domingo, 12 de enero de 2014

¡¡Paletada!!



CHANCHONADA  191º

¡¡Paletada!!.




A un integrante deste Mirador do Monte Ancos como comuneiro de CamposAncos, pronto estará festexando a tradicional “Paletada” cós seus veciños e amigos; un tradiconal xantar de paleta de porco, orella, touciño,... ¡¡Viva o colesterol!!. Pero tanto el como o resto, non estamos de acordo que a certos veciños de CamoposAncos paguen X  por este xantar e outros veciños paguen  4X, pola mesma comida.

Entendemos que veciños de CamposAncos son aqueles que viven ali, sexan comuneiros ou non; pero tamén son camposinos aqueles que por circunstancias da vida tiveron que ir a traballar e vivir fóra,.. hoxe serán madrileños, barceloneses,... pero sempre teñen a CamposAncos no seu corazón. Nós non entendemos porque se cobra este sobrepago.

Na Guarda, Rosal, Oia, Tomiño, Tui,... temos moitos exemplos onde nas festas dos nosos pobos, barrios,... hai eventos gastronómicos e o prezo polo prato, producto,... é o mesmo para todos, xesan veciños, oriundos, indixenas, oborixenes ou extraterrestres que disfrutan da festa. Na festa da Langosta pagamos o mesmo os indixenas da Guarda que os turistas, na festa do Meixón en Tui acontece o mesmo, na feira do Viño do Rosal o viño ten o mesmo prezo para todos,... ¿¿A qué ven esta discriminación??

A única explicación que nos da o veciño, é que a festa da “Paletada” é organizada pola Comunidade de Montes de CamposAncos,... Pois aproveitando isto, imos a facer unha reflexión sobre as Comunidades de Montes en man común.

Artígo 3º. 1 da  Lei 13/1.989 do Parlamento de Galicia, sobre os Montes en man común:
“A propiedade dos montes veciñais en man común, con independencia da súa orixe, é de natureza privada e colectiva; correspondendo a súa titularidade dominical e aproveitamento, sen asignación de cupos, ó conxunto de veciños titulares de unidades económicas, con casa aberta e residencia habitual nas entidades de poboación ás que tradicionalmente estivese adscrito o seu aproveitamento, e que veñan exercendo, según os suso e costumes da Comunidades algunha actividade relacionada con aqueles”.

Isto quere dicir que soamente poderán ser comuneiros (integrantes das Comunidades de Montes) os veciños desa entidade de poboación que teñan casa, sexan propietarios de fincas e residan nesa entidade de poboación. Nunha casa, piso,... poden vivir varias persoas maiores de idade (todos eles legalmente son veciños; pero só un deles podería ser comuneiro). Nós dudamos moito da legalidade e constitucionalidade desta normativa legal; esta Lei o que esconde é unha traba á particpación de cidadáns nos asuntos públicos da súa comunidade.

Imos tentar explica-las nosas dúbidas:

1º)  Veciño, é toda persoa que reside nunha determinada poboación i así está rexistrado no Padrón de Habitantes do seu Concello; polo tanto a condición legal de veciño adquirese coa inscripción no Padrón de Habitantes do Concello; para ser veciño dun concello determinado non temos que ter ou ser propietarios de fincas, casas,... ou outros bens inmobles nos entes poboacionais dese Concello,... pois aqueles veciños que viven de aluguer tamén son veciños do Concello.

Aqueles veciños que son maiores de idade son os que poden exercer certos dereitos e deberes que lle recoñecen as Leis. Polo tanto a deficinición legal de veciño que fai a Lei de Montes en man común podería non axustarse a Dereito, nin ser constitucional.

2º)  Artigo 9º.2 da Constitución:
Corresponde ós poderes públicos promove-las condicións para que a libertade e a igualdade do individuo, e dos grupos en que se integra sexan reais i efectivas; remove-los obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilita-la participación de tódolos cidadáns na vida política, económica, cultural e social”.
Artigo 14º da Constitución:
Os españois son iguais ante a Lei, sen que poida prevaler discriminacións algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calqueira outra condición ou circunstancia persoal ou social”.

Aquí, esta Lei de Montes en man común, fai que os cidadans (veciños) xa non sexan iguais ante a Lei, pois sinala unha serie de condicionantes económicos, polo tanto discrimina a aqueles veciños que non teñen eses condicionantes económicos, e os aparta da posibilidade de ser comuneiro; cando resulta que legalmente eses veciños están en posesión de tódolos seus Dereitos constitucionais e non hai ningunha sentencia xudicial que llos límite ou impida exercelos.

Os poderes públicos debe ir quitando os obstáculos para que os cidadáns participen na vida social, económica, cultural, política,... Pero esta Lei de Monte en man común, o que fai é poñer obstaculos, de condicionantes económicos; polo tanto son os propios poderes públicos os que atrancan á participación dos vecños.

Artigo 23º.1  da Constitución:
Os cidadáns teñen dereito a participar nos asuntos públicos, directamente ou por medio dos seus representantes, libremente elexidos en eleccións periódicas por sufraxio universal”.

Con esta Lei de Montes en man común, a moitos cidadáns negaselle este dereito de particpar directamente nos asuntos públicos, pois non poden acceder á condición de comuneiro.

3º)  Logo temos outra dúbida. Dende que entramos na Unión Europea, os cidadáns deste paises poden residir legalmente no noso, tamén poden ser funcionarios das nosas Administracións, tamén poder votar nas eleccións locais, tamén poder ser electos como concelleiros e incluso ser Alcaldes,... Polo tanto eles tamén legalmente son veciños, e polo tanto deberían ter a opción legal de ser comuneiros,... Pero esta Lei non dí nada.

Nós pensamos que esta Lei de Montes en man común está obsoleta socialmente, non está en consonancia có entorno socio-político. Ademáis podería ter certos elementos que sexan contrarios ó Dereito e incluso inconstitucionaís.

Queridos veciños disfrutade da “Paletada”, entendida esta como o xantar onde o pernil dianteiro do porco (paleta ou lacón) ten protagonismo; nós non queremos usa-la outra acepción de “paletada”, como o acto feito por paletos,... pero xa se sabe, ó igual que as meigas, habelos hailos.


Mirador do Monte Ancos, a 12  de Xaneiro do 2.014.

Luis  Felipe  Cabeza  Calva.  Director de operaciones portuarias del Servicio de Puertos Estatales en Puerto Cabello (Estado de Carabobo; Venezuela)




No hay comentarios:

Publicar un comentario