domingo, 30 de noviembre de 2014

Cascarilleirismo

CHANCHONADA 346º
Cascarilleirismo.



Dende hai meses a palabre “casta” está de moda, na súa acepción de ascendencia ou linaxe familiar que determina a pertenza a un grupo ou status, sexa social ou laboral. Polo tanto o concepto de casta xa determina en si mesmo un sistema social pechado, onde hai un grupo social dominante que é moi reducido, frente a outros máis númerosos, sen privilexios e moitos deberes; neste sistema tan compartimentado e pechado non hai “osmose social” entre os individuos destes grupos sociais.

Seguramente todos pensades no sistema de castas da India. Pois nos imos a falar dun sistema de casta máis próximo, un sistema social de pseudo casta ó que denominamos “cascarilleirismo”. A palabra “cascarilleiro” xa está por sorte prácticamente extinguida do vocabulario miñoto (variante guardesa-rosaleira); así era como denominaban ós integrantes do grupo social da Vila guardesa formado por pequenos comerciantes, funcionarios, sacerdotes, profesionais liberais (médico, farmaceútico,...). En contra posición estaban as xentes da Marina e os da Aldea (Salcidos e O Rosal), persoas que maioritariamente traballaban no sector primario e na súa gran maioría non tiñan estudios (analfabetismo estructural).

Os “cascarilleiros” evidentemente ostentaban o poder social, cultural, económico, político,... i entre estes tres grupos sociais que formaban o corpo da poboación guardesa, entre eles apenas existian relacións inter clase, vivían separados. Ademáis existía un odio patentente, das clases inferiores ós cascarilleiros.

A primeira ruptura da hexemonía “cascarilleira” acontece có retorno e asentamento dos indianos, homes que sairon da Marina e da Aldea (Rosal e Salcidos) para emigrar a América onde fixeron fortuna; voltaron ó seu lugar de nacemento, trouxeron novas ideas, abrirón escolas para os nenos das clases traballadoras,... Eles eran o exemplo que un campesiño ou mariñeiro podia ascender socialmente, ter unha fortuna, exercer unha profesión liberal; polo tanto que o nacemento non determina o futuro dunha persoa.

Estes veciños indianos crean unha cuña social, aparentemente inocua, pero que anos despois comenza a rompe-la hexemonia social “cascarilleira”; en 1.913 crean a FESTA do MONTE, unha festa de carácter civil e aberta a tódolos veciños da Guarda. Neses anos varios curas queixanse que non era de bon ver, ollar a un señorito bailar cunha moza da Cruzada, nin ollar a ousadía dun mozo de Salcidos por bailar cunha señorita da Vila. ¡¡¡Comentarios clasistas como estes, estaba chea a prensa local de eses anos!!!

Polo tanto, en certo xeito, a nosa FESTA do MONTE foi a primeira cuña que iniciou a quebra do sistema social de casta que nos chamamos “cascarilleirismo”. Hoxe, a inmensa maioría dos miñotos menores de 50 anos descoñecen termos como “pecheiro” (membros das clases acomodadas da Vila de Tui), “babaios” (mariñeiros de Baiona), “pezuños” (mariñeiros da Guarda),... son termos denigratorios sobre a división social e local, así como tamén de certo odio latente entre a xente.

Ese mundo inmóvil socialmente, nos anos 60 do século XX entra en crisis social; os seus fundamentos perden vixencia e forza, pero non o poder social, cultural e político; a balanza do poder económico xa estaba inclinada a favor da Marina. Neses anos 60, cada vez máis membros da Marina e da Aldea (Rosal e Salcidos) acceden a estudios superiores, técnicos, de capacitación profesional; os emigrantes nos paises europeos e os embarcados na marina mercante traen novas modas, usos, música,... que acelera a decadencia da hexemonía “cascarilleira”.

Na nosa opinión (isto é unha teoría sociolóxica de creación propia), o derrumbe total da armazón “cascarilleira” e a rápida modernización social do Baixo Miño, acontece coa inauguración en 1.974 da “Salda de Fiestas FUNCHI 2”, así como o longo período de actividade que tivo. ¡¡¡¿¿Quén dos nosos lectores non ten algunha lembranza festivo-amorosa no FUNCHI 2??!!!. Desde ese intre, A Guarda, Rosal, Oia e Tomiño cambiaron socialmente en 30 anos, o que outros paises levoulles 100 anos.

Dende este “Mirador” lanzamos a seguinte idea para os actuais ou futuros integrantes das corporacións municipais miñotas: nomear unha rúa ou praza, có nome do finado propietario e promotor de “FUNCHI 2”, pois a súa iniciativa lúdico empresarial tivo un gran calado social, que ainda hoxe é patente nas nosas localidades.


¿¿Desapareceu o “cascarilleirismo”?? Na nosa opinión, creemos que non de todo; ainda fican familias que viven e añoran esa forma social. Dende os anos 80 foi conformándose unha nova casta social, que refunda e moderniza o formato do “cascarilleirismo”, formando un novo grupo social, onde os seus integrantes viven nunha dicotomía moi interconectada. Por un lado a nivel laboral caseque todos son funcionarios (especialmente do ramo educativo) e por outro lado exercen o poder político local. Así foise formando o axioma: profesor = político local.

Hai partidos políticos onde este axioma é moi maioritario, como é o caso do BNG. Agora moitos membros desta nova casta entran no final da súa vida laboral, comenzan a xubilarse,... pero xa hai evidencias do exercicio das formas prácticas de casta: transmitir poderes, funcións, posición, status,... ós fillos.

Nestas práctica de transmisión intra-familiar dos poderes, funcións,... que ten moita experiencia nesta andaina endogámica é o PSOE da Guarda. Así o Sr. Antonio Lomba Baz (concelleiro en exercicio) en certo xeito é o herdeiro do seu sogro (Sr. Salero). Agora temos o exemplo do Sr. José Manuel Domínguez Freitas (Alcalde de A Guarda) que xa ten situada en postos relevantes do PSOE local a súa filla (Bárbara Domínguez, secretaria xeral das xuventudes socialistas da Guarda).

Logo, os nosos socialistas locais enfadanse cando na prensa e outras forzas rivais lles chaman casta. Pero é que vostedes dan entrada i exemplos continuos da mesma. Con certa maldade, diremos que estaría ben un cartel electoral en Maio do 2.015, cunha foto conxunta do Sr. Domínguez Freitas e a súa filla, có lema: “có teu voto; un goberno familiar”.

Con maís maldade, hai dous membros deste “Mirador” que propoñen como banda musical, o uso da canción do grupo relixioso músical “Viva la Gente”; pero coa letra adaptada ás circunstancias electorais.

Viva la Casta,
la hay donde quiera que vas.
Viva la Casta,
es lo que nos gusta más.

Me dí cuenta de una gran realidad,
las cosas son importantes,
¡¡pero la Casta lo es más!!”.



Mirador do Monte Ancos, a 30 de Novembro do 2.014.

Martín Corazón del Mar. Instructor en la escula de buceo, “As Chapaletas”; en la Playa de Funchi (Parque Nacional de Washington-Slagbaai; Isla de Bonaire; Antillas Holandesas; Reino de Holanda).

No hay comentarios:

Publicar un comentario