CHANCHONADA 198º
Ilusións e ilusos.
A seguir expomos un cadro sobre a evolución
demográfica da Guarda:
Ano Nº
de habitantes.
1.900
6.001
1.910
7.160
1.920
7.494
1.930
7.588
1.940
9.311
1.950
7.725.
1.960
7.727
1.970
8.501
1.980
9.275
1.990
10.305
Ano2.000 10.000
Ano2.010 10.472
Como vemos, A Guarda necesitou 100 anos (un
século) para medrar 4.000 habitantes, nestes 100 anos logrou
incremeta-la poboación residente nun 66%. Nas tres primeiras décadas do século
XX o crecimento é pausado, pois hai un continuo fluxo de poboación que emigra
cara América, i en menor medida a outras zonas de España. Durante os anos 30
incrementase a poboación polas restriccións emigratorias que impoñen moitos
paises de América, pero unha vez que as levantan tras finaliza-la 2º Guerra
mundial, producese un gran fluxo migratorio cara a América e tamén cara a
outras cidades industriais de España. A Guarda non comenzará a recuperar
poboación ata mediados dos anos 60.
O período de crecemento demográfico da pobación
residente na Guarda, vai dende mediados dos anos 60 ata os primeiros anos do
século XXI. Pero, dende o ano 1.990 xa topamos
unha estabilidade no nivel de residentes no entorno dos 10.300 a 10.400 residentes.
Nestes anos o fenomeno de emigratorio foi dentro de España: Barcelona, Madrid,
Canarias,... Pero dende fai 4 anos, o fenomeno xa é cara a outros países de
Europa. Así mesmo, nestes últimos 20 anos, tamén houbo un movemento de
poboación guardesa cara O Rosal i Oia; de feito no Rosal, hoxe sobre 1/3 dos
residentes son guardeses de orixen; este movemento de poboación supón en gran
medida o crecemento demográfico da poboación destes concellos.
Podemos quitar varias conclusión sobre a demografía
guardesa, durante +100 anos estivemos
“expulsando” poboación pola vía da emigración, xa fose a América, Europa,
outras zonas de España,... fenomeno no que ainda estamos inmersos. Cantos máis residentes “expulsemos” ó camiño da
emigración externa ou interna, menor será o potencial de crecemento demográfico.
Outro factor que vai influir no potencial de crecemento demográfico é a
duración no tempo do factor de “expulsión”, polo que hai unha relación
inversamente proporcional entre a duración do factor de “expulsión” e o
potencial de crecemento demográfico,... ou sexa, a maior duración temporal do factor de “expulsión”, menor será a
capacidade de crecemento demográfico. Por desgracia, a perpectiva
económica que temos, fai que moi probablemente o factor de “expulsión” vai a
seguir presente e de xeito intenso nos seguintes 6 a 8 anos.
¿A qué ven todo isto?. Imos a recoller, un extracto dunha nota de prensa do “Faro de Vigo” do 21
de Abril do 2.013, onde á Sra. Eva Gónzalez, recibe certas filtracións
interesadas dende o o goberno municipal da Guarda feita polo Sr. José Manuel
Freitas, sobre o próximo PXOM. Nós imos a escolle-las seguintes frases:
“El Plan Xeral de Ordenación
Municipal (PXOM) de A Guarda, que se concibe para un total de 18.000 habitantes y para una vigencia
comprendida desde el año 2015 al 2030,”
“El Plan Xeral diseña el municipio que se
desea para el futuro inmediato, con un posible crecimiento de 4.400 nuevos habitantes en un horizonte
previsto hasta el año 2030, con lo que la población llegaría a sumar 18.800 habitantes, con una
previsión de demanda de 2.200 viviendas.”
1º) Como
vemos, o PXOM está diseñado nun
crecemento demográfico de poboación de +4.400 novos residentes, nun período de
15 anos. Pola táboa demográfica que temos exposta, isto no caso da Guarda é irrealizable en 15 anos;
porque estámos inmersos nunha crísis económica que está expulsado pobación. Para medrar en poboación necesitamos xerar postos de
traballo estables.
2º) Para acadar esa meta de 18.800
habitantes, teremos que medrar a un ritmo anual de +300 novos residentes,...
Pero os datos demostran que levamos
20 anos estabilizados no entorno dos 10.300 a 10.400 residentes,... Necesitaríamos
entrar nun etapa de pleno emprego, que durase a mesma de 14 a 18 anos,... por desgracia
esta non é a nosa realidade.
3º) Se a
estimación matemático-demográfica son falsas por irreais e irrealizables,...
Entón non imos a crecer en +4.400 habitantes, polo tanto támpouco necesitaremos
esas 2.200 novas vivendas a construir,... O
que realmente hai detrás deste PXOM é preparar uns novos “pelotazos”
inmobiliarios, crear outra nova burbulla inmobiliaria a nivel local.
Estamos a sofri-los efectos desastrosos da
burbulla inmobiliaria que estoupou no ano 2.007,... e aquí xa hai outros ilusos
que teñen en mente crear outra,... para beneficio de catro, e logo o pobo xa
pagará as consecuencias da mesma, como acontece hoxe. ¡¡¡Hai
gobernantes que nunca aprenden dos errores, nin os cometidos por eles mesmos!!!
Xa se sabe o que dí, certo refrán moi castelán: “De ilusiones, ¡¡viven los tontos de los
cojones!!”
Mirador do Monte Ancos, a 26 de Xaneiro do 2.014.
Bernardo Rico
Tesoro. Director ejecutivo de Bancorico en la ciudad
de Dólar (Granada; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario