CHANCHONADA 187º
Productividade Setembro 2.013.
En Agosto do 2.013 facíamos o cálculo da
productividade dos concelleiros e grupos políticos do Concello da Guarda; ben
imos a seguir có mesmo e actualizando datos. Para que lembremos, usamos os seguintes
ratios e ecuacións matemáticas:
Rendimiento productivo do grupo municipal = [ x (M) + y (N) + w (P) ] – Z
Eficacia temporal
do grupo municipal = { [ x
(M) + y (N) + w (P) ] – Z } / nº de meses
Ratio
de eficiencia por edil = {
Eficacia temporal do grupo } / nº de concelleiros.
(mide
o traballo que aporta cada edil ó grupo, ó longo de todo o período temporal)
Nós
traballamos coa siguiente puntuación:
M
= mocins que versan sobre A Guarda; valor +10 puntos.
N =
mocions que non versan sobre A Guarda;
valor +1 punto.
P
= mocions que son aprobadas; valor +2
puntos.
Z
= ausencia do Pleno de un edil,
total valor de -1 punto
Ata Setembro do 2.013: 5 mocións
PSOE (8 concelleiros) : 1 moción da Guarda e 4 mocións fóraneas. (20% do traballo é sobre A Guarda)
Ata Setembro do 2.013: 8 mocións
PP (6 concelleiros) : 8 mocións da Guarda . (100% do traballo é sobre A Guarda)
**ausencia dun concelleiro do PP (-1 punto)
Ata Setembro do 2.013: 46 mocións
BNG (2 concelleiros) : 8 mocións da Guarda e 38 mocións fóraneas. (17,4%
do traballo é sobre A Guarda)
Ata Setembro do 2.013: 43 mocións
CG (1
concelleira) : 32 mocións da Guarda e 11 mocións fóraneas. (74,4% do traballo é sobre A Guarda)
Rendimento
productivo do grupo =
PSOE = 26 ptos.
PP = 89 ptos. BNG = 184 ptos. CG = 370 pts.
Eficacia
temporal do grupo (27 meses) =
PSOE = 0,96 ptos. PP =
3,29 ptos. BNG = 6,92 ptos. CG = 13,7 pts.
Ratio de eficencia por edil =
PSOE = 0,12 ptos. PP =
0,54 ptos. BNG = 3,46 ptos. CG = 13,7 pts.
Relación de mocións do Pleno Ordinario do 27 de Setembro do 2.013:
RE 0361
Plataforma pola defensa da pesca no Río Miño (unánime de todos).
RE 1.341 Retirada do proxecto de Lei de
Reforma Local (BNG; aprobada).
RE 1.460 Contra o copago nos comedores
escolares (BNG; aprobada).
RE 2.128 Mantemento dos Xulgados de Paz
(BNG; aprobada).
RE 2.390 Reforma da Lei do Aborto
(BNG; aprobada).
RE 2.714 Modificación de Ordenanza de
Vehículos (PP; aprobada).
RE 2.719 Acceso as facturas do Concello (Converxencia Galega; sobre a mesa).
RE 3.411 Exposición pública do Plan Xeral
de Urbanismo (Converxencia Galega; non prospera).
RE 3.559 Proxecto conxunto Pabellón
deportivo A Guarda-Rosal (Converxencia Galega; aprobada).
RE 3.795 Mantemento dos partidos xudiciais
(BNG; aprobada).
RE 3.796 Apoio ós pensionistas con
pensións do extranxeiro (BNG; aprobada).
RE 4.089 Esixi-la retirada da LOMCE
(BNG; aprobada).
RE 4.090 Reprobación pública dos diputados do
PP que aprobaron a quita das preferentes (BNG; aprobada).
RE 4.108 Cobrar agua por tarifa de
consumo real (Converxencia Galega; non prospera).
RE 4.273 Obrigar as comisión de festas a usar
o Galego (BNG; non prospera).
RE 4.275 Aprobar nova lexislación hipotecaria
(PSOE e Converxencia Galega; aprobada).
RE 4.794 Rexeita-la agresión imperialista na
Siria (BNG; non prospera).
RE 4.795 Nova política contra os incendios
forestais (BNG; aprobada).
RE 5.109 ACIGU solicita cobrar el agua
por consumo real (Defendia por CG; non prospera).
RE 5.152 Atención eficaz nas urxencias da
Guarda (BNG; aprobada).
Vemos como: o PSOE non aporta iniciativas,
pero polo outro lado o BNG segue traendo un exceso de iniciativas que lle son
remitidas dende a sede de Compostela, pois estas mocións son exactamente
as mesmas que as presentadas no Rosal, Tui, Ponteareas, Porriño,
Salvaterra,....
Temos que destacar tres cousas:
1º) Mocións
2.719 e 3.411; ambas tratan diferentes temas, pero o fin común é que a
información interna do Concello sexa accesible ós cidadáns,... a sopresa é que
tanto o PSOE, PP como BNG non están de acordo con isto; polo tanto o que eles
queren é que esta información sexa do seu uso e coñecemento exclusivo.
¡¡¡ESTES NON ENTENDEN
O QUE É
A DEMOCRACIA!!!
2º) Mocións
4.794 e 4.108; son iniciativas distintas pero similares no fondo, o buscado é
que os veciños da Guarda paguemos só pola agua que consumamos. Como iniciativa
está ben. Pero outra vez o tandem PSOE, PP e BNG non están pola labor de baixar
impostos ós veciños.
3º) Moción 4.794. Dende logo Sr. Xan Lois
Lomba dende logo vostede é un parlamentario frustrado, o Concello da
Guarda quedáselle pequeno, os nosos problemas xa vemos que non son do seu
interese,... Pos nós pode deixa-la cadeira valeira e irse, total para o que
fai, dende logo a súa ausencia non se vai notar. Xa sei que vai enfadarse, pero
os números indican que o BNG é o que
menos traballo e iniciativas aporta sobre A Guarda.
Mirador do Monte Ancos, a 4 de Xaneiro do 2.014.
Amador
Felicidade Eterna. Director de Comunicación de la revista de
eventos sociales y religiosos, “La Santa
Paciencia” (Amadora, Distrito de Lisboa; Portugal)
No hay comentarios:
Publicar un comentario