CHANCHONADA 195º
Volando voy.
Non me gustan as imposicións, e moitas
prohibicións tampouco,... prefiro que me traten con educación i respeto, que me
pidan as cousas por favor,... ¡¡Por favor; no pisen el cesped!!; gostame máis
así. Durante esta semana algúns gachupíns deste blog estivemos pola terras
mexicanas por cuestións laborais,... unha das cousas ás que xa estamos afeitos
é que alí díse simplemente: favor.
Nesta viaxe atopámonos cunha campaña sanitaria,
que invita ás señoras a realizarse unha autoexploración dos seus senos, para
detectar posibles nódulos que fosen indicio dun cancro de mama. Por moitos
lados dos Estados Xuntitos de Gringolandia i dos Méxicos xa fai tempo que
ollábamos os lazos rosas, sobre as campañas sanitarias para concienciar sobre o
cancro de mama,... Todo isto está moi ben, pero o lema de certas camisetas que
portan algunhas damas, señoras, rapazas mexicanas deixounos pensativos, e por
educación fixemos abstención sobre a orden da mensaxe; a mensaxe decia que
fixemos o favor de tocar, tivemos moitas tentacións,.... pero decidimos non
tocar i preguntar primeiro.
Todos temos oido falar dos recortes na sanidade,
na educación,.... Nesta viaxe tivemos que acurdir ó aeroporto de Santiago de
Compostela, buscamos o acceso á autovía A-54 con
dirección ó aeroporto; a sinal é pouco máis grande que un folio (din A4) , está
mesmo no punto de desvio,... ¡¡¡Señores gobernantes, tres ou
catro sinaís un pouco maís grandes non van levar o país á bancarrota!!!, pero
si que da seguridade ós conductores, así non daremos cambios bruscos de carril,
redundando todo na seguridade viaria colectiva.
Nesta viaxe de traballo, tivemos o “santo pracer”
de viaxar ata unha cidade de centroeuropa (onde colleríamos o enlace para voar
ó outro lado do Atlántico) con “Aero-Ryan”. Menuda merda de
viaxe con esta empresa que está xenerosamente subvencionada con fondos do
concello de Santiago, da Deputación de Coruña,... ¡¿Lembrades a
película “aterriza como puedas 1º”?!, pois voando con esta compañía irlandesa
pode acontecer cousas piores,...
Os billetes serán baratos, pero a tarxeta de embarque tes que imprimila ti mesmo, en caso
contrario pagas 74€ + IVA,... Desgraciadamente non temos a costumbre de viaxar
coa impresora,... e tivemos que someternos ó atraco deste
“aero-piratas”. Presentamos unha queixa ante a oficina de AENA,... o
funcionario, como se a cousa non fose con el, como que non é responsabilidade
da Administración de transportes aereos,... Este voo, era entre dúas cidades
europeas que están dentro de espacio Schengen,.. o persoal de “Aero-Ryan” que
si eles non aceptan o DNI, que si non é un documento valido,... ¡¡¡O DNI é un documento valido expedido
pola Policia, validado polo Ministerio do Interior y aceptado polo tratado de
Schengen!!!,... ¿¿Qué pasa
é que esta compañía ten dereito a violar sistemáticamente toda a normativa
legal de España i Europa??.
O embarque no avión semellaba máis ben unha
abordaxe, a nosa sorpresa foi que non hai asignado un asento predeterminado,...
Isto era pior que nos viaxes en autobus na España dos anos 60,... Logo o
repertorio dos empregados de “Aero-Ryan” tentando vender calendarios, tolerias
(que non loterias),... só faltaba un xitano tocando a trompeta e a cabra
subindo a unha escaleira,... Hai aeroliñas do terceiromundo que funcionan moito
millor.
¿¿Señores políticos, saben vostedes a merda de
servicio que están subvencionando tan xenerosamente??, ¿¿Como é que para os
hospitais non hai diñeiro i para esta merda de servico de “Aero-Ryan” sobran
diñeiro e subvencións??. ¿¿Porqué non proban vostedes gobernantes a viaxar con
esta merda de “Aero-Ryan”??
Mentrás algúns vivimos está odisea de “Aero-Ryan”,
outro disfrutou da laconada-paletada de San Amaro; foi todo un
gusto que o Sr. José Luís Sabaríz (Presidente da Xunta rectora da Comunidade de
Montes) fálase indirectamente de nós; ¡¡¡Gracias pola publicidade!!!,
explicamos certas cousas e xa temos novos lectores; pois o Sr. Presidente
referíase ó noso artigo da chanchonada 191º, do pasado día 12 de Xaneiro deste
ano; temos que recoñecer que é todo un orgullo que o Sr. Presidente sexa lector
noso.
Este compañeiro estivo saludando a certos veciños,
como o esposo da Sra. Concelleira do PP na Entidade Local Menor de CamposAncos;
tamén tivo un rato para charlar có gran entrenador de balonmán o Sr. José
Carlos Rodríguez, i o seu xenro, o noso amigo Elias (empregado de ATSA),...
Saudamos a única concelleira da Guarda que vimos,... Realmente notouse a
ausencia de outros membros da política local (algúns estaban en Tebra en
reunión interna do BNG),... Pero, a ausencia que máis notamos é a de
“Nani” (Sr. Laureano Matos Barcia, famoso director de cine e teatro no seus
ratos libres), un dos poucos con quen manter unha charla de
certo nivel cultural e intelectiva.
Na próxima festa, esperamos convidar a un amigo
gachupín, expatriado nas terras mexicanas; que traballa como enxeñeiro de
producción nunha fábrica líder en pelotillas. ¡¡Saúdos
SANTI!!
Mirador do Monte Ancos, a 20 de Xaneiro do 2.014.
Albertino
Acquacalda Miraglia.
Director de operaciones del Aeropuerto Internacional de Lugo,
(Rávena;Emilia-Romaña; Italia)
No hay comentarios:
Publicar un comentario