CHANCHONADA 188º
Chove sobre mollado.
Lamentamos moito o accidente deportivo da Sra.
Angela Merkel; pero podia aproveitar i face-lo seguinte experimento:
inscribirse na lista de espera de calqueira dos servicios de saúde que
xestionan as nosas autonomías, esperar 4, 5, 6 meses ou máis en ser chamada
para a 1ª comnsulta; esperar entre unha proba e a consulta do especialista +4
meses,... Non lle garantimos que fique ben da cadeira, pero podera comprobar en
persoa como funcionan as cousas gracias ás súas ideas que lle impón ó Sr.
Rajoy.
Hoxe imos a explicar varias cousas sobre as
estadísticas do desemprego do ano 2.013. As cousas aparentemente marchan ben,
pero non deixemos que o brilo deslumbre os nosos ollos. As persoas que abandonan o paro, porque atopan un emprego, deberían
figurar nas estadísticas de aumento do número de afiliados á Seguridade
Social... pero lamentabolemente non acontece así. A propaganda oficial
do Goberno, os xornalistas e medios que fan de altavoces desas mensaxes,
pregoan falsas verdades,... pero imos a revisa-los números.
2.013 pecha con 110.000 afiliados menos á
Seguridade Social; polo tanto non podemos decir que o paro no 2.013
baixou; realmente baixou o número de inscritos no desemprego, uns porque xa
emigraron fóra, outros porque xa están asqueados de levar anos no desempregro
sen atopar nada,... Se revisamos a
contratación vemos como gran parte dos contratos son do sector agricultura,
gandería, pesca,... os empregos destes sectores son temporais, con
salarios baixos,... ou sexa son empregos de moi baixa calidade.
Logo vemos
que +90% do emprego xerado e temporal, con contratos de duración inferior a 1
mes; os contratos a tempo parcial e de duración moi curta medrarón un 20%
no 2.013,... ¿isto é o gran logro da reforma laboral?. A contratación fixa,
prácticamente é inexistente. No que levamos da lexislatura do
Sr. Rajoy xa levamos perdidos 1.000.000 de empregos (1 millón de
desempregados máis); no mellor dos casos costará 5 anos en recuperalos, ou máis
tempo, sempre e cando poidamos crecer por riba do 1% do PIB.
O seguinte cadro amosa unha gráfica có número de
empregos da industria na España. Sobra os comentarios.
Nos venden a moto das exportacións, do emprego
industrial,... pero a contratación laboral nestes sectores foi moi escasa, en
comparación cós anos precedentes; de feito comparado cós anos anteriores, no
ano 2.013 a
industria destruíu emprego. De feito en Galicia, o saldo é de destrucción de
emprego,... aquí a críse ainda non tocou fondo. Para competir no exterior hai
que investir no persoal, mellora-las capacitacións dos mesmos,... pero aquí
seguese a pauta contraria, non investir nos operarios e malgastar en comilonas
entre amigotes; mentras a industria leva perdido dende o 2.008 un millón de empregos.
Mentrás os nosos políticos a discutir de se vamos
a ser 75 ou 61 diputados no Parlamento Galego,... ¡¡¡MELLOR NINGÚN!!! Segue chovendo sobre mollado, pero
por desgracia os nosos políticos non se enteran, non atenden ós problemas, só
prestan atención ós seus soldos, ós seus privilexios, a mante-los seus espacios
de poder e chanchulleos,...
O Sr. Draghi dixo que a crise ainda no rematou na
Europa, poderíamos atoparnos ante unha recaída, i entre os paises que serían os
primeiros en contaxiarse está España. Isto
semella cada día mási a aquelas crisis continuas de America Latina, con
gobernos incapaces de afrontalas,... Só que hoxe é España, gobernada por
políticos incompetentes, que non saben de economía, moito menos de
matemáticas, non saben idiomas,... A crisis está dañando a nosa democracia,
podería haber unha revolta social, ou pior aún, acontecer como na Alemania,
cando naquel xaneiro do 1.933 un Hitler chegou ó poder mediante unha victoria
electoral.
Mirador do Monte Ancos, a 6 de Xaneiro do 2.014.
Juan Luís Toro
Bravo. Director del Balneario “El Hidrocálido”, en Vereda de Aguascalientes (El
Rosal; Departamento de Cundinamarca; Colombia)
No hay comentarios:
Publicar un comentario