CHANCHONADA 12º
Impostos
municipais.
Concello de Oia: 3.179 habitantes (censo do
2.011):
1º) En 1.985 o orzamento era de 198.420,29
€; os impostos
directos aportaban 40.808,25€ e os impostos indirectos
sumaban 9.911,49€, facendo un total de 50.719,74€; ou sexan os
impostos do concello aportaban o 25,56% do Orzamento municipal.
2º) Hoxe no ano 2.012 o orzamento municipal é de
1.282.882,48 €; os impostos directos aportaban 378.000,00€ e os impostos
indirectos sumaban 28.000,00€ facendo un total de 406.000,00€; ou sexan os impostos do concello aportaban o 31,64% do Orzamento municipal.
3º) Nestes
27 anos o orzamento multiplucouse por
6,46; pero os impostos multiplicaronse por 8.
4º) O valor
máximo de impostos directos foi no ano
2.008, por un valor de 453.851,71 €; en apenas 4 anos de crise, este imposto
reduciuse nun 16,71%. O valor máximo de impostos indirectos foi no ano 2.000, por un valor de 114.192,30
€; este imposto reduciuse nun 75,48%. Nas
crises as caídas económicas de Oia son moi intensas, non hai máis que
ver a caida bestial dos impostos indirectos, así hoxe a recadación de impostos
propios está a niveís anteriores ó ano 2.005.
5º) A
recadación máxima por ambos impostos acadouse no ano 2.007 por un importe de
515.256,46€, hoxe a recadación está en 406.000,00€, isto fai unha
reducción dun 21,20%.
6º) En
1.985 os 3.272 veciños oienses aportaban en impostos 15,50€ ó orzamento
municipal; hoxe os 3.179 veciños
aportan 127,71€. O multiplicador do diñeiro aportado polos veciños é de
8.24.
Concello de O Rosal: os 6.613 habitantes (censo do
2.011):
1º) En 1.985 o orzamento era de 270.793,82€; os impostos
directos aportaban 57.040,74€ e os impostos indirectos
sumaban 17.656,35€, facendo un total de 74.697,09€; ou sexan os impostos do concello aportaban o 27,58% do Orzamento municipal.
2º) Hoxe no ano 2.012 o orzamento municipal é de 3.008.000,00€; €; os impostos directos aportaban 921.970,00€ e os impostos indirectos sumaban 40.000,00€ facendo
un total de 961.970,00€; ou sexan os impostos do concello
aportaban o 31,98% do Orzamento municipal.
3º) Nestes
27 anos o orzamento multiplucouse por
11,10; pero os impostos multiplicaronse por 12,88.
4º) O valor
máximo de impostos directos foi no ano
2.012, por un valor de 921.970 €; en plena crise, este imposto leva
medrado 34,79%. O valor máximo de impostos indirectos foi no ano 2.008, por un valor de 274.000,00
€; este imposto reduciuse nun 85,4%. Nesta
crises as caídas económicas do Rosal son moi graves, non hai máis que
ver a caida bestial dos impostos indirectos, así hoxe a recadación de impostos propios está en máximos, pois os impostos directos seguen
crecendo a un ritmo moi forte, dos tres concellos é o único onde a
recadación de tributos propios medra.
5º) A pesar
da crise, a recadación dos impostos
totais no Rosal está en máximos históricos con un importe total de 961.970,00€.
6º) En
1.985 os 5.937 veciños rosaleiros aportaban en impostos 12.58€ ó orzamento
municipal; hoxe os 6.613 veciños
aportan 145,46€. O multiplicador do diñeiro aportado polos veciños é de
11.56.
Concello de A Guarda: os 10.484 habitantes (censo do 2.011):
1º) En 1.985 o orzamento era de 901.518,16
€; os impostos
directos aportaban 178.540,93€ e os impostos indirectos
sumaban 47.840,56€, facendo un total de 226.381,49€; ou sexan os impostos do concello aportaban o 25,11% do Orzamento municipal.
2º) Hoxe no ano 2.012 o orzamento municipal é de 6.709.622,00
€; os impostos directos aportaban 1.570.000,00€ e os impostos
indirectos sumaban 110.000,00, facendo un total de 1.680.000,00€; ou sexan os impostos do concello aportaban o 25.03% do Orzamento municipal.
3º) Nestes
27 anos o orzamento multiplucouse por
7,44; pero os impostos multiplicaronse por 7,42.
4º) O valor
máximo de impostos directos foi no ano
2.012, por un valor de 1.570.000 €; en plena crise, este imposto leva
medrado 16,64%. O valor máximo de impostos indirectos foi no ano 2.006, por un valor de 543.829,00
€; este imposto reduciuse nun 79,77%. Nesta
crises a caída económica da Guarda tamén resulta moi grave, non hai
máis que ver a caida bestial dos impostos indirectos, así hoxe a recadación de impostos propios está en
máximos, pois os impostos directos seguen crecendo a un ritmo forte.
5º) Pero a
recadación de impostos acadaou o seu máximo total no ano 2.008 con 1.892.000,00
hoxe a recadación total está en 1.680.000,00 o que supón un retroceso na
recadación dun 11,20%.
6º) En
1.985 os 10.057 veciños guardeses aportaban en impostos 22,51€ ó orzamento
municipal; hoxe os 10.484 veciños
aportan 160,24€. O multiplicador do diñeiro aportado polos veciños é de
7,11.
Concello UNIFICADO: os 20.276 habitantes
(censo do 2.011):
1º) En 1.985 o orzamento era de 1.370.732,27
€; os impostos
directos aportaban 276.389,92€ e os impostos indirectos
sumaban 75.408,40€, facendo un total de 351.798,32€; ou sexan os impostos do concello aportaban o 25,66% do Orzamento municipal.
2º) Hoxe no ano 2.012 o orzamento municipal é de 11.000.504,48
€; os impostos directos aportan 2.689.970,00€ e os impostos
indirectos sumaban 178.000,00, facendo un total de 3.047.970,00€; ou sexan os impostos do concello aportan o 27,70% do Orzamento municipal.
3º) Nestes
27 anos o orzamento multiplucouse por
8,02; pero os impostos multiplicaronse por 8,66.
4º) O valor
máximo de impostos directos foi no ano
2.012, por un valor de 2.869.970 €; en plena crise, este imposto leva
medrado 14,15%; gran parte pola recadación da Guarda e Rosal. O valor
máximo de impostos indirectos foi no ano
2.008, por un valor de 871.400,12 €; este imposto reduciuse
nun 79,57%. Nesta crises a caída económica da Guarda
e Rosal resultan moi grave, pero a caida de Oia é dramática, pois xa leva con
caidas dende o 2.006. Na Guarda e no Rosal a pesares das caídas dos
impostos indirectos, son capaces de cubri-lo oco cunha subida sostida nos impostos
directos; pero no caso de Oia os impostos indirectos comenzan a cair varios
anos antes e logo tamén cae a recadación de impostos directos, a situación da economía de Oia comenza a
entrar nunha fase preocupante, xa que non é capaz de xenerar ingresos.
5º) Pero a
recadación de impostos acadaou o seu máximo total no ano 2.008 con 3.385.251,83
hoxe a recadación total está en 3.047.970,00 o que supón un retroceso na
recadación dun 9,96%.
6º) En
1.985 os 19.266 veciños deste concello unificado aportaban en impostos 18,26€ ó
orzamento municipal; hoxe os 20.276
veciños aportan 150,32€. O multiplicador do diñeiro aportado polos
veciños é de 8,23.
1º) Imos a desfacer un mito, fai 27
anos un veciño do Rosal pagaba en impostos un 44% menos do que un veciño da
Guarda; pero hoxe esa diferencia só é
dun 9%; polo tanto a brecha impositiva que había xa caseque está
pechada, dito doutro modo, hoxe case
que pagan o mesmo en impostos na Guarda e no Rosal. Ainda que
posiblemente esta brecha pechese no 2.015.
2º) Nestes 27 anos onde máis
subiron os impostos foi con diferencia no Rosal, en moita menor medida
en Oia e na Guarda; quizaís o esforzo fiscal en Oia veo para atrás, o que é un
sintoma da debilidade económica. En 1.985 os veciños de Oia pagaban un 23% de
impostos máis que os veciños do Rosal, pero hoxe a situación é inversa, pagan
un 12,20% menos.
3º) A Guarda e Rosal acadan o máximo
nos impostos indirectos no ano 2.008, nese intre Oia xa estaba no terceiro ano
consecutivo de caidas nos mesmos, ali por decilo doutro xeito en Oia a crise comenzou antes.
Para paliar estas caidas tanto na Guarda como no Rosal subiron os impostos
directos, pero Oia dende o ano 2.008 deixa cair os seus impostos directos. Falando máis craro a crise comenza antes
en Oia e dende ese momento non é capaz de xenerar máis ingresos por si mesma,
o que fai que empeore ano tras ano a situación da facenda municipal, pero xa se
acumulan 4 anos malos, e as perspectivas non son boas; se a iso lle engadimos
que Oia sumase con 2 anos de retraso ós ciclos económicos alcistas, iso quere
dicir que vai estar máis tempo sumida na crise; pois cando este comence tanto o
Rosal como A Guarda irán xuntos cara arriba, e Oia sumarase 2 anos despois, e
logo vemos polos precedentes que o período alcista remata antes en Oia.
4º) Nás gráficas observamos tres
ciclos expansivos da economía e polo tanto na recadación de impostos. O 1º ten lugar entre os anos 1.987 a 1.991, onde máis se
nota e na Guarda, para Oia e Rosal está pase pasa sen pena nen gloria.
O 2º ciclo expansivo ten lugar entre os anos 1.991 a 1.998 na Guarda, no
Rosal nótase o mesmo dende 1.993
a 1.998, mentrás que Oia vai de 1.994 a 1.998. o 3º ciclo
expansivo vai de 2.001 ata 2.008 e neste caso A Guarda e Rosal collen o mesmo
ciclo, pero Oia o colle no 2.003 e finaliza no 2.006. Vemos como hai esa tendencia de Oia sumarse tarde ó ciclo expansivo
da economía e a finalizalo antes (menor duración). Neste último cicclo
expansivo os impostos no Rosal teñen un crecimento máis intenso que na Guarda.
5º) Tanto na Guarda como no Rosal, a pesares de levar +5 anos de crise,
as dúas administracións municipais levan subido os seus impostos directos.
Outro factor é ollar que cantidade dos impostos previstos nos orzamentos son
realmente recadados, ou sexa falamos da eficacia recadoria, pero iso o deixamos
para máis adiante.
Mirador do Monte Ancos, a 29 de Decembro do 2.012
Johannes Kuhn
Pfeiffer (“Juan Concejal Gaitero”).
Profesor de Hacienda Pública en la Universidad de
Kagarsee (Rheinsberg, Brandemburgo; Alemania)