jueves, 20 de noviembre de 2014

Facendo balance

CHANCHONADA 341º
Facendo balance.



Ante todo, queremos y debemos dar gracias (moitas e sinceiras) a unha amable e discreta lectora que regalounos o “programa electoral do PSOE da Guarda, ano 2.007”. O pequeno libro está en perfectas condicións de uso, ben coidado; na portada está o Sr. José Manuel Domínguez Freitas ben traxeado, con garabata branca e franxas de listas celestes, rosas e azul escuro, un reloxo que sinala as 11,45 horas.

Este libriño do “programa electoral do PSOE da Guarda, ano 2.007” foi o do proceso electoral que lles deu a maioría absoluta no ano 2.007; dende ese intre levan máis de 7 anos e medio de goberno municipal continuado. Como dixo, Jack “el destripador” imos ir con calma e por partes, para ver en diversas temáticas se o feito é concorde coas propostas. Así, valorando o proposto e o realizado podemos facer un balance.

1º) Formación i emprego:
A) Propiciar o emprego e a integración sociolaboral de discapacitados e doutros sectores sociais máis desfavorecidos.
B) Axiliza-la consecución da zona industrial.

Respecto ó apartado A, dende logo despois de 7 anos de crisis temos moitos sectores desfavorecidos; neste “Mirador” fixemos varios artigos sobre un Plan de Emprego Municipal,... o cal costou meses que fose aprobado, e ainda agora está parado. A única actuación existente son pequenas contratacións vía subvencións da Xunta ou Deputación. ¡¡Pero iso non é un Plan de Emprego!! Respecto ó apartado B; levamos +20 anos oindo ós alacaldes da Guarda e Rosal prometendo un Parque Industrial,... de momento todo fica en iso, palabras nos programas electorais, logo nada de nada,...

Sen unha área para instalar industrias, non temos industrias, polo tanto non teremos máis empregos industriais, nin empregos en sectores afíns ou inducidos,... ¿¿¿Qué parte deste fío argumental non entenden???


2º) Comercio Local:
A) Estreita-la colaboración coas asociacións de comerciantes e industriais locais.
B) Impulsa-la modernización do mercado municipal.

Sobre o apartado A, a información que nos manexamos é que as relacións coa asociación de comerciantes é practicamente inexistente. Pero, dado que existe unha “mesa de comercio local” onde están presente o Concello, Delegación de Comercio da Xunta e asociación de comerciantes,... con facer públicas as actas da mesma xa veremos como son as relacións, iniciativas, medidas de promoción do comercio local,... Hai un conta simple, facer un balance dos comercios pechados, do abertos, postos de traballo existentes en 2.007 e dos existentes hoxe en 2.014.

Sobre o da modernización do mercado municipal (Praza de Abastos); ¿qué imos a decir?; non hai máis que lee-la prensa de onte mércores 19 de Novembro do 2.14, onde o concello non fai capaz de xestionar unha subvención para obras na mesma, perdendo ese diñeiro,... ¿Qué pasa?, ¿o Concello vai sobrado de recursos económicos que pode permetirse o luxo de perder subvencións e inversións?. Isto é a nosa opinión: o comercio local está moi abandonado por esta administración municipal.


3º) Administración Municipal e Facenda:
A) Convoca-las sesións plenarias en horarios axeitados, para facilita-la asistencia dos cidadáns.
B) Estudiar individualmente cada servicio público e axustar as taxas correspondentes, có fin de dar unha resposta axeitada ós contribuintes, segundo o principio de igual pago, igual servicio.

As sesións plenarias seguen sendo no mesmo horario que cando a Sra. Purificación Álvarez era Alcaldesa; polo tanto isto é unha promesa electoral incumprida. Esta é unha proposta un pouco absurda, o Concello ten un horario de funcionamento, e moitos cidadáns temos horarios laborais totalmente distintos, con turnos rotatorios, comenzamos a traballar moito antes, rematamos máis tarde,.... Unha solución mellor e máis práctica sería grabar eses plenos en vídeo e logo poñelo archivo na páxina do Concello en internet, para ser consultado, descargado, copiado,... é unha solución moi sinxela e barata, de fácil aplicación técnica,... ¡¡¡Estamos no ano 2.014, non en 1.987!!!

Sobre o apartado B; poderíamos decir moitas cousas; con modestia nos pensamos que dende este “Mirador” levamos feito i exposto máis traballos e estudios económicos dos servicios municipais que o propio Concello (ademáis dos concellos veciños); coas limitacións materiais que temos, cós datos incompletos,... Nos temos aportado moita máis información que vostedes.

Sobre o de axusta-las taxas dos servicios públicos,... Podemos falar do servicio de abastecemento de agua,... có actual sistema de pago por tramos, todos pagamos por un agua que non consumimos,... ¿¿¿??? Outra cousa, os veciños de Camposancos pagan menos polo abastecemento de agua;.... ¿¿¿Igual pago, igual servicio????

Os veciños da Guarda e Salcidos pagan unha cantidade nos recibos da agua para o tratamento da mesma na EDAR (Estación Depuradora de Aguas Residuais); o Concello do Rosal abona 110.000€ anualmente, por usar este servicio,... Sabemos que a xestión do abastecemento da agua en Camposancos o ten a Entidade Local Menor, que cobra polo mesmo; logo esas aguas rematan na EDAR da Guarda. ¿¿¿¿Cánto abona a Entidade Local Menor de Camposancos polo uso da EDAR ó Concello da Guarda????

Gracias querida lectora; imos a quitarlle moito xugo a este libriño. De momento o balance, non ten valor positivo.


Mirador do Monte Ancos, a 20 de Novembro do 2.014.
Benita Losa Ligera. Profesora universitaria de Geología Aplicada en la Universidad Central de Río Negro (Ciudad del General Roca; Río Negro; Argentina).


No hay comentarios:

Publicar un comentario