sábado, 22 de noviembre de 2014

Revisando axendas

CHANCHONADA 342º
Revisando axendas.


Nestes días estamos revisando as nosas axendas, i estamos comprobando unha concordancia: durante o Nadal moitos dos que formamos o “Mirador” imos a estar ausentes; son unhas datas moi especiais, propicias para estar todos xuntos coa familia, un irá coa familia a Varsovia a visitar a un irmán, outros irán a Madrid, outro irá a Kiev e a Cherkasy (Ucrania),... e uns poucos ficaremos aquí. Por todo isto, seguramente teremos que facer un pequeno descanso no “Mirador” (haberá artigos, pero menos).

Hoxe imos a facer unha pausa; así aproveitamos para explicar un pouco da Navidade Ortodoxa, e das costumes rusas relacionadas có Nadal.

1º) Oficialmente Rusia, Ucrania,... seguen o calendario Gregoriano (o calendario que usamos todos); pero a nivel relixioso seguen polo calendario Xuliano (que ten 13 días de retraso). Polo tanto temos o “Novo Ano Novo” (Новый год [Nóvyy god] noite do 31 de Decembro ó 1 de Xaneiro)e o “Vello Ano Novo” (Старый Новый год [stáryy nóvyy god] noite do 13 ó 14 de Xaneiro).

Polo tanto festexamos dúas veces o final do ano e o comenzo dun novo ano. Non tomamos as 12 uvas tradicionais en España (1 uva por cada campanada). Por tradición, escribimos os desexos para o ano novo nun papeliño, que queimamos mentrás soan as campanas da Torre do Salvador (Kremlin de Moscú), e logo brindamos con champán, ou un viño espumoso similar.

2º) O día de Nadal, para os cristiáns ortodoxos ten lugar o 7 de Xaneiro (25 de Decembro, polo calendario Xuliano). Nadal (Рождество [Rozhdyestvó]). Por cuestións históricas, durante moitos anos esta festividade foi de moi estricta intimidade familiar,... pois durante a época soviética, o pais oficialmente era ateo. Na véspera do Nadal, o prato típico é unha comida a base de cereais e mel, en Rusia chámase “Sóchivo” (Сочиво) e noutros veciños chámase “Kútia” (Кутья), pero son o mesmo.

3º) Alí non festexamos ós Reis magos, nen Papa Noel, Santa Claus,... En outro artigo xa vos falamos do “Avó Xiada” (Дед Мороз [Diéd Maróz]) e da súa neta “Neveciña” (Снегурочка [Snyegúrochka] ). Tradicionalmente son eles os encargados de traer os regalos para os nenos.



¡Bo Nadal! С Рождество́м! S Rozhdestvom!
¡Féliz ano novo! С но́вым го́дом! S novym godom!




Sabemos que ainda é cedo para estas celebracións,... pero temos que ir preparándonos. Desexaríamos que a iluminación de Nadal das nosas vilas miñotas, non fose tan cutre como a do ano pasado,... sabemos que é un gasto suntuorio, non necesario,... Pero as nosas vilas, as nosas xentes, os nosos nenos,... todos merecemos un punto de ornato que amose ledicia, que as rúas teñan unha vestimenta especial,... ¡¡¡É NADAL!!!

Para malas novas e desgracias, xa temos o resto do ano. ¿¿De onde quita-lo diñeiro?? Menos diñeiro para gastos suntuorios, de representación e de comilonas dos nosos políticos,.. e ahí xa temos fondos. Polo memos, as rúas iluminadas con temas do Nadal as desfrutamos todos.


Mirador do Monte Ancos, a 22 de Novembro do 2.014.
Rodrigo Trillizos Negros. Profesor de Artes Plásticas; Colegio Nacional “Los 5 dedos” (Pulgar; Toledo; España).


No hay comentarios:

Publicar un comentario