CHANCHONADA 193º
Paro en Decembro 2.013.
Datos do desemprego de Decembro do 2.013;
o estudio que facemos nos concellos do Baixo Miño, pecha o mes de Decembro cun
saldo +228 desempregados, o paro sube en tódolos concellos, especialmente en
Oia. Pechamos o ano 2.013 con 6.260 parados no Baixo Miño
(10 menos que no ano anterior) i temos 2.207 parados na zona da Foz do Miño (21 parados
menos que no ano anterior).
A Guarda
en Decembro de 2.013 = 1.056 parados
(Homes 523 e Mulleres 533)
Menores
de 25 = 72 (Homes 39 e Mulleres 33)
Entre
25 e 44 = 555 (Homes 262 e Mulleres 293) (52,55% do total de desempregados)
Maiores
de 45 = 429 (Homes 222 e Mulleres 207)
Agricultura
= 177
Industria
= 119
Construcción
= 114
Servicios
= 576 (54,54% do total de desempregados)
Sin
emprego = 70
Na
Guarda o paro sube en 52 persoas, sube o paro en tódolos grupos de idade i sexos;
pero moi especialmente na poboación masculina i sobre todo nos maiores de 25 anos.
Menores de 25 anos hai +8 parados, persoas de 25 a 44 anos hai +20 parados
(19 deles son varóns), e maiores de 44 anos +24 parados (23 deles son varóns). Na
agricultura e pesca hai +20 parados, industria +1 parado, construcción +8
parados, servicios +23 parados; non hai trocos no grupo de sen emprego anterior.
Respecto ó mes anterior o paro sube nun +4,92%, o diferencial
dos últimos 12 meses, o paro baixa un -0.57%, con -6 parados. No ano 2.013 o
desemprego baixa en 6 persoas; realmente é casi un bó dato pero é un valor
ínfimo, o problema estamos a acumular moitos parados no sector de +25 anos i
sobre todo na poboación masculina.
O Rosal en Decembro de
2.013 = 780
parados (Homes 382 e Mulleres 398)
Menores
de 25 = 62 (Homes 31 e Mulleres 31)
Entre
25 e 44 = 368 (Homes 182 e Mulleres 186)
(47,18% do total de desempregados)
Maiores
de 45 = 350 (Homes 169 e Mulleres 181)
Agricultura
= 112
Industria
= 119
Construcción
= 129
Servicios
= 379 (48,59% do total de desempregados)
Sin
emprego = 41
No Rosal
o paro sube en 29 persoas, sube en tódolos grupos da poboación i de idades; 2/3
dos novos parados son varóns. Poboación menor de 25 anos hai +6 parados,
poboación de 25 a
44 anos, +18 parados (11 son varóns), poboación maior de 45 anos hai +5 parados
(todos varóns). Agricultura +6 parados, industria +4 parados, construcción +6
parados, servicios +14 parados e +1 parado no grupo de sen emprego anterior.
Respecto ó mes anterior o paro sube nun +3,72%, o diferencial
dos últimos 12 meses, o paro baixa un -3,2%, con -25 parados. No
ano 2.013 o desemprego baixa en 25 persoas; pero debería prestarse atención ó
grupo de +25 anos; realmente é casi un bó dato o de o Rosal, pero ainda queda
moito por facer.
Oia en Decembro de 2.013 = 371 parados (Homes 200 e Mulleres 171)
Menores
de 25 = 22 (Homes 12 e Mulleres 10)
Entre
25 e 44 = 211 (Homes 109 e Mulleres 102)
(56,87% do total de desempregados)
Maiores
de 45 = 138 (Homes 79 e Mulleres 59)
Agricultura
= 50
Industria
= 36
Construcción
= 58
Servicios
= 193 (52,02% do total de desempregados)
Sin
emprego = 34
En Oia o
paro sube en 43 persoas, é o concello miñoto que rexistra a maior subida
porcentual (+11,59% en Decembro); sube en tódolos grupos de idade i sexos (3/4
da subida son varóns); menores de 25 +4 parados, de 24 a 25 anos hai +21 parados
(20 son varóns), e temos +9 parados nos maiores de 45 anos (todos son varóns).
Agricultura hai +5 parados, industria +3 parados, construcción +11 parados,
servicios +24 parados e non hai trocos no grupo de sen emprego anterior.
Respecto ó mes anterior o paro sube un +11,59%, o diferencial
dos últimos 12 meses, o paro sube un +2,7%, con +10 parados. No
que vai de ano 2.013 o desemprego sube en 10 persoas; a situación de Oia foi a
pior de todos, pero é o lugar onde o paro masculino está pior.
Tomiño en Decembro de 2.013 = 1.786 parados (Homes 885 e Mulleres 901)
Menores
de 25 = 156 (Homes 82 e Mulleres 74)
Entre
25 e 44 = 840 (Homes 394 e Mulleres 446)
(47,03% do total de desempregados)
Maiores
de 45 = 790 (Homes 409 e Mulleres 381)
Agricultura
= 207
Industria
= 270
Construcción
= 305
Servicios
= 865 (48,43% do total de desempregados)
Sin
emprego = 139
En
Tomiño o paro sube en 59 persoas, sube o desemprego en tódolos grupos de poboación
e idades, tamén moi especialmente na poboación masculina (95% dos novos parados
tomiñeses son varóns); sube en +8 parados a poboación menor de 25 anos (todos
varóns), +36 parados a poboación de 25 a 44 anos (31 son varóns), e +21 parados na
poboación maior de 45 anos (18 son varóns). Agricultura +9 parados, industria
+8 parados, construcción +11 parados, servicios +26 e +5 parados no grupo de
sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro sube un +3,3%.
Respecto ós últimos 12 meses o desemprego
baixa en -19 parados, un -1,06%. No que vai de ano 2.013 o
desemprego baixa en 19 persoas; Tomiño é un dos concellos onde o crecemento do
paro na poboación masculina foi máis intenso.
Tui en Decembro de 2.013 = 2. 267 parados (Homes 1.027 e Mulleres 1.240)
Menores
de 25 = 175 (Homes 98 e Mulleres 77)
Entre
25 e 44 = 1.159 (Homes 507 e Mulleres 652)
(51,12% do total de desempregados)
Maiores
de 45 = 933 (Homes 422 e Mulleres 511)
Agricultura
= 99
Industria
= 381
Construcción
= 334
Servicios
= 1.198 (52,85% do total de desempregados)
Sin
emprego = 255
En Tui o
paro sube en 45 persoas. Sube o paro en tódolos grupos de idades i sexos, tamén
moi especialmente na poboación masculina (91% dos novos parados son varóns). Na
poboación menor de 25 anos hai +10 parados, na poboación de 25 a 44 anos hai +25 parados,
e +20 parados na poboación maior de 45 anos. Agricultura +5 parados, industria
+7 parados, construcción +12 parados, servicios +22 parados e hai un emprego
novo no grupo de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o
paro sube un +1,99%. Respecto ós últimos 12
meses o desemprego sube en +30 parados, un +1,32%. No que vai de
ano 2.013 o desemprego subíu en 30 persoas.
Dos
228 novos parados, 197 son homes, ou sexa o 86% dos novos parados son
varóns;... este é un grupo de poboación que está sendo deixado de lado polos
nosos gobernantes,... ¡¡¡Non vaiamos a ofender a sectores feministas!!! Nós só
indicamos números; no caso da Guarda,
Tomiño e Tui +90% dos novos parados son homes. Na Guarda, Rosal e
Tomiño hai un certo equilibrio entre homes e mulleres que están en desemprego;
Oia é onde o paro feminino é menor, mentras que Tui é o caso contrario, onde o
paro feminino é máis alto.
A maioría dos novos parados estáse concentrado no sector de
poboación de 30 a
55 anos; tamén neste grupo estase centrado o paro de +3 anos de duración.
¡¡Habera que plantexar políticas cara a estas persoas!!; por desgracia se non
actuamos, corremos o risco que moitos destes veciños sexan expulsados para
sempre do mercado laboral, de acontecer isto entrarán na indixencia e miseria
(ou como dín os politicamente correctos e necios mentais: “risco de exclusión social”).
Nós xa non esperamos nada dos nosos gobernantes, como non saben o que é estar
no paro, que lles importa a eles un Plan de Emprego; támpouco esperamos nada de
certos delegados sindicais que pasan o día xogando a padel,...
Lamentablemente
nós non vemos eses datos eufóricos do Sr. Rajoy decindo que xa saimos da
crisis,.... Nós imos a ser sinceiros, no mellor dos casos o paro no
Baixo Miño non baixará de 2.000 parados ata finais do ano 2.018;
algúns destes 2.000 parados estarán +6 anos sen emprego.
Mirador do Monte Ancos, a 16 de Xaneiro do 2.014.
Miguel
Mato Mucho. Director Ejecutivo de la Funeraria “El Descanso
Eterno”, con sede central en Calaveras de Arriba y Abajo (León; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario