viernes, 24 de enero de 2014

Bailando a Yenka



CHANCHONADA  197º

Bailando a Yenka.





O pasado 31 de Decembro do 2.013 todos estábamos preparando a despedida do ano vello, e preparandonos para a festa do ano novo,... ata aquí todo é normal. Pero resulta que ese día entraba en vigor a Ley 27/2.013 con ampuloso e pretencioso nome de “Racionalización e sostenibilidade da Administración Local”,... ou sexa a Lei pola que pasan a regularse os nosos concellos.

Un dos obxectivos desta Lei é clarificar función dos concellos, aforrar custes, claridade na xestión,... Fai meses xa vos falamos do anteproxecto da mesma, cando tratamos os soldos dos alcaldes; este aspecto sigue igual, por este lado os nosos concellos si que van aforrar diñeiro; pero logo hai outros aspectos da Lei, onde deixanse portas abertas a seguir mal gastando. Imos a explicar isto.

Novo artigo 75º bis: réximen retributivo dos membros das Corporacións Locais. “....Os Presupostos Xerais do Estado determinarán, anualmente, o límite máximo total que poden percibi-los membros das Corporacións Locais por tódolos conceptos retributivos e asistencias,… atendendo entre outros criterios á natureza da Corporación Local y á súa poboación según a siguiente taboa:”
Tómase como soldo de referencia, o que lle corresponda a un Secretario de Estado, e sobre él realizase un desconto:

Oia:  Alcade só cobraría o equivalente ó 40% do soldo do Secretario de Estado.
O Rosal: Alcade só cobraría o equivalente ó 45% do soldo do Secretario de Estado.
A Guarda, Tomiño e Tui: Alcade só cobraría o equivalente ó 50% do soldo do Secretario de Estado.

Este apartado; non tivo variacións respecto ó formulado no proxecto de Lei; aquí no Baixo Miño a maioría dos Alcades terán que aplicarse esta norma nos seus soldos,... Dende o 1 de Xaneiro do 2.014. Pero temos a dúbida, cando falan do soldo dun Secretario de Estado falan dos 67.000€ de salario base anual, ou tamén teremos que contabilizar os 33.000€ que teñen en complementos (totalizando uns 100.000€). supoñemos que todos collerán está última cantidade, pois así ainda teñen marxen de subida.

Dentro deste artigo hai esta xoia: “Os concelleiros que sexan proclamados diputados provinciais, ou equivalentes, deberán de optar por mante-lo réxime de dedicación exclusiva nunha ou noutra Entidade Local, sen poder acumularse en níngun caso ambos réximes de dedicacións”.  ¡¡Por fin!!, rematouse iso de cobrar como Alcalde, cobrar como deputado da Deputación Provincial,... e xunta-los dous salarios.

No anterior proxecto de Lei non se falaba para nada dos concelleiros con adicacións exclusivas e parciais,.. Agora que temos a Lei 27/2.013 na man, vemos que isto é un retroceso. Hai un novo artigo 75º ter con título: “Límitación no número dos cargos público na Entidades Locais con adicación exclusiva”; este artigo fai unha táboa que fica como segue:

Oia e Rosal: máximo de 3 cargos con adicación exclusiva.
A Guarda e Tomiño: máximo de 5 cargos con adicación exclusiva.
Tui: máximo de 7 cargos con adicación exclusiva.

Neste caso, abrese moito a porta a ter máis concelleiros con soldos a cargo do Concello; polo tanto o que podemos aforrar coa contención do soldo do Alcalde, xa o gastamos con creces e moito maís por esta vía. Nós pensamos que vaí aumenta-lo gasto en pagar soldos a novos concelleiros; polo tanto é un paso atrás nesta Lei. Pero a este paso atrás, hai que engadirlle outro gracias ó artigo 104º sobre o “Persoal eventual das Entidades Locais”; xa explicamos unha vez, que o persoal eventual, son esas persoas de confianza que os nosos Alcaldes poñen de secretarias, “Director de Prensa”,.... que cobran xenerosos soldos a conta do Concello.

Coa aplicación do artigo 104º asi teremos o Persoal eventual de confianza:

Oia : máximo de 1 cargo de persoal eventual de confianza; de xeito excepcional.
O Rosal: máximo de 1 cargo de persoal eventual de confianza.
A Guarda, Tomiño e Tui: máximo de 2 cargos con adicación exclusiva.

Xa veremos, como a excepcionalidade para os concellos de 2.000 a 5.000 habitantes (caso de Oia), remata por transformarse na norma de uso. De momento, o cargo este de persoal de confianza non é moi usado, pero non tardaremos en ver como se abre esta plaza, incrementando o gasto en salarios dos nosos concellos.

Como vemos; esta Lei 27/2.013 da dous pasos adiante coa limitacións dos soldos dos Alcaldes, ó limitar e non poder cobrar conxuntamente o soldo de deputado provincial,... Pero logo da tres pasos para atrás, có incremento de concelleiros con adicación exclusiva, non lle pon límites salariais ós mesmos,... incremento no número de persoal de confianza, ó cal támpouco ponselle un límite salarial,... Pero segue sen regularse nada de nada sobre os concelleiros con adicacións parciais, que compatibilizan unha actividade privada e outra de representación pública,...

Nada, que o Sr. Mariano Rajoy e o Sr. Montoro son cobardes políticos e adicanse a bailar “La Yenka”.


Mirador do Monte Ancos, a 24 de Xaneiro do 2.014.
Amador  Felicidade  Eterna.  Director de Comunicación de la revista de eventos sociales y religiosos, “La Santa Paciencia” (Amadora, Distrito de Lisboa; Portugal)

No hay comentarios:

Publicar un comentario