jueves, 13 de noviembre de 2014

Sanidade “low cost”

CHANCHONADA 338º
Sanidade “low cost”.



Dende fai uns anos están de moda os servicios “low cost”, xa sexan restaurantes, vacacións, prendas de vestir,... Pero, moito tememos que esta moda comercial remate por impoñerse dentro dos servicios sanitarios e hospitalarios que imos a receber dos Servicos Públicos de Saúde. O primer paso é poñer uns “céntimos sanitarios” ó repostar na gasolineira, logo un copago, como unha axuda no gasto sanitario, e logo a pagar parte do mesmo,.... para ó final pagar máis por receber menos.

Non sería de extrañar que en poucos anos ollasemos os seguintes servicios sanitarios “low cost”:

Hospitalización modelo “tupperware”: así o doente que está hospitalizado desfruta dun servicio culinario por medio de fiambreiras, proporcionadas pola propia familia.

Servicios de ambulancias “low cost”: furgoneta de transporte normal, que ten incorporada unha liteira (excedente militar da época da mili) e con material sanitario básico: tiritas, esparadrapo, agua oxígenada e mercromina.

Nos últimos anos temos ollado como o servicio público de saúde estáse degradando, en Galicia, Cataluña, Madrid, Valencia,.... por sorte os nosos colectivos médicos, de enfermeiros, de profesionais da saúde están na vanguardia das reclamacións e defensa do mesmo. ¡¡Bravo valentes!! Caso contrario son os membros do “Colegio de Médicos de Portugal”, dende o ano 2.011 sempre estivo a favor de crear e impoñe-lo pago polo uso dos servicios e medios do Servicio Nacional de Saúde de Portugal.

Imos a expoñer de seguida, que pagos efectúan os nosos irmáns portugueses; o que alí con moito “cachondeo administrativo” chaman: taxas moderadoras.

Atención non urxente 2.011 2.014
Consulta de médico familiar..............    2,25€ ....... 5 €
Consulta de enfermería ..............          0€ ....... 4 €
Consulta de enfermería (hopital) .......... 0€ ....... 5,20 €
Consulta de médico especialista .......... 4,6€ ....... 7,75€
Consulta no domicilio familiar .........    4,80€ ...... 10,35 €

Atención urxente 2.011 2.014
Urxencia polivalente (hospital) .......    9,6€ ....... 20,65 €
Urxencia médico-quirúrxica ............    8,6€ ....... 18,05 €
Urxencia básica (hopital) ...............      8,6€ ....... 15,50 €
Servicio de atención permanente (SAP) 3,8€ ....... 10,35€

Taxas de diagnósticos 2.011 2.014
Analítica xeral ..............................       0€ ....... 22,50 €
Electrocardiograma ..................         7,5€ ....... 10 €
Citoloxía de cuello de utero ................ 0€ ....... 16 €
Bacterioloxía de ouriña ....................... 0€ ....... 14,90€


O total a pagar polas consultas e tratamentos, non debe de pasar dos 50€ por mes. Estas taxas deben ser pagadas no momento ou nun período de 10 días. En caso de falla de pago, incorrese nunha multa, por un valor de 5 veces o servicios recibido e nunca inferior a 30€, máis o servicio pendente de pago.

A consecuencia de todo isto xa se nota agora; pois moitas familias teñen o dilema de comer, ou pagar un servicio sanitario; optan por comer, e van descoidando a saúde. Hoxe os centros sanitarios de Portugal están caseque valeiros; o nivel de persoas atendidas caíu en picado. En poucos anos, nótarase na saúde da poboación total, con menor esperanza de vida, un máis alta mortandade infantil, pior saúde dos míudos,... O problema, é que en Portugal os profesionais da súde non estiveron na defensa do seu sistema nacional de saúde.

Temos o exemplo do que pode aconter se deixamos de defendelo sistema de saúde. Corremos o risco de dar un salto de moitos anos para atrás.



Mirador do Monte Ancos, a 13 de Novembro do 2.014.
Pedro Trabajo Lento. Inspector de Seguridad Laboral (Correpoco; Cantabria; España).



No hay comentarios:

Publicar un comentario