Dura
Lex.
Moitas
veces escoitamos ós nosos veciños decir que están fartos de
políticos ladróns,... e outras cousas similares. Sabemos que no
idioma español, e no galego por proximidade, o verbo roubar ten
moitos sinónimos: choricear, sisar, mangar, trincar, escamotear,
desvalixar,.... Pero imos a facer unha precisión legal moi
importante; todos pensan que roubar é quedarse con un ben que é
alleo, pero a nivel legal,
roubar é apropiarse dun ben usando violencia contra as cousas,
contras as persoas ou intimidación nas mesmas.
Nos
tipos de ilicitos penais que poden cometer políticos, altos
funcionarios, empresarios, banqueiros,... ainda que se apropien dos
ben alleos, no empregan violencia contras as persoas, nin contra as
cousas, non intimidan ós cidadáns,... realmente fan uso da súa
posición privilexiada, da confianza que neles depositamos, da súa
responsabilidade profesional. Polo tanto a efectos legais non é un
roubo, son outras figuras penais.
Na
nosa opinión profesional, está demasíado penado un roubo; pero en
troques estes tipos de ilicitos penais non están ben penados, non
teñen efecto disuasorio sobre os posibles responsables penais.
Ademáis temos un marco xurisdiccional penal que é moi
garantista có delincuente; sobre todo si este ten diñeiro para
pagar a un bó grupo de abogados; pode conseguir que a fase
instructora prolonguese moito no tempo, obstruir a fase de
investigación, dilata-la chegada do xuizo,... buscando a
prescripción do délito, ou do procedemento xudicial. En
troques os medios xudiciais para investigar son escasos, faltas
funcionarios e xuices preparados para novas figuras delictivas.
Sabemos
que falar da aprobación de novas Leis para loitar contra a
corrupción soa moi ben na prensa, da titulares nos xornais, e a
cidadania fica contenta,... Imos a falar clariño, a nosa querida
“LECrim” (Lei de Enxuizamento Criminal) data de 1.882 (¡¡ten
132 anos!!); está moi obsoleta, e sobre todo estaba pensada para
impartir dous tipos de xustiza diferenciada, unha para clase popular
e outra para a clase pudente,... Polo tanto, necesitamos unha nova
Lei de Enxuizamento Criminal, máis moderna, con menos recursos, máis
simple, que sexa áxil e rápida,...
Por
outro lado, temos un bó Código Penal, pero tamén está pensado
para penar severamente os actos ilicitos penais das clases baixas,
frente ós actos ilicitos penais das clases altas. Imos a explicar a
continuación algunhas figuras de ilicitos penais; pois en xeral os
nosos veciños e lectores descoñecen certas cousas legais:
ROUBO:
Artigo
237º: “Son reos do delito de roubo, os que con ánimo de lucro,
apoderanse das cousas moveis alleas usando forza nas cousas,
para acceder ó lugar onde estas están, ou violencia, ou
intimidación nas persoas”.
Pena
básica: prisión de 1 a 3
anos; prisión de 2 a 5 anos en vivenda habitada, violencia ou
intimidación de persoas.
ESTAFA:
(caso das presuntas emisións das preferentes)
Artigo
248º: “Cometen estafa os, que con ánimo de lucro, utilicen
engano bastante para producir un erro en outra persoa, inducindoa
producir un acto en perxuizo alleo ou propio”.
Pena
básica: prisión de 6 meses a 3 anos si excede de 400€; prisión
de 1 a 6 anos nos casos agravados do artigo 250º.
APROPIACIÓN
INDEBIDA: (caso das presuntas tarxetas opacas de Bankia)
Artigo
252º: “Os que en perxuizo de outros apropiánse ou distraen
diñeiro, efectos, valores, calquera outra cousa moble ou activos
patrimoniais, recibidos en depósito, comisión ou administración;
por un título que obrigue a entregalo ou devolvelo; neguen habelos
recibido”.
Pena
básica: prisión de 6 meses a 3 anos si excede de 400€; prisión
de 1 a 6 anos nos casos agravados do artigo 250º.
INSOLVENCIA
PUNIBLE: (caso das presuntas insolvencias de grandes empresas)
Artigo
257º: “Quen alce os seus bens en perxuizo dos seus acreedores;
para evitar un acto de disposición patrimonialque dilate, dificulte
ou impida a eficacia dun embargo xudicial, administrativo xa iniciado
ou de previsible inicio”.
Pena
básica: prisión de 1 a 4 anos si excede de 400€; prisión
de 1 a 6 anos nos casos que o acreedor sexa unha persoa de Dereito
Público.
BRANQUEO
DE CAPITAIS: (ilicito penal cometido por grandes fortunas)
Artigo
301º: “Quen adquira bens, posua, use, converta ou transmita bens
sabendo que estes teñen orixe nunha actividade delictiva cometida
por el, ou por terceira persoa; ou realice calquer outro acto para
tratar de ocultar ou encubri-lo seu orixen ilicito”.
Pena
básica: prisión de 6 meses
a 6 anos.
COHECHO:
(Soborno a funcionario público)
Artigo
420º: “A autoridade ou funcionario público que en proveito
propio, ou dun terceio, reciba ou solicite por si mesmo, ou persoa
interposta un regalo, favor ou retribución, coa promesa de facer una
acto propio do seu cargo”.
Pena
básica: prisión de 2 a 4
anos.
TRÁFICO
DE INFLUENCIAS (político ou funcionario que influen en outro
funcionario)
Artigo
428º: O funcionario ou autoridade que influe noutro funcionario ou
autoridade, valendose do seu cargo ou da súa situación xerárquica,
para conseguir unha resolución que lle xenere directa ou
indirectamente un beneficio económico, para si mesmo ou terceira
persoa”.
Pena
básica: prisión de 6 meses
a 2 anos.
Por
exemplo, o Cohecho e o
Tráfico de influencias, son delitos que poden cometer cargos
políticos e altos funcionarios,... como vemos están pouco penados.
O délito de branqueo de capitais, o fan aqueles que “distraen”
importantes cantidades de diñeiro público, ou que se adican ó
narcotráfico, necesitase para o mesmo a cooperación de empregados
de banca e os servicios destas empresas,.... ¿Cántos banqueiros hai
nun centro prisional?
Como
vedes, o noso Código Penal está bastante ben feito; pero as penas
non son proporcionais ós delitos cometidos, ós capitais movidos,
sustraidos,... semella que canto máis diñeiro menos pena. Aquí
erraron os lexisladores (diputados e senadores) ó formula-la Lei;
básicamente esta Lei é severa có ladrón de toda a vida, ou aquela
persoa que por necesidade rouba unha barra de pan, pero ó mesmo
tempo é moi suave coa persoa que branquea centos de millóns nun
paraiso fiscal,... despois de poucos anos dentro dun centro
prisional, sabe que nese paraiso fiscal ten millóns na súa espera.
¡¡¡¡Menos
Leis e mellor feitas!!!!
Mirador do Monte Ancos, a 3
de Novembro do 2.014.
Segundo
Primo de los Reyes.
“Marqués del Usted no sabe Quien soy Yo” (Manteca; San Joaquín;
California; USA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario