demuestra documentalmente; desde nuestro gobierno municipal solo hay silencio, silencio,… ¿No saben hacer cuentas?, ¿por qué no las publican?,… El año pasado nuestro Sr. Alcalde (Sr. José Manuel Freitas) decía en la prensa que los problemas contables con Camiña ya estaban solucionados, se le estaban pagando los atrasos,… ¿Realmente estaba solucionado?, ¿de qué atrasos nos habla y a cuanto ascienden?,… ¿Qué paso con el dinero que había en la cuentas bancarias?,… ¿qué se hace con el dinero recaudado del Ferry?,… ¿Hay un contrato de gestión entre los dos concellos?,… ¿conocen nuestros concejales y funcionarios de Intervención la cuentas de Camiña?,…

                Nuestra conclusión es que mientras los políticos discuten, no dicen las verdades, no enseñan las cuentas,… el servicio que presta el Ferry va empeorando, y quienes sufrimos las consecuencias somos los ciudadanos.

¿¿POR QUÉ  HAY  TANTO  SILENCIO  MUNICIPAL  ALREDEDOR DEL FERRY??
¿¿ALGÚN  DÍA  CONOCEREMOS  LOS  VECINOS  LAS  CUENTAS  DEL  FERRY??


                Para ampliar datos del tema, os recomendamos la lectura de la “CHANCHONADA 28º”, del 6 de Febrero del 2.013, allí tenéis más datos, de esos que desconocen la inmensa mayoría de los ciudadanos e incluso la mayoría de los concejales.


Mirador do Monte Ancos, a 28  de Xullo do 2.013.

Johannes  Freitag Feierabend (“Juan Viernes Tiempo libre”).  Profesor de Hacienda Pública de la Universidad de Pölla (Baja Austria; Austria)




viernes, 26 de julio de 2013

Militantes humillados


CHANCHONADA  110º

Militantes humillados.




         Xa é tal o descrédito dos partido políticos na España, que a inmensa maioría dos seus militantes viven como denigrados e senten que a súa militancia política é como un estigma social; pero debemos recoñecer que a inmensa maioría deles son persoas honradas e traballadoras,... que eles non teñen a culpa da falla de honorabilidade dos altos cargos dos seus partidos. A pesar da libertade política que temos, hoxe hai militantes que teñen que esconde-la súa condición de afiliado a unha agrupación política.


                Algunhas veces aquí neste “Mirador” xa falamos da importancia das formas,... os feitos son importantes, pero as formas de face-las cousas tamén,... Os nosos vellos tiñan o refrán: “o ben feito, ben parece”. Pero os altos cargos políticos, altos cargos institucionais, altos funcionarios,... xa levan moitos anos que esqueceron a importancia das formas, das apariencias, dos modais,... así comenzan a facer cousas que son legais, pero igual non son moi éticas, e posiblemente non sexan moi xustas. Pois moitas veces as cousas poder ser perfectamente legais, pero non ser xustas,... ambos conceptos non son o mesmo: unha persoa rouba pan para dar de comer a súa familia; un alto cargo apropiáse de fondos públicos, o primeiro vai para a cárcel durante anos, ó segundo non ten pena de cárcel; isto é perfectamente legal,... pero moitos cidadáns dudamos da súa xustiza.


                Que o Presidente do Tribunal Constitucional poida ter militancia política, pode ser perfectamente legal, pero isto é de moi dudosa ética, de escasa xustiza,... e dende logo de moi malas formas. Sabemos que a Lei esixe independencia política ós xuizes e maxistrados, que non sexan militantes de partidos políticos,... pero poden pertencer a asociacións profesionais que teñen unha liña ideolóxica moi achegada a deerminados partidos políticos,... ¿Non é isto unha militancia encuberta?.

¿Realmente o Presidente do Tribunal Constitucional pode ter militancia política?. Nós creemos que NON,             NON   PODE   TER   MILITANCIA   POLÍTICA.

Artígo 159º da Constitución  (Título IX sobre o Tribunal Constitucional).
2.- Os membros do Tribunal Constitucional deberán ser nomeados entre maxistrados e fiscais, profesores de Universidade, funcionarios públicos e abogados; todos eles xuristas de recoñecida competencia, con máis de 15 anos de exercicio profesional.
4.- A condición de membro do Tribunal Constitucional é incompatible: con todo mandato representativo, con cargos políticos ou administrativos, có desempreño de funcións directivas nun partido político ou nun sindicato e có emprego ó servicio dos mesmos, có exercicio das carreiras xudicial e fiscal, e con calquera actividade profesional ou mércantil.
Ademáis, os membros do Tribunal Constitucional terán as incompatibilidades propias dos membros do Poder Xudicial.
                Polo tanto para ser membro do Tribunal Constitucional, colleremos profesionais do Dereito de dous sectores distintos:
A)     Da carreira xudicial, podendo ser maxistrados ou fiscais.
B)      Profesionais do Dereito, que exercen a docencia, actúan na Administración ou teñen o Dereito como unha actividade profesional privada.
Estes últimos poden ser militantes nun partido, nun sindicato,... ¡¡Ollo ó punto final do apartado 4 que temos resaltado!!, pois ós membros do Tribunal Constitucional terán as incompatibiliades propias do Poder Xudicial, as mesmas están recollidas no artigo 127º da Constitución:
Artígo 127º da Constitución  (Título VI sobre o Poder Xudicial).
1.-  Os xuizes e maxistrados, así como os fiscais, mentrás están en activo, non poderán desempeñar outros cargos públicos, nin pertencer a partidos políticos ou sindicatos.
                En conclusión, o actual Presidente do Tribunal Constitucional non complíu coa Lei, pois antes da súa elección xa debería ter cesado na súa militancia,... e este profesional de recoñecida competencia no mundo do Dereito non alegar que descoñece a Lei,... Pero si que moitos xornalistas deberían de verificar si o que dín os políticos e altos cargos é realmente verídico, ou lle faltan partes importantes na argumentación legal que dan,...  Pero, resulta noxento ver como os membros do Tribunal Constitucional “esquecen” a notación final do apartado 4 do artigo 159º, isto denota gañas de engañar,.... despois de toda saben moi ben que o 99% dos periodistas tragan e calan.
            Poderíamos aceptar que isto fose legal, despois dunha interpretación moi tortuosa destes dous artigos da Constitución,… Xa tivemos a un ex-presidente dunha Comunidade autonoma como membro do Tribunal Constitucional,... Pedi-la baixa do partido podería ter algo de hipocresia, seguramente si, pero dende logo sería moito máis ético.

                ¿Qué pasa cós altos funcionarios?, legalmente os funcionarios deben actuar con independencia política, a Lei non lles impide militar nun partido político, ser un cargo electo,... ¿Non hai unha certa contradicción nisto?. Tamén temos moitos funcionarios que actúan con descaro de acordo ós intereses do partido donde militan, actúan na súa vida profesional movidos por pautas de ideoloxía política,... Normalmente, este dous tipos de funcionarios son os que sempre medran a postos que requiren unha designación política. Sobre eles deberíades de voltar a lee-la 51º do 23 de Marzo.

                Claro que algúns xuizes, maxistrados, altos funcionarios acollense ó artigo 16º, 2.- da Constitución: “nadie poderá ser obrigado a declarar sobre a súa ideoloxía”. Vamos señores, unha cousa é a idoloxía e outra moi distinta a militancia política. Tódolos cidadáns teñen a súa ideoloxía política, maís escorada a un lado ou a outro,... pero moi poucos teñen militancia. De acordo coa Constitución, o Tribunal Constitucional é o máximo órgano controlador da legalidade do funcionamento do Estado a tódolos niveis; ¿pero quén controla ó controlador?,... ou sexa no fondo estamos ante o vello aforismo de ¿quén vixia ó vixiante?

                Pois aquí temos un dos temas, problemas ou cuestións que necesitan de reforma na Constitución,... Hai certo partido político que leva varios anos cacarexando sobre facer unha reforma constitucional para introducir novos problemas,... Pero cando son preguntados sobre como solucionar certos problemas que xa temos, como este,... a resposta e por cara de parvo e calar.

                Con isto, cada día é máis normal que moitos cidadans e militantes de base pensan que: os altos cargos políticos están para crear problemas, non para solucionalos.

            Recomendamos que vexades a película mexicana: “La Ley de Herodes” de 1.999; segue estando moi vixente, a pesar que transcurre en México.


Mirador do Monte Ancos, a 26  de Xullo do 2.013.

Aquiles Cuatro Verdades. Profesor de Derecho Fiscal Internacional en la Universidad de Joder (Condado de Sioux, Nebraska; USA).